Foi unha carreira dura,
moi disputada e de grandísimo nivel
Con moita ilusión chegamos ao Campionato Galego de Raids de Orientación que se ía celebrar no concello de Porriño -Pontevedra- e limítrofes, última carreira da liga Galega 2016 e tamén Campionato Galego.
Un equipo ilusionado, "novo" no sentido dos roles que íamos ter cada un dentro do equipo.
Os agraciados fomos Angel García, Ana Varela e eu mesmo.
Todo se comezou a forxar finalizado o raid das Neves, unha vez conseguido o triunfo o equipo de Angel e a boa participación do equipo formado por Ana Varela, Quito e Antonio Blanco.
Aínda que o tiven que pensar unhas horas, o "encargo" era moi tentador e había tempo suficiente e forma de encaixar esa data como "prioritaria".
E está claro que non todos os días podes correr cun atleta de élite (considerado así polo Consello Superior de Deportes). Pero tamén a miña responsabilidade de estar á altura era moi grande.
Está claro que si Angel confiaba en dispor dun bo equipo e foi él quen o propuxo, quen son eu para non darlle a razón?? . Pois foi así como se forxou o equipo.
De Ana, non tiña dúbidas, levo tempo correndo con ela como compoñente dos equipos de raids e a súa progresión é brutal. Cada día sorpréndeme máis. O seu cambio a nivel físico e mental e sobre todo de equipo está sendo extremadamente positivo.
Así pois, o Brigantia Fogar de Breogán (o nome si que non tiña dúbidas), situaríase na liña de saída con aspiracións a conseguir entrar no podium.
O traballo anterior ao día da proba foi máis levadeiro que de costume para min. Pensar en qué comida levar, bebida, roupa, ... así como as cantidades, recaeu en Angel e eu estaba de aprendiz. E non sabedes o moito que aprendín (aos meus anos mi madriña).
Bueno, arrancamos que me fago moi pesado.
LIÑAS SERAIS:
Raid con 6 seccións, 85 km , 5000 metros de desnivel, 5 disciplinas e 10 horas para completalo.
SECCIÓN 1: 12 km BTT
Saíamos da Praza do Concello de Porriño cunha orientación en bicicleta. O ritmo foi estratosférico. Aínda que levaba o "mapa suplente", a rapidez coa que os equipos orientaban e se desplazaban era extremadamente rápida para os primeiros minutos dun raid. Optei por non miralo.
Non tardaron en chegar as primeiras ramplas e con elas as primeiras axudas de equipo. Chegado a un punto, vemos que as decisións de orientación do grupo, caen prácticamente no noso orientador. Está claro que, aínda que non contamos para moitos nas quinielas, todos saben a capacidade de orientación de Angel. Como sabemos das nosas limitacións, nós imos ao noso.
Chegamos á transición, 4 ou 5 equipos xuntos. Por diante, a 4 minutos, ía o Aromon-Expedition (equipo íntegramente masculino).
SECCIÓN 2: 16.5 km TREKKING-RAPPEL-BTT
Sección na que saímos moi xuntos da transcisión os equipos que ían en cabeza. Unha vez chegado ao sector de rappel, comezou a haber algo de diferencia e a esparcirse ditos equipos, pero rematado o sector de trekking, vemos que 3 equipos, Arcadia Adventure Addicts (Alberto Taboada, Verónica Montes e Agustín Crespo), Team Sport Hg Head (Borja Varela, Jota Sancosmed e Saleta Castro) e Brigantia Fogar de Breogán (Angel García, Ana Varela e Quito), levamos unha lixeira ventaxa con respecto aos outros 3-4 equipos que estaban neste meollo. Un rápido sector de bici, no que o Arcadia ten algún problema mecánico, fai que o noso equipo Brigantia Fogar de Breogán, chegue cunha diminuta vantaxe de 1 minuto e 3 minutos (respecto a Team HG) á transición, situada en Salceda de Caselas.
SECCIÓN 3: 11.7 km TREKKING
A cabeza de carreira na categoría Élite xa estaba clara nestos momentos e os 3 equipos saíamos a esta sección prácticamente xuntos. Hai un punto de inflexión, no que o Team HG e o Brigantia optan por arriscar collendo rumbo e o Arcadia opta por facer o camiño máis longo. A decisión nosa foi volver de volta cando vimos complicado sair dunha maraña de silvas e toxos.
Na transición (Vilanova), vemos que ambos equipos chegaron cunha vantaxe sobre nós de 4 minutos. Rondaba a 1 do mediodía.

SECCIÓN 4: 18.3 km KAIAK-TREKKING
A decisión de quén ía remar e quén ía facer o primeiro tramo de trekking estaba tomada dende a anterior sección. Ana e Angel remarán e eu farei o trekking. O Arcadia sae ao kaiak con 6 minutos de vantaxe, seguido do Team HG, tempo suficiente para non velos no río nun primeiro momento.
