Sen choiva pero
con barro, moito barro
1. Espectativas antes de comezar
2. Espectativas xusto antes da saída
3. Espectativas durante os primeiros km
4. Espectativas nos km finais
5. A realidade final 🏁
Co pouco volume (por non dicir "ningún") que traía, viña a desfrutar da carreira, da paisaxe e de non mancarme.
Levo uns meses coa cabeza noutras cousas 📚 e iso réstalle tempo ao deporte.
O mellor de todo, desfrutar e pasar un anaco en compañía dos traileiros/as.
Pero a cousa cambiou xusto antes da saída. O dilema de todo trailero "Eu hoxe veño de tranqui..." e outras mentiras que nos contamos 😄.
E algo pasou na miña cabeza para darlle semellante volta.
1. A alegría de sempre: Outra vez na liña de saída do Trail Costa Doce de Sada. Reencontros, risas con amigos e ese ambiente que tanto nos engancha. Ata aquí, todo normal
2. O "Clic" interno: De súpeto, sen saber moi ben como, as miñas pernas lévanme á primeira fila. Xusto aí, ao lado dos que saen disparados.
3. A loita interior: "Pero se eu vin pasalo ben e pasar o día...", dicíame a min mesmo. Pero a mente comezou a traballar... e as gañas de guerra puideron máis.
Modo Kamikaze activado: Decidido. Imos intentar aguantar o ritmo do grupo dianteiro ata que o corpo aguante. Un plan sen fendas (ou unha tolemia en toda regra 😕).
E así foi como saímos... co corazón a mil e con ganas a tope 🚀.
E de súpeto... no medio da batalla 🏃🔪
Se vos falaba do "modo kamikaze" o que pasou nos primeiros quilómetros do Costa Doce foi a confirmación de que a cabeza non sempre manda sobre o corazón (ou sobre as pernas).
🚀 A saída: Saímos polas rúas de Sada coma auténticos Miuras. Sen mirar atrás, sen gardar nada.
📉 O primeiro cribo: Chegou a primeira costa e puxo a cada un no seu sitio. As distancias empezaron a marcarse e, para a miña sorpresa, eu estaba alí: na cabeza de carreira. (Aínda que a única cabeza que corría era a miña, porque o sentido común quedara no coche 😟).
O pacto co demo: Algo dentro de min dixo: "Todo para adiante ata que rebentes". Sabía que o momento de "pedir papas" ía chegar, o que non sabía era cando.
🥈O soño do segundo posto: Sen darme conta, antes do km 4 xa ía segundo da xeral. E así aguantei, esperando cada metro, ata ben pasado o km 27.
⚠️A realidade: Pero ollo, non vos quero enganar. A épica ten un prezo: dende o km 20 o meu corpo xa estaba negociando a rendición e as pernas pesaban como o chumbo.
O trail é así: un equilibrio constante entre a gloria e o sufrimento extremo.
Onde o corpo para, a cabeza empuxa...
A partir do km 27 o Costa Doce púxome a proba. Unha caída tonta desatou os cambreos e tocou negociar cada metro 📉.
Perdín postos, pero non a rabia. A falta de 200m saquei forzas de onde non había para entrar xusto por diante dun grande como César Rodríguez Ventureira. ¿O resultado? Un esforzo que valeu un 2º posto veterán e 5º da xeral ✨
Había moito tempo que non sentía esta dor nas pernas... pero o barro de Sada sabe a gloria.

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)