Rematou mellor do esperado.
Ainda que os adestramentos puideron ser mellores semanas antes, a vida ten imprevistos e contra eles nada podemos facer, nada máis que intentar mitigalos.
Chegaba a este ultra, marcado no calendario, cunha semana de sobrecarga na perna dereita. Unha vez pasado polo fisio, ía chegar xustiño. E así foi, o venres as dores foron a menos.
Venres ao mediodía arrancamos para Seoane do Courel, punto neurálxico da carreira. Saímos máis tarde do previsto e cun tempo desagradable, pero con gañas de pasar un día completo polas fermosas montañas do Courel.
Por fin chegamos, non sen antes parar en Pedrafita mercar nos establecementos locais. Alí uns avitualláronse máis que outros. Á chegada, saudos, recollida de dorsais e búsqueda de lugar con cobertura para, alomenos, facer unha chamada para saber ónde estaba a casa rural onde ía durmir.
Cea e pernocta en Casa Caselo de Paderne, unha vez feito o zafarrancho de combate na habitación. Roupa a levar na carreira, mochila para o km 40 e colocación da comida propia na mochila.
Ás 5:30 horas en pé para almorzar. Moi amable a señora da casa, levantándose para facernos o almorzo. Todo casero, calidade e recomendable.
Ahí comezaba a aventura. Por diante quedaban 80 km con case 12.000 metros de desnivel acumulado.
No primeiro quilómetro, que xa picaba cara arriba, xa se veía quenes eran os galos que ían batallar polo premio gordo. No meu caso estaba alí para rematar a carreira, que xa era moito, vendo cómo estaba o tempo e o que chovera durante toda a noite.
Pasado Paderne (km 6), tocaba a primeira gran subida do día, O pelotón xa había quilómetros que se desfixera e cada un sabía xa o trote que tiña que levar para conseguir rematar o ultra.
Saín algo conservador e atopeime con 2 grupos de corredores que, na subida, ían a un ritmo que non me conviña, posto que me cargaba moito as pernas de ir tan amodo. Cando se puido, adiantamos.
En 2 horas clavadas, pasaba por Mercurín, despois de adiantar varios corredores nas pistas. O percorrido está sendo moi bonito e nalgúns tramos, espectacular.
En nada pasamos por Ferreira Vella e entramos ás beiras do río Lor. En todo momento vou controlando as pulsacións e sobre todo, comer e beber según o estipulado.
Comezo a subida cara Sobredo. Levo ahí 24 km en 3 horas e cuarto. Fago contas que levo xa 1/4 do ultra feito e as sensacións son boas.
Aínda que só levo 3 horas de carreira, xa hai tempo que non coincido con ninguén, polo que espero con ansia algún avituallamento ou aldea onde ver xente.
Dende Sobredo, haberá outros 5 km ata voltar á beira do río Lor, lugar onde parece que se vai "plano" durante algún km, polo que descansaría algo a musculatura e sobre todo as articulacións.
Xa hai tempo que vou empapado de auga, pero sen pasar frío, polo que vou ben nese aspecto. En 6 km aproximadamente debería chegar a Seoane, onde me esperaba a mochila para cambiarme e un avituallamento. Neste momento, nunha gruta oscura, cunha sinal de Perigo, atopo dentro a un tinerfeño que pensei ao principio que era alguén da organización. Estaba morto de frío e esperando a ver alguén. Ía retirarse, pero ahí non podía e pediume se me podía acompañar ata o km 40. De ritmo ía perfecto, pero non era capaz de entrar en calor, polo que o seu ultra finalizou cando chegamos a Seoane.
Ahí fixen un cambio de calcetíns e das prendas superiores. As mallas decidín non cambialas, posto que funcionaron ben. Aquí recibín o alento de varias persoas que me coñecían, que despois de 5 horas e media, agradecíanse. Comín algo e ... perdín moito tempo. Adiantáronme cousa de 7-8 corredores. Entre eles, un tal José, que aparecerá máis adiante nestas liñas.
Esa perda de tempo, tería unha parte boa, recuperar o corpo, descansar o corazón e os pulmóns, comer algo distinto e relaxar as pernas o pouco que podía.
Aló saín do avituallamento coa sensación de que ía rematar o ultra trail si ou si, aínda que por diante nos esperaba o peor, o temido Penaboa e algún "irmá" que non lle recordo o nome. As condicións climatolóxicas non cambiaron, choiva, choiva e máis choiva, camiños de barro e moita auga no chan.
