Chegamos ao Concello de Mugardos
vistas novas, sendeiros novos
Primeira vez que corría este trail por terras de Mugardos e Ares. A mañá amanece con choiva, co cal habería barro. Sin saber moi ben cómo podían ser esos 21 km, ía coa ilusión de facelo o mellor posible, coa mente na semana seguinte, no Campionato Galego de Raids de Orientación.
Cunha dor de garganta e moita tos dende principios de mes, o"ou curo ou reviento". Chegamos pois á entrega de dorsais cun bo chuvasco e dentro dun mosteiro que me deixou impresionado. Alegría por ver a amigos e coñecidos que aman este tipo de deportes, ahí estiven de palique ata xusto o pistoletazo de saída.
Neste intre xa collera os recortes para saber cómo podía ser o transcurso de trail, e aló fomos. Saíamos cun medio quilómetro que ía picado cara arriba, onde collemos o lugar que cría podía ser o meu a esas alturas. Creo que aquí, xa se acabou o gardar para a semana seguinte. A pista fíxose sendeiro que baixaba vertixinosamente cara un pequeno faro. Sen mirar atrás, soamente vía a tres galgos ou lebres ou calquer animal escurridizo que poidades pensar, eran "os tres de sempre".
De repente, unha forte subida por un carreiro ponme ás máximas pulsacións e non tardei en poñerme a andar se quero sair vivo de ahí abaixo e do trail. Nese momento podo votar unha vista atrás e, sorpresa de min, vexo soamente a dous corredores que lle levo unha boa distancia, o resto do trail, aínda non se ven. "Coñooo, me he pasao!!" pensei, posto que non levábamos aínda un quilómetro e estaba no grupo de cabeza, ese que non me correspondía se quería chegar en condicións á meta.
Menos mal que esto dos trails tes todo tipo de desniveis e chegou o momento de baixar. Recordo pasar polo km 2, xa en asfalto e ver como pouco a pouco "os tres de sempre" se van alonxando, alonxando, alonxando e por atrás comezo a notar a presión dun dos corredores.. Foi no primeiro avituallamento onde, collendo un vaso de auga, me despisto e vou por un carreiro que non é, e cando a organización me avisa, pásame o "quinto de abordo".
Aínda que nas baixadas técnicas no que parecen unhas antigas galerías militares, baixo moito mellor que él, leva un ritmo no resto dos trazados que vale a pena non seguilo. Por detrás de min, parece que non hai signos de vida do resto dos participantes. Cando o trail se pon costa abaixo, acércome a él, cando o trail se pon costa arriba escapa coma un corzo.
Chegan tramos entre bosque autóctono que cambia de ambiente e sobre todo que disfruto entre as follas de castiñeiros. Non tardo en atoparme co bucle dos do percorrido curto que amablemente me deixan paso. O "quinto de abordo" (que xa era cuarto), aínda se ve ao fondo, pero xa é imposible chegar a él.
Cando me dou conta xa imos polo km 18, polo que toca aguantar a posición na que estou. En nada chego á estrada pola que chegamos nos coches pola mañá. Alí tiña ao mellor dos aliados, o fillo de Felipe que me deu tempos e que me alentou ata meta, entrando conmigo.
Un 5º posto que sabe de novo a gloria, nun día perfecto para a práctica de deportes na naturaleza.
Agora tocaba ducha e picoteo.
O das duchas foi algo que me sorprendeu (os que participaron saben do que falo), pero que despois vin que era a cousa máis normal do mundo. Claro que hai xente "máis tímida" que se sinte mal nese aspecto, e quizáis non lles guste moito (para gustos). Ducha, cervexa e parloteo coas mellores xogadas con amigos, coñecidos e futuros coñecidos.
A entrega de trofeos e os pinchos finais, non deixan a ninguén indiferente nese paraxe e nese atrio.
Sen dúbida desfruteino moito e paseino xenial. Unha zona que non coñecía e que, como moitas outras de Galicia, non deixan de sorprenderme.
E por si fora pouco, aínda non quedaba outra das atraccións do trail, que foi á hora de sacar os coches do aparcadoiro. Unha pequena subida de non máis de 5 metros converteuse nunha atracción, gracias á pouca choiva que caeu durante a noite. Nós non tivemos problema, pero aínda nos votamos unhas risas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario