jueves, 26 de mayo de 2022

Maratón do Trail Orixes-Mondaríz (21-05-2022)

Os medos dilúense

coa primeira zancada


Ás 4:45 horas da mañá toca o despertador. Si, xa sei o que estades pensando... pero esto é unha tolemia (como calquer outra, que lle imos facer 😊).

Ata Mondaríz son 2 horas e non puiden ir durmir aló, así que fixen un pequeno esforzo de 5 segundos, os 5 segundos que me dura apagar o despertador. 

Un almorzo rápido e estrada dirección a Mondaríz. O calor xa comeza a avisar pola ponte de Rande, onde ás 6:50h xa marcaba 21ºC o termómetro do coche. 

Chegamos con tempo a Mondaríz, recollida de dorsal e saudar ás e aos "taraos" estes que lles apaixona este deporte. 


SAÍDA:

Non sei o motivo, pero hoxe saio diante de todo, ao frente. E iso que non as teño todas comigo. Despois do circuito ultra de Quiroga, saín ao monte un día con Diego Couto, un día de ximnasio e o venres un pequeno trote ata o Dique de abrigo da Coruña e uns exercicios de mobilidade. 

Eu voulle dando. Os primeiros km son planos á beira do río. Comezan a facerlle pequenos grupos. Por diante vexo a Martín Chuvoners, Pachita e Michel Araujo (todos do ultra). Distingo tamén a Aroa Sío e Kike Coutadas (maratón), e moito máis adiante vai Iván Sangiao que rompeu a carreira nada máis saír. Hai máis corredores, pero recordo destes que comento. 

Cando a cousa comeza a porse cara arriba, vou adiantando algúns corredores. Imos quedando un pequeno grupo de corredores que compartiremos varios km (Kike, Araujo, Pachita, Antonio Toucedo do Xesteiras e Aroa que se descolga pouco a pouco). Por diante aínda seguen algúns.

O percorrido é por zonas moi rápido e por outras, fortes subidas. Os sendeiros polos que pasa molan. Sobre o km 9 collemos a Iván Sangiao que parece que ten algún problema. Vaise quedando uns metros atrás. Comeza unha forte subida antes do avituallamento do km19. Pouco a pouco comeza haber uns metros de difereza entre nós e o que finalmente sae mal parado é Pachita que parece que se queda. 

No avituallamento de Cotodeira (km19) o máis rápido e Kike, que colle distancia e despois Antonio do Xesteiras. Eu vou tranquilo. As distancias entre nós os tres xa son, diría, de 100m entre uns e outros. En cabeza vai alguén que non sabemos quen é (o máis pillo de todos). Nunha destas, torzo un nocello e súbeseme o xemelgo da outra perna. Pasa Araujo e comenta que Pachita parece que se retira. Bueno, eu sigo ao meu, intentando recuperarme de ambas pernas e intentando hidratarme. Aínda quedan 2/3 de carreira.

Avituallamento Caxil (km26). Durante a baixada a este avit. pásame de novo Iván Cagiao. Ven forte. Un pouco antes de chegar ao avituallamento volvo torcer un nocello e súbeseme de novo o outro xemelgo. Parece que as dúas pernas se puxeron dacordo 🙆. Ao chegar a Caxil atópome con Iván e Antonio. Durante todo o percorrido que levamos, fomos intercambiándonos posicións e aí seguimos, os tres nun pano. Fago un avituallamento rápido e saio con eles. A estas alturas, non hai rastro do que vai primeiro (que aínda non sei quen é), nin de Kike. A terceira posición parece que será cousa de nolos 3.

Comeza unha forte subida. Pouco a pouco vou collendo algo de vantaxe. A subida é moi dura. Ao chegar arriba (sobre o km28-29) comeza unha baixada na que comezo a pensar que me volverá a coller Iván. Antonio xa parece que vai a menos. 

Neste último tramo de carreira, parece que me sinto con forzas, polo que apuro o ritmo. Comezo a pensar en que este ritmo é bo e vou pensando en coller aos de adiante, ata que me dín que o corredor máis cercano está a 7 minutos, polo que xa é imposible acercarse a él cos poucos km que quedan para meta. Aínda así, sigo con ese ritmo, agora xa, pensando en que non me collan os que veñen por detrás. 

Chego ben ao avituallamento de Furafollas (km 35), onde comeza haber "tráfico" de atletas das outras distancias. O percorrido é moi chulo por esta zona e disfruto por este sendeiro.

E chegamos á derradeira subida, un sendeiro por debaixo da liña eléctrica. Dende aquí abaixo pódese ver decenas de corredores subindo. Non distingo a ningún da distancia maratón, polo que intúo que van físicamente ben. Por detrás tampouco vexo a ninguén, polo que do que se trata é aguantar ata meta.

