jueves, 28 de octubre de 2021

#UltraSanabria (15-16-17/Oct/2021)

 

Chegábamos a Sanabria coa esperanza de rematar a modalidade Ultra (110 Km - 6000 m+) e
regresamos cunha 12ª posición na xeral e trofeo
3º vet. A


Aínda que as sensacións xa non eran as previas á RiañoTrailRun, íamos coa esperanza de disfrutar e de facelo o mellor posible na xeral, con dous obxectivos marcados,

1) A clasificación vet. A masc.
2) Rematar en menos de 13h.

Despois de facer a inscrición, tiven a gran sorte de poder "acoplarme" ao dúo Pablo Mella-Diego Couto que, xunto con Merry, tiñan alugada unha casa para o aloxamento durante os días de carreira. 

Pois cara aló arrancamos os 4 nun mesmo coche. Aínda hoxe non sei como colleu todo no maleteiro ...

Bueno, imos á carreira que xa sei que é o que vos interesa ...
Recollida de dorsal o día anterior e rápidamente cear e meterse un pouco na cama, que ás 5:30h tocaba díana para almorzar, vestirse e sair cara San Martín de Castañeda, onde nos esperaban os buses para levarnos á saída. 


ETAPA 1: Escuredo-San Ciprián (32,6 km - 1900 m+).

Obxectivo: 4:10 h.

Pensando nos 110 km totais da carreira, saín bastante atrás, por non dicir atrás de todo. Isto non era máis que o comezo e por diante tiñamos 3 días de carreira.

Nos primeiros compases collo varios embudos que me fan parar e aproveito para falar con algún corredor/a. Xa habería tempo de coller ritmo e posicionarnos en carreira acorde ao ritmo de cada un.

Por diante tíñamos o ascenso a Peña Negra e Vizcodillo. Cando me dou conta, vexo a gran pedreira de ascenso ao Peña Negra. 3 Km de rochas nas que me vou adaptando a elas coma se fose un percebeiro. Pouco a pouco vou adiantando xente entre eles ao amigo Iván Montes (glaciar) que ía con paso firme e controlando a súa carreira. Cando me dou conta, xa estou no Pico Vizcodillo (2124 m de altitude). Este é o km 9,2 e xa case levamos todo o desnivel da carreira. 

O sendeiro faise máis rápido e unha vez chegado ao cume do Faeda, xa é practicamente todo baixada. 

Ao chegar a meta levo a sorpresa de facer un tempo de 4:10 h (clavado ao obxectivo) e que chego na posición 12 da xeral e 4º vet. A.

O desgaste nesta etapa 1 foi mínimo, ou iso parecía. 

Despois de "picar" algo non avituallamento final (froita, pequenos bocadillos, xamón ...) pasei pol@s masaxistas para que me descargaran as pernas.

Non tardamos en ir xantar a un restaurante da zona no que tiñan os menús do corredor a 11€.

Xantamos coma reises. E despois, unha boa ducha e siesta. Que ben senta a siesta ...

DATOS:
⏲ 4:10:00 h.
🏆 12º general (4º vet. A)

💓 143 ppm
💧 3 tailwind neutro + 1 litro agua
🍬 2 gel 226ers
🍉🍌🍊 avituallamientos

👟 sense ride 4 salomon


ETAPA 2: San Martín de Castañeda (42 km - 1850 m+)


Obxectivo: 4:50 h

Comezo suave os 42 km de hoxe, pero sabendo xa que son o 4º veterán A e estou dentro do top15.

Saio mellor posicionado que o venres e consciente de que a carreira de hoxe "comeza" a partir do km26 ao comezo do Cañón do Cárdena. 

Nos primeiros compases da mañá, pasamos por un fermoso sendeiro á beira do Lago de Sanabria, máis creo que case tod@s nos acordaremos das picaduras dalgún insecto (abellas?, avespas?, tabáns??, ...) eu levei un recordo na cacha dereita. 

Recordo que chego a Sotillo de Sanabria enteiro e con bo ritmo, pero aínda vou a mellor ritmo subindo cara a laguna. 

A baixada a Ribadelago Novo cólloa tranquilo e aquí adiántanme varios corredor@s. Vou acompañado varios Km por Marcos Campelo, e temos tempo para falar como imos e as sensacións que levamos.

Nas primeiras costas, pasado Moncabril, comezamos a adiantar @s corredor@s que baixaban coma "kamikaces" anteriormente. 

Chego a coller a Juán Elosúa (TribuTrail) e pouco a pouco son capaz de levar un ritmo alegre.

Chego á Laguna Cárdena e vexo a Juanma Jimenez (glaciar) que ía acompañado por Daniel Batata (corredor a batir), 3º vet. A na clasificación xeral. Aínda que lle saco algúns metros nalgún punto, chegamos xuntos ao refuxio (pasada a Laguna del Payón) e no descenso vertixinoso, déixame atrás. Foi un visto e non visto, que maneira de baixar ...

