Un trail para descubrir e divertirse na natureza.
Case 1.45 h de coche 🚗 ata chegar a Bueu. Non parou de chover ata ven pasado Santiago, polo que me veu á cabeza 🤯, "a onde carallo vou con este día".
Sobre as 8.15 h., recollida de dorsal e un pouco de conversa coa xente trailera.
Por alí andaba Pablo Pinto e Lidia, Seba Lourenzo, Fernado Álvarez, Franky Go, Jorge Alborés, por suposto La Pitu (encantoume verte de novo e noraboa por ese ambiente que creas na carreira), Franffkiss (un bo traballo), Mari Portela, Estivel, María e Chechu Penas, Fanny Abelenda, ... E os que faltan...
Non tiña moita certeza de poder correr, xa que levaba dende o mércores cunha horrible dor na perna esquerda que non tiña moi claro que podía ser. Ao probar no quecemento seguía aí, e coxeaba dabondo, pero como son algo terco, decidín tomar a saída e a ver...
SAIDA:
Saio moi conservador, e coxeando. Ía ao que me deixaba a perna, tendo molestia pero sen chegar a ese punto de ter dor. Vexo máis xente por diante miña que por detrás, pero a estas horas o único que me interesa é disfrutar e tomareino coma un adestramento, se podo.
E así comezo a disfrutar do percorrido, das imaxes, dos sendeiros e do ambiente.
E pouco a pouco, sobre todo cando a cousa se pon para arriba, teño mellores sensacións, pero sempre con ese punto de precaución.
Paso a Jose Diz, un pouco mais tarde a Bernardo Montaña. Comezo a entender cal é o ritmo que podo e me deixa a perna. E pouco a pouco vou adiantando corredores.
Máis tarde supero a FerTallo, alegroume velo de novo.
E así vai pasando o tempo ata o 2° avituallamento no que paro a coller auga e mezclalo co Tailwind.
Aí noto que o ritmo non é malo e aparece Chechu e María animando no percorrido e quédome cunha frase "ánimo, como recuperache". Iso quere dicir que a miña percepción non é errónea.
E agora comezaba o duro da carreira. E a dor na perna xa non era tan forte (ao mellor era que agora xa me doe todo o corpo 😂).
Nas subidas noto que avanzo moito con respecto aos corredores preto de min, aínda que perda tempo baixando.
E chegamos ao 3° avituallamiento, e volvo parar para repoñer auga e Tailwind. Xa só queda chegar a meta e é en baixada. Aquí apreto os dentes intentando que non me collan dous corredores cos que ía cambiando posicións.
E apurei tanto que cando me din conta, xa estaba na meta.
META:
A sensación ao final da carreira foi que disfrutei coma un neno e que rematei a carreira dando todo o que podía dar. Máis que satisfeito.
Despois da ducha, por certo, en auga quente, tocaba hidratarse, non antes sen tomar un Recovery Tailwind chocolate. E estando na zona de meta falando con Sebas, déuseme por preguntar onde mirar a clasificación, e aí foi unha sorpresa, estaba na 7º posición xeral, cando tiña metido na cabeza que podía estar sobre o posto 20-30. Joder se non saiu ben a cousa, a pesares do contratempo.
Pois nada, aí esperei á entrega de premios, como 1º VET. B (si, xa estou noutra "liga").
Un saúdos rápidos e despedidas ata a próxima. Arranquei dirección Arteixo para xantar na quedada Jarnacha (cocido, por suposto).
DATOS:
⏱ 2.52.23 horas
💗 143 ppm
🏆 1º vet B (7º absoluto)
SENSACIÓNS:
Moi moi malas ao inicio da carreira ao ter esa dor no tibial posterior que, a día de hoxe (unha semana despois) parece que xa recuperado. E moi boas a partir do 2º avituallamento, finalizando a carreira a tope.
ALIMENTACIÓN:
💦 3 Endurance Tailwind. Saín con un MelonLime e tomei dous máis (con cafeína) no avit. 2 e 3.
🏁 1 Recovery Tailwind chocolate
En ningún momento me sentín sen falta de alimento. Perfecto.
MATERIAL:
👟 Tomir 2.02. Fenomenal para este tipo de terreo.
🧦 Lurbel (definitivamente son os que mellor van). Xa teño encargado outro par en Marathon Running Shop.
🎽 Club AD JARNACHAS cunha térmica por debaixo (son moi frioleiro)
👖 Decathlon
⌚ Coros Vertix 2s (estou encantadísimo con él, podedes atopalo en Marathon Running Shop, na Coruña)
Cinturón: HG Abutres
Tubular e manguitos: De Tailwind (había fresco)
CLASIFICACIÓN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario