miércoles, 9 de enero de 2019

6º Trail-Orientación de Orro (23-12-18)

Por fin sei o que é correr o
Trail-O de Orro


Tivo que ser á 6ª edición para que poidese probar esta maravilla de carreira da que todo o mundo me falaba.

Despois duns meses "ferido" e logo de pasar quince días con boas sensacións, decidinme probar nesta carreira. Será a primeira da tempada ou pretempada (últimamente xa non sei moi ben onde comezan e acaban ambas). 

Pois aló fun, co fresco dunha mañá de decembro, pero todo apuntaba a que íamos ter unha temperatura estupenda para correr. 

A carreira en sí, xa é unha festa para mín antes de comezar. Non sei se o paso mellor "parolando" coa xente ou correndo. Parecía que ceara lingua o día anterior. Despois de saudar a non sei canta xente case non me lembraba que tiña que ir cambiarme de roupa e que estaba a piques de comezar a carreira. Xa quencín ata o coche e volta para a saída. Collemos mapa e arrancamos máis a presa que despacio.

E como viña probar das miñas doenzas, sabía que tiña que estar diante ata que o corpo aguantase. E aló fun, picando a primeira baliza no grupo de cabeza que xa non deixei ata meta. 

Bueno, o grupo nesa primeira baliza era duns 6-8 compoñentes, tampouco parei a contalos, pero así de reollo por ahí andaba.

Non tardamos en facer un grupo máis reducido que, aló pola baliza 3, xa só se contaba cos dedos dunha mán (Oscar Fernández, Juan José Fernández, Estivel Martínez, Isaac Rodríguez mais eu) ou iso pensaba eu. 

E como isto é un trail orientación, non todo o mundo foi polos mesmos sendeiros. 

Entre a baliza 5 e 6, a distancia entre o dúo Oscar máis eu e Juan José, xa era dabondo como para non vernos e entre este e o dúo Estivel e Isaac o
mesmo. Aquí este último dúo colleu outros sendeiros para chegar á 6 que non sei se foi mellor ou peor. O caso é que eu non o dubidei, aínda que me comía algo máis de desnivel.

Todo ía demasiado ben e atopábame moi solto e cun pouco máis de ritmo que Oscar, polo que fun tirando aínda que con Oscar moi preto (nunca se sabe cando che pode facer falta un aliado). 

E tan ben me atopaba que collín a 7, a 8 e a 9 con moita alegría, pero na baixada que había a continuación, funme de largo, e ben de largo, e conmigo Oscar, pero gracias a que estabamos xuntos, localizamos o erro inmediatamente. A pasada de frenada foi considerable, tanto que cando demos volta (Oscar antes que min), xa nos adiantara o dúo Estivel-Isaac, aínda que na forte subida que había ata a baliza 10 fun capaz de xuntarme con eles. Por diante ía Oscar, que seguro non cometería máis erros. Isto levoume a ir máis concentrado e deixar de facer o cabra.

Pouco a pouco fomos recortándolle distancia. Por detrás del estaba Estivel mais eu, en dúo, e Isaac algo máis alonxado. E foi na baliza 12, onde Oscar decide reducir o ritmo e no momento que eu forzo un pouco cortalumes arriba. Na baliza 13 (debaixo da autovía) o que me segue é Estivel e metros atrás sigue Oscar. Pasamos o avituallamento prácticamente xuntos e foi así ata a baliza 16 (aínda que non miraba para atrás, parecía que o sentía jjaja). 

Aínda que o ritmo non era moi alto, era suficiente para non perder a concentración e ampliar pouco a pouco a vantaxe con respecto a Oscar, que pouco a pouco lle íamos metendo segundos. 

E todo ía demasiado ben. Si, demasiado ben. Metros antes de chegar á baliza 19, nunha baixada rota de pedra e xusto despois de comentar que había que ter coidado na baixada, "patapúm" "patapúm chis e pum tamén". Unha forte caída que puido ser gravísima e que afortunadamente foi só chapa e pintura (pero meténdolle masilla ehh). Arrebolei por alí abaixo que aínda non sei como non rompín un oso (ou dous). Logo de mirar que non había nada roto, fixeime no gps, tan nobiño e metinlle unha boa rascada. Pero bueno, continuamos e tiramos cara a baliza. E dende aquí a meta, só foi seguir con ese ritmo e parodiar un pouco. 

Xa se vía a meta ao lonxe, así que a entrada ía ser conxunta que ben o merecía, despois de tanto tempo polo monte xuntiños. Chegamos Estivel mais eu da man en meta. Moi boa carreira. 

Non tard.ei en pasar pola ambulancia e, aínda que quería esperar á chegada de Oscar, tiña que pasar pola ducha para facer as curas, posto que agora si, enfriando, comezaban a picar e a doer. 
E chispúm, ducha, ambulancia e "leria" cos asistentes. Os brigantias (Luís, Laura, Carmen e Vicky) aínda tivemos tempo de parodiar un bo anaco e sacar as impresións, ademáis de ensinar as feridas "de guerra". Dous brigantia no podium e os dous feridos. 

Podium, agasallos e comida. 


Ahh, recordo na comida de pasalo bomba contando historias das carreiras e dos raids con Luís (que algunha xa lle contara) e con Lupe e Feli Fraga e Roberto López. Eu, paseino bomba e espero que a eles non lle rompese moito a cabeza jajaj. O cociñeiro David Eiroa tamén pasou pola mesa (como gran mestre cociñeiro que pasa pola mesa para saber se todo estivo ben) e tamén para votarlle unhas verbas e unhas risas. 

Total, que cando nos demos conta xa eran as 5 da tarde e había que ir marchando. E así fixemos. Aaaabur !!!


CLASIFICACIÓN: