Un paso adiante
Chegou o momento das Ultras
Ía cos típicos nervios de facer por primeira vez unha ultra (aínda que non era así, xa que hai que contar aquela Transvulcania que tantos quebradeiros me deu e o MegaUltra do Camiño dos Faros que tedes clavado nas pestañas de aquí arriba).
Aínda así, o Courel impón e o non saber parte do percorrido tamén.
O ideal neste caso era coller un aloxamento preto da saída para os dous días, e así foi, xunto con Jose Bautista e David Alonso, atopamos o noso centro de operacións a 10 min de Quiroga. Un lugar tranquilo e moi acolledor que, usámolo para descansar ben, almorzar e cear o primeiro día.
A #FestaDoTrailGalego estaba asegurada con máis de 1200 corredores/as entre os dous días. O ambiente era espectacular e aí estábamos todos/as, cunha cara de felicidade de volver a vernos nunha destas foliadas. Este ano deume tempo ata de ir ao "briefing". Todo marchaba según o estipulado. Parecíamos un relóxio suizo.
DÍA DA CARREIRA:
David correrá o maratón e Jose fará de escoba do ultra do Castelo.
Chegamos a Quiroga en nada e xa vemos que o ambiente é caralludo. Da gusto ver e charlar con esta xente dos trails. A min o que me preocupaba era ir ao baño antes da saída e menos mal que foi 4 min antes da mesma 😅.
SAÍDA:
Saio moi moi conservador, sabendo que as altas temperaturas poden facer estragos e polo moito respecto que lle teño a distancias de 69km e 4200+, máis que ao desnivel positivo, téñolle medo ao negativo.
Por suposto, hai unha planificación previa, tanto de consumo de bebida, comida, como de tempos de paso polos distintos avituallamentos. E o primeiro punto de control, tíñao en Outeiro (km19), con 2:22 horas.
Saín con 1.5 litros de líquido, e xa vexo nos primeiros km que hai que ser moi estricto coa hidratación.
No avit. 1 (Río Castelo, km 8.5), encho 500ml de auga e un anaco de plátano e laranxa. Vou cómodo, sen gasto extra. Por aquí recordo pedirlle paso, despois de ir "a roda" ao amigo Fito, e por aquí tamén andaba Agustin Crespo entre outros. Un pequeno problema cunha pedra na zapatilla, fai que pare para sacala. Pouco a pouco, pero moi tranquilo, vou enlazando con coñecidos cos que intercambiamos charla, Daniel Botana e Adán entre outros.
Con Botana coincidimos varios km ata que chegamos a Outeiro, onde saiu antes que min e xa non volvín a velo (ata moito despois).
Chegamos ao Avit 2 (Outeiro, km 19), en 2:22 horas. Incrible. O estipulado para este punto.
Aquí, ademáis de deixarme Dani Botana, vexo a Martín "Chuvoner" parado. Seica non era o seu día. Seguro que non sería o único dos que van por diante en acabar antes de tempo. Tamén vexo a Silvia Casal, da que nos coñecíamos das RR.SS pero non en persoa. Silvia non dudou en facerme de "avitualladora" aquí en Outeiro (graciñas e encantado. Verémonos noutras). E non quero olvidarme de Aroa Sío, que tamén estaba animando e animándome no punto (a galega de ouro neste deporte).
E xa vou saíndo que levo moito tempo e xa me pasaron ata os que adiantei ata agora 🙆.
A subida é dura, moi empinada, mais as sensacións que teño é que ese é o meu punto forte. Pasiño a pasiño, vou achegándome de novo a corredores que xa adiantara antes de Outeiro. E debía ir moi hidratado, xa que tiven que para a "orinar" (que soa mellor) xusto despois do avituallamento intermedio (antes do inicio da estrada asfaltada).
Non tardo en distinguir ao lonxe as casacas de Tribu Trail e en recoñecer aos amigos Elosúa e Maneiro. Ao primeiro vino un pouco fatigado, estaba pasando un mal momento, mentres que a Maneiro, vino fresco coma unha leituga.
E pouco a pouco, imos chegando ao avit 3 de Pía Páxaro.
Ao lonxe e mirando para arriba, vese a cota de Pía Páxaro, onde un pouco antes collo á parella Maneiro-Elosúa. Un pouco máis adiante nosa, hai un corredor parado que tamén identifico polas "pintas", Coutadas, é o gran amigo Quique. Algo pasa... efectivamente, remataba aquí a súa carreira ao abrirse unha brecha nun xeonllo contra unha pedra. Unha mágoa, xa que as súas sensacións eran moi boas para esta carreira.
Pasamos de novo o avit 3 e toca xa dirixirse de novo a Outeiro. Neste tramo, teño algún que outro problema. A calor apremia e volven escapárseme o "Dúo Dinámico" (Maneiro-Elosúa). Por fin logro collelos de novo, pero o estómago vai revolto (creo que foi unha mala xestión no avit. 3) e teño que parar a "evacuar". Por aquí pasa diante miña (e cos pantalóns baixados) o Toxo Iván Reboredo (vaia estampa 😅). Durante o traxecto, collo outro medio litro de auga e toca parar de novo a un lado 🙆.
Chegamos ao avit. 4 (A Seara) xunto con Iván Reboredo? (sei que ía con alguén, pero non recordo agora si era con él). Encho toda a auga que podo e vexo que estou sen Tailwind, que xa o papara antes (e xa non o recordaba). O calor era infernal e decido tomar froita e frutos secos a cambio. O estómago volve avisar e volvo parar. Aquí xa vou só de novo. Teño gañas de chegar a Outeiro.
Ao lonxe volvo ver ao Dúo Dinámico.
Por fín no avit 5 (Outeiro, km 46). Aquí está Maneiro-Elosúa. Non tarda en chegar Iván e algún corredor máis. Eu collo as miñas bolsas de avituallamento ata meta da base de vida. Tomo un recovery que me volve a dar forzas, pico froita e frutos secos, encho de auga e decido non cambiarme. Saio antes que o dúo dinámico e o resto de corredores que alí están. A ducha que me lanza Aroa Sío (que non quere sair correr por mín 😁) parece que me espabila e saio á parte final da carreira coa sensación que todo vai según o planificado. O ritmo é bo, constante. Comezo a mirar ao lonxe, teño que comezar a ver corredores. E así é, coma se dun martelo se tratase, bom bom bom, vou pouco a pouco atrapando atletas. Ao lonxe vexo a Dani Botana, que non tardo en pasar e máis adiante outro que teño como referencia e non tardo en pasar. Algún máis lle tocaría antes de chegar ao seguinte avituallamento.
No avit 6 (Rugando, km 53), paro a encher e auga e a comer algo, ademais de charlar un pouco coas e cos voluntarios. Sei que vou en terra de ninguén, pero en mente teño que aínda algún máis lle vai tocar. Por detrás, non creo que ninguén veña máis forte ca min, como para poderme pasar.
Chegado ao túnel, atopo outro corredor do ultra que, ao verme, sube o seu ritmo. Non sabe que está sentenciado. E así é como no punto de control, paso xusto pegado a él e decido deixalo atrás. Por diante, parece que teño a Fernando Cancelo, a varios minutos, pero non descarto ao menos, de velo de lonxe nalgún punto.
E así é como na subida ao avituallamento 7 (Paradaseca, km63), vexo a Cancelo no avituallamento. Aínda intercambiamos unhas palabras antes de que él saíse o avituallamento e eu volvese a facer o ritual de cargar de auga, e comer algo de froita. Se vou preto de Cancelo, non vou mal.
Quedan poucos km para meta pero quizáis os máis difíciles, pois as pernas e o corpo xa van trallados e a subida que queda e, sobre todo a baixada, pode facer estragos.
A subida, fágoa a ritmo, incluso diría alegre, pero sabía que non podía penalizar na baixada e que había que chegar con pernas para sair mañá, así que, a baixada, que xa de por sí é rota, hoxe estaba en moitos tramos impracticable pola terra solta. Xa se ve Quiroga, mais aínda queda moito tramo. Por diante non se vé a ninguén, e por detrás, pode que alguén se acerque, xa que estou moi conservador, sobre todo para non mancarme.
Non me arrepinto tampouco de sair tan conservador e tan atrás nos primeiros km. Á vista está que clavei o tempo no avituallamento 2 de Outeiro.
Xa só faltaba conversar da carreira e recuperar. Aparqueime ao lado do avituallamento e alí estiven durante case unha hora. Que si auga, que si froita, que se comida variada.
Ducha, cea e recoller o trofeo por categoría.
E por suposto, despois ir durmir para recuperar o corpo para a carreira de mañá.
Clasificación Ultra do Castelo (circuito ultra) |
TRAIL DO LOR (domingo):
No hay comentarios:
Publicar un comentario