Pero non tardo en avistar unha piragua ao lonxe. A diferencia con nós vaise reducindo pouco a pouco. Tanto que, na primeira baliza somos capaces de collelos. Era o equipo Team HG. A partir de aquí, estos dous equipos irán xuntos ata deixar o kaiak. O ritmo en piragua pono o Brigantia, e por terra, imos tranquilos Saleta Castro e mais eu. Danos tempo a sentarnos nun banco e apraudir aos nosos compañeiros "piraguistas". Por diante, nin rastro do Arcadia.
Desembarcamos e comezamos o sector de trekking. Saímos os dous equipos xuntos pero non tardamos en separarnos antes da primeira baliza. A partir de aquí, recordo un silencio sepulcral no monte, onde Angel orientaba á perfección e Ana e mais eu seguíamos o seu rastro. Talmente parecía unha familia de corzos. O silencio era absoluto. De vez en cando votábamos un ollo atrás por se veíamos algún dos equipos. Aquí comecei a pensar en que podíamos loitar pola victoria. As balizas perfectamente situadas para que tiveses que ser moi fino á hora de orientar e niso, nós levábamos ventaxa.
Tal foi a nosa sorpresa cando chegados á última baliza e pegamos de fuxiños co equipo Arcadia, do cal, non sabíamos nada dende había horas. Acabábamos de recortar a distancia que nos levaban.
SECCIÓN 5: 20 km BTT
Cunha rapidísima transición, saímos a esta btt os dous equipos xuntos. Do Team HG non sabemos nada, aínda non chegara á transición cando nós estábamos saíndo.
Aquí podía estar o Título do Campionato Galego, e quizáis non íamos en boa compañía para logralo posto que, a primeira vista, eles podían estar mellor físicamente, posto que estamos a falar de 3 grandes atletas.
Non deberíamos de durmirnos moito, posto que o Team HG tampouco viña "manco".
Pero si algo nos caracterizaba a nós era o coñecernos ben e o traballo de equipo feito dende o primeiro minuto de carreira.
Tras estar en compañía na primeira baliza, fomos capaces de facer a segunda por diante do Arcadia e ademáis, sair moi rápidos da "picada", momento tamén no que as forzas flaqueaban e comezaban a aparecer calambres que, creo ... lle deu a algún corredor do Arcadia ou algún prblema mecánico. Foi aquí cando visto que lle sacamos uns metros, apuramos a pedalada. O terreo favoreceunos, o traballo de equipo tamén e logo veu a orientación e a selección de trazado impecable para poder seguir con esa ventaxa.
Cando se podía pensar que nos podíamos vir abaixo físicamente, foi cando sacamos o mellor de nós. As dificultades xa as pasáramos nas anteriores seccións. Pola miña parte, tiven un pequeno baixón na anterior sección. Ana, que nun principio podía parecer a máis débil, ía de menos a máis, sen ter síntomas de cansancio. De Angel xa non digo nada, posto que é un "puto animal". Houbo un momento que non era capaz de seguir o ritmo dos meus dous compañeiros e tiven que romper ese silencio para dicirlle que "amarraran os ponys".
Chegados á transición, Jesús ten todo controlado, pásanos informe que lle levamos 10 minutos ao Arcadia e uns 12 minutos ao Team HG. Está nas nosas máns ser campión do raid e Campións do Campionato Galego.
SECCIÓN 6: 6.5 km ORI-URBANA
Saímos pois a por o pleno de balizas e, aínda que as forzas xa estaban xustas (ou íso críamos), fomos facendo labores de equipo para chegar á meta. A sección era pequena, pero os atletas dos equipos perseguidores eran moi grandes e as carreiras non se gañan ata pasar a liña de meta. Estabamos demasiado cerca da victoria como para deixala escapar.
E por fin, chegamos a Meta. Ilusionados, sorrintes, con apertas, aplausos e a familia do club Brigantia que nos agarbada na praza para darnos a noraboa. Pónseme a carne de galiña cando me dou conta uns minutos despois de que somos os Campións do Campionato Galego de Raids de Orientación 2016.

Foi unha carreira dura, moi disputada e de gran nivel. Creo e creemos que fomos máis equipo que os demáis e loitamos como equipo axudándonos e esforzándonos por facer o que sabíamos.
Quizáis pensabamos e pensaban que levábamos desventaxa a nivel físico pero, os números e os tempos están ahí.
Finalmente, as diferencias foron de 17 minutos ao 2º sub-campión (Arcadia Adventure addicts ) e 23 minutos ao 3º clasificado (Team Sport HG Head)