A saída de Seoane faise terrible, uns desniveis e unha lameira que me fan ir moi concentrado e mirando onde pisar e onde agarrarse para subir. Alcanzo a un corredor que vai un paso para arriba e dous para abaixo. Un quilómetro despois consigo enlazar cun grupo de 3 corredores, onde está José, una rapaz que coñecín no trail do Castelo de Quiroga, pernencente ao Club Atletismo Sada (CAS). Imos pouco a pouco subindo e subindo, ata que o grupo se vai estirando. A subida é matadora, pero logo comezamos a baixar, polo que o grupo volve a xuntarse. Eu non sei moi ben o que podía quedar do Penaboa, pero sacoume de dudas un dos acompañantes. Aínda non comezaramos a subilo. Sinalou co seu dedo aló arriba, ao lonxe. Non o podía crer. Pero se ese pico estaba a "tomar por culo" e case me escarallo da nuca dándolle a cabeza para atrás, para ver ónde quedaba o pico ese. Chegamos ao avituallamento de Ferreirós de Arriba que marcaba o inicio da subía ao temible Penaboa. Os dous corredores "non identificados" xa comezaran a subir mentres nós estabamos de leria e comendo algo (xente simpática a dos avituallamentos). Despois dun tempo subindo e subindo, non tardamos en coller de novo aos dous corredores. Hai un lixeiro descanso onde podemos ver o impresionante que é o Penaboa. Aló ao lonxe víase gatear a un atleta que non eramos capaces de saber a qué distancia podía estar, pola magnitude da imaxe na retina. E isto, hai que tomalo con paciencia e con constancia. E así se fixo. As conversas con Jose fixeron máis amena a subida e cando nos demos conta, sacábamos uns 80 metros aos outros dous do grupo.
Por fin chegamos ao mirador. Aínda que había outra pequena subida, esta xa era por pista e dou para desentumecer as pernas. E todo o que subimos, había que baixalo. Unha baixada por veces moi perigosa, moita pedra. Jose non baixaba moi ben, pero era unha boa compañía. En nada, pasounos un dos corredores. Nin un saúdo nos dou, e despois duns minutos, pasou o outro coma unha centella. Nin un ánimo nos dou tampouco. Finalizamos a baixada. O gps marcábame 60 km. Levo 3/4 de ultra e 8 horas e media. Aínda que esto pode dar moitas voltas, as cousas seguían pintando ben.
Por fin chegamos ao mirador. Aínda que había outra pequena subida, esta xa era por pista e dou para desentumecer as pernas. E todo o que subimos, había que baixalo. Unha baixada por veces moi perigosa, moita pedra. Jose non baixaba moi ben, pero era unha boa compañía. En nada, pasounos un dos corredores. Nin un saúdo nos dou, e despois duns minutos, pasou o outro coma unha centella. Nin un ánimo nos dou tampouco. Finalizamos a baixada. O gps marcábame 60 km. Levo 3/4 de ultra e 8 horas e media. Aínda que esto pode dar moitas voltas, as cousas seguían pintando ben.
Pero teño que dicir que a partir de aquí, entre a choiva, o cansancio, as dores da carreira, ... o cúmulo completo, fixo que non comera como tiña disposto, aínda que de beber si me acordaba e de poñer o chuvasqueiro cando o precisaba tamén. Esto fixo que tivese subidas e baixadas de ritmo, acorde á enerxía que tiña o corpo, polo que a axuda anímica de Jose fixo que seguise para adiante con bo ritmo. Cando non tiraba un, tiraba o outro.
Recordo que no avituallamento de Moreda, volvemos a coincidir con un dos "do grupo" e que nos adiantou outro corredor que non víramos durante toda a carreira. Saíndo de Moreda, demos conta do "do grupo", que pouco a pouco se foi quedando. E aló polo km 80 do reloxio, atopamos de novo ao corredor que nos adiantara no avituallamento. Caéuselle a moral ao chan cando lle dixemos que quedaban sobre 8 km. Neste tramo Jose vai tirando de mín e, aínda que vou mal do estómago, continuamos con ritmo.
Ás 12 horas de carreira, atopamos a un portugués estirando e collendo aire. Acóplase a nós pero por pouco tempo. O ritmo que levamos é imparable e non é capaz de seguilo. Xa estamos moi cerca da meta. Os últimos 4 km a 6.40 min/km de media. Chegamos felices e contentos. Conseguimos o reto.
O gps marcou 86.6 km en 12:18:00 horas.
Un placer Jose, unha gran carreira. 8º clasificados na xeral.
clasificación xeral |
campións por categorías |
No hay comentarios:
Publicar un comentario