jueves, 3 de febrero de 2022

Ultra Trilhos dos Abutres (28-01-2022) Portugal

 Sinceramente,

saiume un carreirón


Levaba anos con ganas de ir participar nalgunha carreira no país veciño Portugal e por fin puido ser. E non nunha carreira calquera, senón nesta carreira que todo o mundo falaba ben dela, pola organización e polos paisaxes polos que pasa. E este ano, era campionato de Portugal de ultra.

Como Miranda do Corvo non queda a tiro de pedra de aquí (A Coruña), pois alugamos unhas habitacións para o día antes. Falo en plural, porque a expedición estaba composta por Roberto Vázquez, David Alonso e Jose Díaz "Bautista".

Saímos despois de comer dende A Coruña un par deles, con destino Betanzos para ir todos nun mesmo vehículo e compartir gastos. A viaxe, pois xa vos podedes imaxinar do que falamos. Siii, de carreiras e calendarios (que se lle vai facer, o vicio é o que ten). Non recordo cantas horas foron de viaxe, pero foron "un lote". Ao chegar, xa nos diriximos a hospedaxe. Un par de habitacións, e na que tiñamos nós, unha cama de matrimonio tuuu. Tranquilos, cada un dormeu para un lado.

Apresurámonos para ir a recoller o dorsal e ver un pouco a saída do día seguinte. Todo estaba perfectamente ambientado, aínda que non había moita xente a esas horas. Volta para a hospedaxe, onde cada un, nas súas respectivas habitacións, puxémonos a cear e preparar a mochila e roupa para o día seguinte. Ah, e deixar preparado o almorzo, xa que nos íamos levantar para a faena sobre as 6 da mañá.

Eu durmín mellor do esperado para durmir fora da casa e cun tipo ao meu lado, todo ai que dicilo. Almorzo, vertirse, baño e cando nos damos conta xa temos que marchar para a saída. Alí chegamos sobre das 7:45h e oh sorpresa de nós, xa estaba prácticamente todo o mundo da liña de saída, polo que collemos o vagón de cola. Sairíamos cunhas 500 ou 550 persoas por diante. 

Aínda que había fresco (caeu unha xiada que nin dios), o ceo estaba azul, polo que en breve esperábamos que quendase algo o sol. 


SAÍDA

Ás 8 en punto dase a saída, e desexámonos sorte os 4. Cada un xa se buscou a vida como puido. Na primeira curva, (xa non sei nada dos outros 3) vexo a marabunda de xente que levamos por diante ata onde alcanzan os ollos, mais o percorrido vai polas rúas da vila e podemos adiantar fácilmente.

Ven a primiera costa arriba aínda polas rúas da vila e por alí xa coincido con algúns Coutadas, que viñeron en manada a Abutres. Un par de saúdos e tira cara adiante. O ritmo que levo é constante, non é que eu presione, senón que nas costas a xente reduce e eu seguía ao mesmo ritmo. 

Recordo o paso por unha aula da natureza con cabras de todo tipo e 3 linces ibéricos todos tranquilos mirando cara nós dende un tellado. Vaia chulada de animais. 

Como era de esperar, saíndo xa da vila de Miranda do Corvo, coincido con outros cuantos Coutadas (ían en grupo, debía ser que tiñan medo a que lles "zoscasen" os portugueses). Cun "arrechegádevos a un lado que vos paso por enriba" entenderon perfectamente que quería pasar, e así foi. 


Bueno, pois aló polo km11, vexo ao lonxe ao meu compañeiro Roberto e un pouco por detrás del ao "rizitos de ouro" do trail galego. A figura do "rizitos" é inconfundible entre tanto atleta. Ao chegar a Iván Montes (si, este é o rizitos de ouro) saeume da alma preguntarlle "qué, de turismo??", porque non é normal atopar con él nunha carreira, xa que soe ir nos postos de cabeza, mais nesta ocasión, só lle faltaba unha cámara Canon para parecerse máis a un turista nipón perdido por Portugal.

Bueno, a conversación foi breve que isto aínda comezaba. Pouco a pouco foi quedando atrás e eu pouco a pouco funme achegando a Roberto. Con él fixen dende o km12 ata o primeiro avituallamento (km16.8). Neste tramo, fomos quen de coller a outros dous do trail galego, que non son outros que a Jose Bautista e a Kike Coutadas (si, outro máis, parecían unha plaga). Dounos tempo de falar entre algunha que outra respiración, pero creo que Kike tamén se quedou no primeiro avituallamento, mentre eu seguín con Bautista. 

Tocaba unha longa subida ao que sería o pico máis alto da carreira e despois dun tira e afloxa entre ambos, fun collendo distancia e xa non volvín a velo. 

Dicir que, despois de sair de Mirando do Corvo e adentrarse na serra ou no monte, a beleza da carreira invitaba a desfrutar dela. E nesa subida na que vos deixei, pouco a pouco ía adiantando corredores e corredoras, recordo unha en especial Ercília Machado, unha importante atleta portuguesa e un pouco máis tarde, antes de chegar á cima, vexo ao lonxe outra figura e cores inconfundibles, que son os de Gemma Arenas, á que lle dou caza nada máis coroar o pico. Ía acompañada por Agustín Luján.

Non sei se era pola emoción de pasar a Gemma, indicativo que xa estaba chegando aos postos dianteiros (dígase top30, que era o obxectivo), ou que me pasara coa cafeína e esta estaba facendo o seu efecto. O caso é que disfrutei esa fermosa baixada cruzando decenas de pontes de madeira e saltando de pedra en pedra por ese fermosísimo sendeiro.

E chego á Senhora da Piedade, avituallamento 2 (km 28,2), onde fago unha breve parada para comer algo de froita e encher de auga. Nada máis sair, ven unha das zonas máis famosas desta carreira, que son as escaleiras que, este ano, non estaban ataigadas de xente pola pandemia, pero sí son moi emocionantes e bonitas. Ao sair de aquí, tiven un pequeno erro ao seguir ao corredor que ía diante miña. Menos mal que unha das voluntarias se percatou que estábamos fora do percorrido e nos mandou retroceder ata atopar de novo o mesmo. Aínda que o compañeiro se queixou, o percorrido estaba perfectamente marcado.

Unha forte pendiente tocaba agora e o percorrido comezaba a parecérseme ao Courel galego. Houbo que trepar varias veces e había axuda de cables nas rocas para poder continuar. O percorrido facíase lento e duro, pero moi moi bonito. O río marcaba a nosa dirección e entre a natureza aparecían unha e outra fervenza. Por fin chega unha baixada por pista de zahorra, que me deixa ver ao lonxe un par de atletas. Eu seguía coma un martelo, a ritmo constante. Polo de agora non sentín ningún signo de flaqueza e iso gustábame.

Voltábamos a subir outro monte que parecía sacado dun libro de hadas e de súpeto, aparezo nunha fermosa aldea abandonada (Cadaval Cimeiro-Aldeias do Xisto). Non tardo en chegar ao avituallamento 3 de Posto Vigia (km35.1) e así finalizar o que para min era a segunda subida importante da carreira. Aínda que había outra máis, era importante chegar aquí con forzas e así era.

Algo de froita e auga e tirar cara abaixo. Un descenso por pista rota no que intentei non pasarme porque aínda quedaba un bo tramo de carreira e de repente, entro noutro bosque precioso no que gozo baixando por él, que chulada. Todo pintaba ben. Ata o de agora, o único que fixen foi ir a ritmo constante e adiantando corredores e corredoras e, creo que vou dentro do top30. 

