viernes, 11 de octubre de 2024

Trail Castelo de Vitres (15-09-2024)

 O Trail dos Indios


Xa logo hai un mes desta carreira. Non sabía si sería capaz de facer unha publicación pero definitivamente creo que isto debe continuar. 

Quizáis os acontecementos non son os que quixeramos pero tamén sei que isto podería suceder como en calquer faceta cotidiana da vida. 

E antes de nada, DEP Miguelón. Seguro que te teremos no recordo durante moito tempo. 


Comezamos pois.

Esta era a miña primeira vez nesta carreira emblemática organizada polo Club Tribu Trail no que teño moitos amigos e amigas. Si, non houbo forma de liarme anos atrás e deste ano non podía pasar, aínda que, de novo, con dificultades para poder asistir. 

Ás 6.45 horas saín da Coruña acompañado do amigo Santi de Malpica, que me fixo a viaxe máis amena. Unha vez chegado a Boiro, tomamos un café con Ángel de Corme. A mañá estaba fría, moi fría, pero daban bastante calor para a proba. 

Costoume vertirme á intemperie, pero pouco a pouco e dentro do polideportivo fun collendo calor. 

SAÍDA

Fágoa da metade para atrás, posto que non teño moito ritmo despois dun verán algo "pasota" e un par de semanas de bos adestramentos, mais nada. Cando me dou conta case vou último, unha vez pillei o embudo da saída do pabillón. Saiuse moi rápido, nuns primeiros metros planos. Eu funme deixando ir. 

E meus queridos amigos e amigas, só podo dicir que a día de hoxe só recordo que adiantei a Lupe Rubio cando ía con Manu Soto (GMTA) xa ben pasado o km 4, posteriormente na primeira subida importante, recordo a Santi de Malpica berrarme non moi lonxe de min (o cal me gustou velo tan próximo e con esas gañas). 

Na segunda subida importante (pode ser o Castelo de Vitres?), recordo estar moi preto de Jose Bautista (Brutanzos), Manu Ramos (Jarnachas) e Juan Fernández (Jarnachas). Tamén andaba por aí Adrián López (GMTA). Aos 3 primeiros paseinos cando subíamos pola vía romana, moi despaciño pero pouco a pouco funos deixando atrás. 

Tamén me atopei con Iván Barca (Toxos e Birras) que ía diante a bo ritmo pero que foi apagándose ata que o deixei nunha pequena subida. 

Bautista foi capaz de collerme de novo e fomos moi parellos ata que se espetou contra unha toxeira na baixada cronometrada. 

Sorpresa foi tamén atopar a Kike Coutadas na última subida "chunga". Na baixada empinada e perigosa desta cota foi cando pouco a pouco o fun deixando. Fun bastante tempo en terra de ninguén, sen ter referencias, pero digamos que cómodo. Pouco antes de chegar ao derradeiro avitallamento atópome de sorpresa con Martín Fontán (GMTA) que ía roto.

Foi case unha alegría chegar a ese derradeiro avituallamento e saber que non quedaba moito para meta, pero coma sempre, unha de dúas, ou me collen ou recollo algún "cadaver", así que decidín dar todo o que me quedaba (que tampouco era moito). Desta vez quería ser eu o que collese aos "afogados" e case case toca. Xa nos derradeiros km, pola beira do río e preto da meta, atopo a Adrián Mosteiro (Toxos e Birras) que, despois de conversar apurou un pouco se non quería ser pasado (as carreiras sempre na meta). Cando quixen dar o último empurrón para intentar pasalo, batín de fuciños na terra e co xeonllo nunha pedra. A dor era grande e Adrián xa collera uns metros, así que mirei para atrás e vin que non chegaba ninguén, así que fun deixándome ir ata a entrada do pabillón, na que vexo a Roberto Tuñas (Vértice) a poucos metros por diante de Mosteiro e miña. "Non está mal", pensei. E así foi como entrei na meta, extasiado pero moi contento de chegar moi preto de Roberto e por diante de grandes corredores como os nombrados anterioremente. 

Por diante, non tiña absolutamente idea de quen andaba, posto que saín tan atrás e tan disfrutón que nin me interesaba. 

Finalmente xa en META, dinme que teño a 15ª posición. Ben, volvemos a estar ON. Agora sí, podo pensar en inscribirme ao que tiña na cabeza, ao Desafío Cantabria.


DATOS:

🏃 24,5 km (1520m+)

⌛ 3:03:55 horas

🏆 15º posición 

💦 3 Tailwind Endurance + auga

🍬 🍌

👟 Tomir 2.0

🏁 1 Recovery Tailwind chocolate





Clasificación:



Quito

    

    

  


No hay comentarios:

Publicar un comentario