"Fun con poucas ganas, case que podería dicir,
por comprisimo"
Ía ser un máis dos raids e aventuras que levo feito este ano. Un máis no día do meu cumpreanos (que é coma un día calquera pero no que as amigas e amigos felicítante, por ser un ano máis vello). Case que diría xa, na baixada no estado de forma físico e mental. Fun con poucas ganas, case que podería dicir, por comprisimo, posto que me comprometera hai tempo a participar cos meus compañeiros Ana Varela e Diego Lanchiñas. Coa cabeza pensando noutras cousas, chegamos a Camariñas coa intención de pasalo ben e coñecer este anaco da Costa da Morte.
"O de pasalo ben, pasou a ser competición pura e dura
pasados os 40 primeiros minutos do raid".
SECCIÓN 1: ORI-URBANA. Sería por compromiso?? , sería porque era na Costa da Morte ??, sería porque tiña gañas de marchar antes de comezar??. A orientación urbana, saiu máis mal que ben, sendo fácil como creíamos que era, tivemos varios erros de nenos.
SECCIÓN 2: TREKKING: O caso foi que pasada á praia de Lago, e antes de chegar a unha baliza que había nun muro, a cabeza dou unha volta e decidín impoñer un ritmo máis forte, posto que parecía que andabamos moi cómodos. Collemos pois a goma e puxémonos a tirar (era a primeira vez que o facíamos e a verdade, non foi gran cousa), pero serviu para impoñer un ritmo máis vivo. Nesta segunda sección de trekking, o campo aberto cara Cabo Vilán, déixanos ver aos equipos que perseguimos, o cal me chama a atención que indo moi cómodos, vaiamos aí. E vendo tamén cómo ese grupete de equipos, se pasa o cruce idóneo para coller a baliza. Debe ser que a zona a coñezo un pouco máis que eles, gracias á ruta "Camiño dos Faros", polo que non teño duda de que collo o camiño correcto. O ritmo debe ser bastante vivo, posto que Ana comeza a pedir "papas". Ahí comeza o traballo de equipo. E coma sempre, a quén lle toca axudar aos compañeiros??? ... Non, a min non. A min non me miredes, que eu levo o mapa para orientar. Diego Lanchiñas, unha vez máis será o encargado de facer de "sherpa" dos humanos (e ben contento que o fai).
Finalizada esta sección de trekking, entramos na SECCIÓN 3: BTT. Saída dende Camariñas e cambio de sección en Camelle. Un percorrido lineal no que poñemos un ritmo moi bo e no que pasado o cementerio dos Ingleses, teño un pequeno baixón de enerxía, que fai que o que pida papas agora sexa eu. A cousa pasa en pouco tempo e imos pasando polos puntos de control de forma precisa. Incluso trazamos rumbo nunha das balizas monte a través caendo xusto nela. Imos compaxinándonos ben como equipo ata a chegada a Camelle. Alí vemos poucas bicicletas, esto dinos que imos na parte dianteira.
Saímos a esta SECCIÓN 4: TREKKING polos montes de Camelle. Mirando o mapa, vexo que o imos facer moi ben se as forzas nos deixan. E así foi. Algún pequeno erro pola confianza, pero nada grande.
Chegada de novo ao punto de cambio de sección, toca comer algo. Foi menos do esperado, xa que nos damos conta que imos 5^ e acabamos de ver ao 4^ sair en btt. Arrancando, que tampouco temos que comer coma nunha festa.
SECCIÓN 5: BTT. Con tramos moi duros pero tamén con tramos moi moi rápidos. Non foi nada mal.
SECCIÓN 6: KAIAK - BTT. Sabemos que imos 5^, e sabemos tamén que só se realizará un tramo do kaiak e que continuaremos cun percorrido Btt ata a meta, polo que o mellor é conservar ese posto se podemos. Aínda que remamos coma dous borrachos (a piragua non se mantiña dereita nin querendo) tíñamos a suficiente ventaxa como para poder conservar dito posto. E así foi. A min costoume sair da piragua, con calambres nas pernas, pero unha vez enriba da bicicleta desapareceron. Chegamos a Camariñas, chegamos á meta. Sabemos que, como mínimo, temos o 5^ posto, posto que pasamos por todas as balizas. Agora toca ducha (por fin en auga quente, é o que ten chegar entre os primeiros) e despois unhas birras, que disque son moi hidratantes. Esperamos, como debe ser, á entrega de trofeos e despois deleitámonos cuns ricos pinchos de confraternidade, postos polo Concello de Camariñas e Conservas Boya. Ricos, ricos.
Conclusións finais: fixemos un raid moi bo, cunha boa orientación e un bo ritmo. O raid foi moi moi rápido. Tíñamos un equipo igualado. 5* posto en categoría Élite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario