Os medos dilúense
coa primeira zancada
Ás 4:45 horas da mañá toca o despertador. Si, xa sei o que estades pensando... pero esto é unha tolemia (como calquer outra, que lle imos facer 😊).
Ata Mondaríz son 2 horas e non puiden ir durmir aló, así que fixen un pequeno esforzo de 5 segundos, os 5 segundos que me dura apagar o despertador.
Un almorzo rápido e estrada dirección a Mondaríz. O calor xa comeza a avisar pola ponte de Rande, onde ás 6:50h xa marcaba 21ºC o termómetro do coche.
Chegamos con tempo a Mondaríz, recollida de dorsal e saudar ás e aos "taraos" estes que lles apaixona este deporte.
SAÍDA:
Non sei o motivo, pero hoxe saio diante de todo, ao frente. E iso que non as teño todas comigo. Despois do circuito ultra de Quiroga, saín ao monte un día con Diego Couto, un día de ximnasio e o venres un pequeno trote ata o Dique de abrigo da Coruña e uns exercicios de mobilidade.
Eu voulle dando. Os primeiros km son planos á beira do río. Comezan a facerlle pequenos grupos. Por diante vexo a Martín Chuvoners, Pachita e Michel Araujo (todos do ultra). Distingo tamén a Aroa Sío e Kike Coutadas (maratón), e moito máis adiante vai Iván Sangiao que rompeu a carreira nada máis saír. Hai máis corredores, pero recordo destes que comento.
Cando a cousa comeza a porse cara arriba, vou adiantando algúns corredores. Imos quedando un pequeno grupo de corredores que compartiremos varios km (Kike, Araujo, Pachita, Antonio Toucedo do Xesteiras e Aroa que se descolga pouco a pouco). Por diante aínda seguen algúns.
O percorrido é por zonas moi rápido e por outras, fortes subidas. Os sendeiros polos que pasa molan. Sobre o km 9 collemos a Iván Sangiao que parece que ten algún problema. Vaise quedando uns metros atrás. Comeza unha forte subida antes do avituallamento do km19. Pouco a pouco comeza haber uns metros de difereza entre nós e o que finalmente sae mal parado é Pachita que parece que se queda.
No avituallamento de Cotodeira (km19) o máis rápido e Kike, que colle distancia e despois Antonio do Xesteiras. Eu vou tranquilo. As distancias entre nós os tres xa son, diría, de 100m entre uns e outros. En cabeza vai alguén que non sabemos quen é (o máis pillo de todos). Nunha destas, torzo un nocello e súbeseme o xemelgo da outra perna. Pasa Araujo e comenta que Pachita parece que se retira. Bueno, eu sigo ao meu, intentando recuperarme de ambas pernas e intentando hidratarme. Aínda quedan 2/3 de carreira.
Avituallamento Caxil (km26). Durante a baixada a este avit. pásame de novo Iván Cagiao. Ven forte. Un pouco antes de chegar ao avituallamento volvo torcer un nocello e súbeseme de novo o outro xemelgo. Parece que as dúas pernas se puxeron dacordo 🙆. Ao chegar a Caxil atópome con Iván e Antonio. Durante todo o percorrido que levamos, fomos intercambiándonos posicións e aí seguimos, os tres nun pano. Fago un avituallamento rápido e saio con eles. A estas alturas, non hai rastro do que vai primeiro (que aínda non sei quen é), nin de Kike. A terceira posición parece que será cousa de nolos 3.
Comeza unha forte subida. Pouco a pouco vou collendo algo de vantaxe. A subida é moi dura. Ao chegar arriba (sobre o km28-29) comeza unha baixada na que comezo a pensar que me volverá a coller Iván. Antonio xa parece que vai a menos.
Neste último tramo de carreira, parece que me sinto con forzas, polo que apuro o ritmo. Comezo a pensar en que este ritmo é bo e vou pensando en coller aos de adiante, ata que me dín que o corredor máis cercano está a 7 minutos, polo que xa é imposible acercarse a él cos poucos km que quedan para meta. Aínda así, sigo con ese ritmo, agora xa, pensando en que non me collan os que veñen por detrás.
Chego ben ao avituallamento de Furafollas (km 35), onde comeza haber "tráfico" de atletas das outras distancias. O percorrido é moi chulo por esta zona e disfruto por este sendeiro.
E chegamos á derradeira subida, un sendeiro por debaixo da liña eléctrica. Dende aquí abaixo pódese ver decenas de corredores subindo. Non distingo a ningún da distancia maratón, polo que intúo que van físicamente ben. Por detrás tampouco vexo a ninguén, polo que do que se trata é aguantar ata meta.
E así é como chego a meta, con bo ritmo e cunha sorrisa de orella a orella. Por fin me "chivan" quen foi o campión, David Rodríguez Gil do Xesteiras, que nin o vin en toda a carreira 😂.
E non quero pasar por alto o post-carreira, coma sempre a parte máis chula de todo evento (se non te mancas claro 😂).
Pódium absoluto maratón |
No hay comentarios:
Publicar un comentario