Teño que dicir que os últimos km fixéronseme longos, todo pola beira do río e entrada en Mondaríz. Aínda asi, apretei os dentes para intentar conseguir ese prezado 3º posto absoluto.

E así é como chego a meta, con bo ritmo e cunha sorrisa de orella a orella. Por fin me "chivan" quen foi o campión, David Rodríguez Gil do Xesteiras, que nin o vin en toda a carreira 😂.

E non quero pasar por alto o post-carreira, coma sempre a parte máis chula de todo evento (se non te mancas claro 😂). 


Pódium absoluto maratón
DATOS:

⏲ 4:46:00 h.
🏆 3º xeral (1º vet. A)

💓 147 ppm
💧 3 tailwind neutro/colorado + 1 litro agua
🍬 1 gel 226ers
🍉🍌🍊 avituallamientos

👟 vectiv infinite TheNortFace




Clasificación Xeral Maratón



Album fotográfico (pincha aquí)















Quito



domingo, 22 de mayo de 2022

Circuito Ultra "QuirogaTrailChallenge"

Un paso adiante

Chegou o momento das Ultras


Ía cos típicos nervios de facer por primeira vez unha ultra (aínda que non era así, xa que hai que contar aquela Transvulcania que tantos quebradeiros me deu e o MegaUltra do Camiño dos Faros que tedes clavado nas pestañas de aquí arriba).

Aínda así, o Courel impón e o non saber parte do percorrido tamén. 

O ideal neste caso era coller un aloxamento preto da saída para os dous días, e así foi, xunto con Jose Bautista e David Alonso, atopamos o noso centro de operacións a 10 min de Quiroga. Un lugar tranquilo e moi acolledor que, usámolo para descansar ben, almorzar e cear o primeiro día. 

A #FestaDoTrailGalego estaba asegurada con máis de 1200 corredores/as entre os dous días. O ambiente era espectacular e aí estábamos todos/as, cunha cara de felicidade de volver a vernos nunha destas foliadas. Este ano deume tempo ata de ir ao "briefing". Todo marchaba según o estipulado. Parecíamos un relóxio suizo.


DÍA DA CARREIRA:

Levantámonos ás 5:30 h da mañá. A noite, aínda que non se durmiu o desexado, non foi mala. Ducha e almorzo. A equipaxe de carreira quedou lista do día anterior, polo que pouco se perde en equiparnos. 

David correrá o maratón e Jose fará de escoba do ultra do Castelo.

Chegamos a Quiroga en nada e xa vemos que o ambiente é caralludo. Da gusto ver e charlar con esta xente dos trails. A min o que me preocupaba era ir ao baño antes da saída e menos mal que foi 4 min antes da mesma 😅. 


SAÍDA:

Saio moi moi conservador, sabendo que as altas temperaturas poden facer estragos e polo moito respecto que lle teño a distancias de 69km e 4200+, máis que ao desnivel positivo, téñolle medo ao negativo. 

Por suposto, hai unha planificación previa, tanto de consumo de bebida, comida, como de tempos de paso polos distintos avituallamentos. E o primeiro punto de control, tíñao en Outeiro (km19), con 2:22 horas. 

Saín con 1.5 litros de líquido, e xa vexo nos primeiros km que hai que ser moi estricto coa hidratación. 

No avit. 1 (Río Castelo, km 8.5), encho 500ml de auga e un anaco de plátano e laranxa. Vou cómodo, sen gasto extra. Por aquí recordo pedirlle paso, despois de ir "a roda" ao amigo Fito,  e por aquí tamén andaba Agustin Crespo entre outros. Un pequeno problema cunha pedra na zapatilla, fai que pare para sacala. Pouco a pouco, pero moi tranquilo, vou enlazando con coñecidos cos que intercambiamos charla, Daniel Botana e Adán entre outros.

Con Botana coincidimos varios km ata que chegamos a Outeiro, onde saiu antes que min e xa non volvín a velo (ata moito despois).

Chegamos ao Avit 2 (Outeiro, km 19), en 2:22 horas. Incrible. O estipulado para este punto. 

Aquí, ademáis de deixarme Dani Botana, vexo a Martín "Chuvoner" parado. Seica non era o seu día. Seguro que non sería o único dos que van por diante en acabar antes de tempo. Tamén vexo a Silvia Casal, da que nos coñecíamos das RR.SS pero non en persoa. Silvia non dudou en facerme de "avitualladora" aquí en Outeiro (graciñas e encantado. Verémonos noutras). E non quero olvidarme de Aroa Sío, que tamén estaba animando e animándome no punto (a galega de ouro neste deporte).