Non tardo en chegar a outro dos puntos destacados ca carreira, a aldea de Gondramaz, unha fermosa aldea reabilitada na que estaba o último avituallamento e dende aquí era todo para abaixo ata meta. Fago o mesmo que nos outros avituallamentos, un anaco de plátano, outro de laranxa e outro de membrillo, que por aquí lle chaman marmelada. Este foi máis rápido que os anteriores.

Xa sólo restan 9km a meta. Pero as pernas comezan a estar cansas, como é normal. O planificado seguía perdurando, así que imos seguir co "acordado".  

Saíndo de Gondramaz, adianto a Luiz Mota, un veterano corredor portugués que teño que nombrar. Pouco a pouco, vou sacándolle distancia ata o punto de perdelo de vista por detrás miña. Vou restando km e xa prácticamente no tramo final, en zona chan, nas famosas lameiras, que este ano non foron para tanto porque non choveu dende hai tempo, fago o espagar e cando quero rectificar, acalambro dos dous aductores. Durante un bo anaco penso que non pode ser que a 4km de meta me suceda iso. A dor é case inaguantable pero intento andar e que se me relaxen os aductores. Pouco a pouco noto como van calmando, momento no que chega de novo Luiz Mota. Intento engancharme a él pero é soamente durante medio minuto, posto que teño medo que isto volva suceder, polo que o deixo ir e concéntrome en pisar sempre en paralelo para que os aductores traballen o menos posible. Por fin chegamos ao asfalto, restan 2km a meta. Decido poñer de novo un ritmo alegre e non facer sufrir ao aductores que pouco a pouco volven a realizar a súa función. Luiz está cerca, pero quizáis é tontería ir a por ese posto, xa que él pode gardar algo de forzas e darme macheta en canto chegue de novo a él.

Nunha gran recta antes de virar á meta, miro cara atrás e non vexo rastro do meu perseguidor. Isto está feito. Comezo a pensar que fixen unha moi boa carreira, xa que por detrás veñen grandes corredores e corredoras. Acórdome dos meus compañeiros Roberto, Jose Bautista e David Alonso, de Iván Montes e de Kike. Fixen unha gran carreira. Xa estou dando a volta ao recinto feiral para entrar triunfal na meta de Trilhos de Abutres, cunha sorrisa de orella a orella. 

Volvo pensar, vaia carreirón que acabo de facer. Alí escoito o meu nome entre o público e non era outra que a parella de Iván Montes. Dame a noraboa e a noticia de que entraron moi poucos a meta. Despois de charlar un anaco, vou ao avituallamento final. Necesito comer algo.

Neste camiño de ida, vexo unha gran pantalla na que aparece o meu nome FRANCISCO VARELA (en Portugal poñen o segundo apelido), o tempo e a clasificación:

FRANCISCO VARELA

5:37:48 h

13º xeral - 2º M45


A miña alegría multiplícase por 5. Dentro do top15 co nivel que había, espectacular.

Os fisios non teñen case traballo e decido pasar por alí antes de que se me cole alguén. Fisio, comer e beber para recuperar e pouco a pouco van chegando os compañeiros de viaxe. Sigo nas nubes...

Cando estamos todos imos ducharnos e a comer algo que ben o merecemos. E por suposto, imos esperar á entrega de premios. 

Dicir que estaba programada para as 17h, pero retrasouse de carallo. As 18:30h marchamos a fume de carozo de volta para Galicia. 

A odisea non rematou aquí, xa que cando arrancábamos de Betanzos cara A Coruña, reventamos unha roda contra unha beirarrúa, polo que houbo que esperar pola grúa e o taxi, pero esta xa é outra historia.

O dito, moi moi contento co resultado e coas sensacións.


DATOS

⏲ 5:37:48 h.
🏆 13º general (2º M45)

💓 141 ppm
💧 5 tailwind + 1 litro agua
🍬 2 gel 226ers
🍉🍌🍊 avituallamientos

👟 sense ride 4 salomon


#Alaaa