martes, 6 de mayo de 2025

CAMOVI 25 (28.04.2025)

 E volvemos

a Viveiro


Xa estivera no 2021, nesa edición o calor foi extremo. Este ano íamos co obxectivo de baixar ese tempo, aínda que ía con moi pouco volume e moi pouco de todo. 

As 5.00 horas levanteime para ducharnos e almorzar. Logo veu a vestimenta e arrancando para Viveiro. 

Este ano traía unha novidade, tería a Iván Domínguez como "asistencia" para 3 avituallamentos. Moitísimas grazas polo gran traballo e pola experiencia. Hai que facemos máis a miudo. É outra historia.

Ao chegar a Viveiro, véxome no aparcadoiro con Moncho, Manu Ramos e Iván.

Recollida urxente de dorsal e xa para a liña de saída. Non deu tempo nin a quentar, pero xa teríamos tempo de quencer nos primeiros quilómetros.


SAÍDA:

Según o establecido, saín moi moi amodo, sen presión. Por certo, con bastóns, xa que non viña eu moi convencido do ritmo e do sufrimento que ía ter durante a carreira. 

Chegou o primeiro cortalumes. Aquí e saíndo dende atrás, sabía que ía subir postos, e así foi, pouco a pouco avanzaba polo cortalumes e avanzaba en posicións. Atopei polo camiño a Ces do Tribu Trail co que aínda intercambiamos algunhas verbas.

Ao final do cortalumes, atopo a Jaime Lopez Basanta, xa respirábamos coma se se acabase o mundo, pero saímos desta...

Baixando xa o fun deixando e pouco a pouco ía collendo corredores sen moito esforzo.

E cando me din conta, xa estaba no avituallamento 1 (km10) en 1.09  horas, como tiñamos previsto e  onde me agardaba Iván con dous softs de Tailwind preparados. Foi un visto e non visto. O ritmo que levaba era moi cómodo e sentíame ben.

Comezábamos aquí, a segunda subida da xornada. Seguía dándoseme ben, pero ocorreu o que non quería que ocorrese. Entre o km15 e km17, nun lugar cheo de fochancas con moita auga e todo embarrado, clavo os pes por completo. Nada fora do normal nun trail, pero comezo a sentir nos talóns como se fosen pedriñas. Paro e saco o calzado e vexo que o que me molesta é ese barro e que non teño ningunha pedriña. Continuo pois, cara a Capela de Monte Castelo (a segunda cota do día), pero as sensacións comezan a ser malas. Noto unha gran boza no talón dereito e o esquerdo tampouco é que vai moi aló. E comezo a baixar o Via Crucis, e aquí xa noto que non podo pisar nos talóns, polo que cambio o chip inmediatamente. Aínda non cheguei á metade da carreira e xa imos jodidos con algo que non esperaba. 


Por un lado, sentíame moi ben, pois acababa de coller a José Angel Díaz Bautista e a Diego Seoane, do Brutanzos, que non son mancos, pero por outro, sabía que rematar ía ser unha aventura. 

Na baixada do Via Crucis, Diego baixa coma un foguete e Jose, pois non é o seu forte e fun capaz de non perder posición con él, aínda que sabía que era ficticia. 

E así fun indo, ata chegar ao Naseiro km24.7, onde me esperaba Iván Dominguez cos dous softs de Tailwind preparados e o petardo que sabía que me ía facer falta... Tempo: 2.28 horas, no tempo establecido con Iván. Estaba algo contrariado, pois baixando como o estaba facendo (parecía que ía rompendo ovos), fun capaz de levar o ritmo establecido.

O Naseiro estaba cheo de xente animando, pois comezaba algunha das outras carreiras e era onde se facía o cambio de persoa nos equipos mixtos.

 Saín de aí, tranquilo, pois o obxectivo agora era chegar a meta.

Tocaba pois, a penúltima parte, do km25 ao km33. Nesta parte do percorrido, recordo que Bautista e algún outro corredor foi capaz de adiantarme e collerme distancia, pero nos últimos quilómetros deste tramo, recortei 3 posicións e foi no propio avituallamento onde volvín adiantar a Bautista e poñerme diante doutro corredor que fomos intercambiando posición durante un bo anaco. 

A Iván xa lle dicía que estaba moi jodido, pero non son eu de tirar a toalla, sabendo que me quedaban 10 km e que ía en boa posición para puntuar na Copa Galega da Federación de Montaña

Último tramo, dende este km33 ata meta. O de volver a meternos nas fochancas despois deste avituallamento non o entendín. Dos 3 que íamos no grupo, fun o máis avispado e fun saltando de herba en herba, para non afundirme nese barro. E pouco a pouco fun deixando atrás aos compañeiros de paseo.

Non me daba chegado a hora de verme no Penedo e saber que só quedaba a baixa (jodida ao estar como eu estaba), pero precisaba rematar canto antes. 

E nun tramo cunha forte subida antes de chegar aos eólicos, vexo ao lonxe a silueta de Manu Ramos. Esto deume un pouco de vida xa que, si Manu vai aí diante, tampouco debo ir tan mal de ritmo...

E por fin, o km38, só queda subir ás antenas do Penedo e sufrir baixando para a meta de Viveiro.



Directo a meta. Dende o Penedo mirei cara atrás e vin que a distancia cos perseguidores, podía ser suficiente, polo que, aínda que non me durmín, intentei ir no límite do sufrimento dos meus talóns. Por certo, íame queixando e murmurando eu só, coma un tolo, pero parecía que me relaxaba e que ía máis a gusto... 

E non tardei en ver Viveiro ao fondo e entrar pola porta que marca a chegada inminente a meta. Por fin.
 

A satisfacción de chegar a meta veuse apartada polo sufrimento dos meus pes, pero tamén lle botei unha ollada ao relóxio e marcaba, 8 minutos menos que no 2021. Manda carallo, como é esto dos trails e das carreiras. A veces, non hai quen o entenda. Como podía ser que tivese que baixar en puntillas case toda a carreira, cun ritmo desastroso e sen embargo, fun capaz de sacarlle 8 minutos ao crono do 2021?

Que alguén mo explique.

Ducha? Aquí é onde vin a desfeita dos meus talóns e non entender como puiden correr cos pés así máis da metade da carreira



DATOS:


🏃 42.5 km

📈 2600+

⏱️ 4.42.49h

💚139

🏆 2º vet. B (22º absoluto)


SENSACIÓNS:

🎯 Cumprido.

Creo que lín moi ben a carreira e o ritmo que tiña que levar en todo momento. Cando chegou o percance, fun quen de mentalizarme do que había que facer. Máis que satisfeito.


ALIMENTACIÓN:

⛽💦 7* 500ml Endurance Fuel Tailwind


Saída: 1 MelonLime

km10.5: 1 MelonLime + 1 Limón + guayaba

km 24.7: 1 MelonLime + 1 Colorado Cola + 2 guayaba + No Cramp

km 33.6:  1 Limón + 1 Frambuesa + 1 guayaba


 🏁: 1 Recovery Tailwind chocolate.


MATERIAL:

🎽 camovi 21

🩳 Decatlón

👟 Tomir 2.02 laranxas

🧦 Lurbel

⌚ Coros Vertix 2S


Cinturón: Abutres

Gorra: Dos chinos

Bastóns: Leki






  

   

  



No hay comentarios:

Publicar un comentario