Chego de novo a coller a Diego Batata no último avituallamento, onde se xuntaban as distintas modalidades da carreira e dende alí, é moito máis rápido ca min. 

Chego a meta en 4:42:25 (1:27 min despois de Batata), rebaixando o tempo obxectivo en pouco máis de 7:30 min. 14º da xeral e 5º vet. A en meta. 

Hoxe non hai masaxe, xa que a gran cantidade de atletas que hai en meta á espera do mesmo, faino imposible.

De novo imos xantar ao mesmo lugar de onte e a facer a mesma "parafernaria". 

DATOS:
⏲ 4:42:25 h.
🏆 14º general (5º vet. A)

💓 134 ppm
💧 5 tailwind neutro + 1 litro agua
🍬 1 gel 226ers
🍉🍌🍊 avituallamientos

👟 sense ride 4 salomon

ETAPA 3: San Martín de Castañeda (32,5 km - 1200 m+)

Obxectivo: 3:50 h.

Hoxe puidemos durmir un pouco máis. O corpo comeza a estar canso do acumulado en 2 días e o pensamento a primeira hora da mañá é que non teño posibilidades de chegar a ese 3º posto vet. A, xa que Daniel Batata (3º) gañoume a partida nas 2 primeiras etapas e está a 5:36 min por diante miña na xeral.

Pero algo sucede minutos antes da saída que cambio o chip por completo ...

Véñenme á cabeza unhas sabias palabras de Xan Rodriguez do Toxiza, que me dixo o día anterior nun tramo da carreira que coincidimos ... "as bombas sempre se meteron o día da festa, non na víspera". Esta frase cambioume a visión que tiña para o día de hoxe, polo que ía dar o que puidese ata meta. 

En breve darase a saída, sitúome nas primeiras posicións. As baixadas están perigosas e créanse varios embudos que me cortan dos primeiros grupos de corredores. En canto podo, collo velocidade de cruceiro unha vez pasada a baixada técnica e véxome moito máis alegre que nas etapas anteriores. 

En nada entramos no "cañón del Tera". Treneciño. Nos lugares onde podo, adianto sen piedade. Coincido de novo con Marcos Campelo.

km 8, de novo outro tapón nun lugar "perigoso" onde me saúda Daniel Batata. O portugués viña por detrás no día de hoxe. Durante un par de km imos prácticamente xuntos. 

Cando me dou conta, estou detrás de Oihana Kortazar. Era o km 12. Este é o ritmo que quero levar e aproveitar. Batata queda por detrás e xa non o vexo. 

Intentarei levar este ritmo ata meta. Tendo a Oihana como referencia, a cousa podía ser máis fácil. Así que, uns poucos relevos pola miña parte e o peso dos 21km restantes levaríao a gran atleta basca. Nalgunha parte do percorrido ía co gancho para poder seguila. 

En ningún momento mirei cara atrás para ver se viña Batata, porque sabía que ese era o ritmo que podía levar eu e que era o bo. 

Seguimos pasando corredores entre os que se atopaba o gran Victor del Águila (glaciar), que no día de hoxe ía lesionado.  

Pasada a Laguna dos Peixes, únese a nós (ía por diante) o gran Iván Sangiao que estaba facendo un carreirón na distancia Glaciar. Finalmente quedaríase (facendo a súa carreira) pouco antes de chegar a aldea de Vigo.

Dende aquí á meta, xa íamos en parella, Oihana máis eu. Sen baixar o ritmo, deunos tempo a intercambiar algunhas palabras e darlle as grazas pola carreira que me estaba brindando. 

Xa preto da meta, decido descolgarme para que Oihana entre soa polo arco de meta, máis ela anímame para que entremos xuntos, o cal lle agradezo, pero xusto na recta de meta, reduzo ritmo para non "chafar" a foto de meta da gran campioa. 

Entro en 3:31:36 h., 11º da xeral e 3º vet. A

Xa dentro, chocámonos as máns e sácome unha foto para o recordo.

Pouco despois chega Daniell Batata, a 4 min. Non era suficiente a vantaxe que lle sacaba hoxe. 

(Finalmente eu levaría o trofeo como 3º vet. A, ao recibir Miguel Heras o de 2º posto absoluto).


DATOS:
⏲ 3:31:36 h.
🏆 11º general (3º vet. A)

💓 136 ppm
💧 4 tailwind neutro + 1 litro agua
🍬 1 gel 226ers
🍉🍌🍊 avituallamientos

👟 Vectiv Infinite TheNortFace





TEMPO TOTAL: 12:24:01 h.

PUESTO: 12º general (4º vet. A)





CLASIFICACIÓN FINAL