E xa vou saíndo que levo moito tempo e xa me pasaron ata os que adiantei ata agora 🙆.

A subida é dura, moi empinada, mais as sensacións que teño é que ese é o meu punto forte. Pasiño a pasiño, vou achegándome de novo a corredores que xa adiantara antes de Outeiro. E debía ir moi hidratado, xa que tiven que para a "orinar" (que soa mellor) xusto despois do avituallamento intermedio (antes do inicio da estrada asfaltada).

Non tardo en distinguir ao lonxe as casacas de Tribu Trail e en recoñecer aos amigos Elosúa e Maneiro. Ao primeiro vino un pouco fatigado, estaba pasando un mal momento, mentres que a Maneiro, vino fresco coma unha leituga. 

E pouco a pouco, imos chegando ao avit 3 de Pía Páxaro

Ao lonxe e mirando para arriba, vese a cota de Pía Páxaro, onde un pouco antes collo á parella Maneiro-Elosúa. Un pouco máis adiante nosa, hai un corredor parado que tamén identifico polas "pintas", Coutadas, é o gran amigo Quique. Algo pasa... efectivamente, remataba aquí a súa carreira ao abrirse unha brecha nun xeonllo contra unha pedra. Unha mágoa, xa que as súas sensacións eran moi boas para esta carreira.

Pasamos de novo o avit 3 e toca xa dirixirse de novo a Outeiro. Neste tramo, teño algún que outro problema. A calor apremia e volven escapárseme o "Dúo Dinámico" (Maneiro-Elosúa). Por fin logro collelos de novo, pero o estómago vai revolto (creo que foi unha mala xestión no avit. 3) e teño que parar a "evacuar". Por aquí pasa diante miña (e cos pantalóns baixados) o Toxo Iván Reboredo (vaia estampa 😅). Durante o traxecto, collo outro medio litro de auga e toca parar de novo a un lado 🙆.

Chegamos ao avit. 4 (A Seara) xunto con Iván Reboredo? (sei que ía con alguén, pero non recordo agora si era con él). Encho toda a auga que podo e vexo que estou sen Tailwind, que xa o papara antes (e xa non o recordaba). O calor era infernal e decido tomar froita e frutos secos a cambio. O estómago volve avisar e volvo parar. Aquí xa vou só de novo. Teño gañas de chegar a Outeiro.

Ao lonxe volvo ver ao Dúo Dinámico. 

Por fín no avit 5 (Outeiro, km 46). Aquí está Maneiro-Elosúa. Non tarda en chegar Iván e algún corredor máis. Eu collo as miñas bolsas de avituallamento ata meta da base de vida. Tomo un recovery que me volve a dar forzas, pico froita e frutos secos, encho de auga e decido non cambiarme. Saio antes que o dúo dinámico e o resto de corredores que alí están. A ducha que me lanza Aroa Sío (que non quere sair correr por mín 😁) parece que me espabila e saio á parte final da carreira coa sensación que todo vai según o planificado. O ritmo é bo, constante. Comezo a mirar ao lonxe, teño que comezar a ver corredores. E así é, coma se dun martelo se tratase, bom bom bom, vou pouco a pouco atrapando atletas. Ao lonxe vexo a Dani Botana, que non tardo en pasar e máis adiante outro que teño como referencia e non tardo en pasar. Algún máis lle tocaría antes de chegar ao seguinte avituallamento.

No avit 6 (Rugando, km 53), paro a encher e auga e a comer algo, ademais de charlar un pouco coas e cos voluntarios. Sei que vou en terra de ninguén, pero en mente teño que aínda algún máis lle vai tocar. Por detrás, non creo que ninguén veña máis forte ca min, como para poderme pasar. 

Chegado ao túnel, atopo outro corredor do ultra que, ao verme, sube o seu ritmo. Non sabe que está sentenciado. E así é como no punto de control, paso xusto pegado a él e decido deixalo atrás. Por diante, parece que teño a Fernando Cancelo, a varios minutos, pero non descarto ao menos, de velo de lonxe nalgún punto. 

E así é como na subida ao avituallamento 7 (Paradaseca, km63), vexo a Cancelo no avituallamento. Aínda intercambiamos unhas palabras antes de que él saíse o avituallamento e eu volvese a facer o ritual de cargar de auga, e comer algo de froita. Se vou preto de Cancelo, non vou mal. 

Quedan poucos km para meta  pero quizáis os máis difíciles, pois as pernas e o corpo xa van trallados e a subida que queda e, sobre todo a baixada, pode facer estragos. 

A subida, fágoa a ritmo, incluso diría alegre, pero sabía que non podía penalizar na baixada e que había que chegar con pernas para sair mañá, así que, a baixada, que xa de por sí é rota, hoxe estaba en moitos tramos impracticable pola terra solta. Xa se ve Quiroga, mais aínda queda moito tramo. Por diante non se vé a ninguén, e por detrás, pode que alguén se acerque, xa que estou moi conservador, sobre todo para non mancarme.


E así é como xa chego ao asfalto, a estrada xeral e lanzo unha mirada atrás por si hai sorpresas, pero non vexo a ninguén. Teño a subida á meta e ao lonxe alguén me recoñece, os berros de ánimo fan que note a meta máis preta.  Primeiro Chechu e María e máis tarde a pandilla dos veciños de Malpica e xa logo, toda a xente que estaba en meta.


Chegada a meta cun sorriso de orella a orella. Conseguido.

Non foi fácil, pero xestionei a carreira tal e como quería. 

Non me arrepinto tampouco de sair tan conservador e tan atrás nos primeiros km. Á vista está que clavei o tempo no avituallamento 2 de Outeiro.

Xa só faltaba conversar da carreira e recuperar. Aparqueime ao lado do avituallamento e alí estiven durante case unha hora. Que si auga, que si froita, que se comida variada. 

Ducha, cea e recoller o trofeo por categoría.

E por suposto, despois ir durmir para recuperar o corpo para a carreira de mañá.


Clasificación Ultra do Castelo (circuito ultra)



TRAIL DO LOR (domingo):
Pois aí nos presentamos o domingo co corpo moi recuperado do día anterior. Quizáis máis enteiro do que pensaba, polo que saír, sairíamos. 

SAÍDA:
Falta moita xente que correu onte o ultra, polo que dos 10 primeiros tampouco quedamos moito. Vexo a Cancelo, Gil, Adrián e, e, e ... tampouco vexo a máis. 

Saio de novo conservador e sin saber moito onde me meto. Todo o mundo fala dunha "ratonera", mais os km e desnivel non o marcan así. 

Pouco a pouco e coa primera rampla, vexo que me pasan por todos os lados. Eu intento ir ao meu ritmo a primera parte. 

Pois sí, chegamos a un punto do percorrido que temos que ir en fila india sí ou sí, e onde lle pregunto a Maneiro, que ven xusto detrás se toda a carreira vai ser así, o cal me fai un resumo en 15 segundo. Cos eses datos, replantexo todo e cara adiante. 

A día de hoxe recordo que pasei a Cabaleiro e a un bo grupo de xente con él, despois dunhas praderías volvín coller a outro gran grupo e nun dos avituallamentos, collo a Xosé María do Tribu. Con él e outro mozo vou gran parte do percorrido que, aínda que perigoso, moi moi bonito. Por un momento pensei que estaba nunha Blackyard extrema ou nun Raid de expedición. 

Pasamos por lugares fermosos e a calor, aínda que pega, non é nada comparable co de onte, xa que hoxe imos por debaixo das árbores e onte era a ceo descuberto. 

Faltando pouco menos de 8km, decido impor o meu ritmo subindo e deixo á parella que me fixo o "traballo sucio" ata alí.

Síntome forte e pouco a pouco vou pensando que pouca xente pode adiantarme con ese ritmo que levo. 

Durante os últimos km, coincido con moitxs corredorxs doutras distancias que, amablemente me diexan pasar. Moitos recoñécenme e danme ánimos que me fan boar polos sendeiros.

Chegamos a Quiroga, isto está a piques de rematar. Pasada a meta, as amigas e amigos dinme que entrei de 3º do ultra, polo que alguén tivo que perderse ou baixarse do carro. 

Dos que faltan por chegar, fáltame Adrián López do Boimorto, que fixera unha gran carreira o día anterior. Sacábame 20 minutos, polo que a conta atrás estaba posta. 16-17-18-19-20 e Adrián non chegou á meta. Tiña un 3º posto asegurado no Circuito Ultra do QuirogaTrailChallenge 🙆.

Minutos máis tarde, dinme que Adrián retirárase en carreira por unhas fortes molestias.

O obxectivo ao que vin a este Circuito Ultra estaba máis que conseguido, con ese 3º posto absoluto. 

Por dentro sinto esa sensación de non poder coa alma é a vez estar satisfeito de como plantexei á carreira e de como finalmente saiu.

Clasificación Trail do Lor (circuito Ultra)



E así quedaría a clasicación final do
CIRCUITO ULTRA DO QUIROGATRAILCHALLENGE


Clasificación final Circuito Ultra






















Faltan máis fotos que irei incorporando


Quito