lunes, 6 de marzo de 2023

Trail da Filloa 45K (12-02-2023)

 

Como sacar un fermoso percorrido

dentro dun mar de eucaliptos


Notábase que ía ser unha maña fresca, de xiada. Conforme te ías achegando a Zas, o termómetro do coche seguía baixando ata chegar aos 0ºC na saída de meta. 


Aínda me deu tempo de tomar un café quentiño e ir ao baño. Por diante, non sabía moi ben que me depararía este primeiro dorsal da tempada. 

Na liña de saída, moito rostro coñecido e facendo cálculos mentais, deberiamos estar sobre o posto 5º-9º. Na miña cabeza, e "lendo" a carreira o día anterior, botáballe que podía andar sobre as 5 horas, 5:10 horas.


SAÍDA

Foi moi moi rápida, o esperado se está Iván Sangiao, corredor que lle gusta saír coma un foguete. 

Detrás del, un pequeno grupo que xa non distingo ao lonxe e despois, corredores que sairon con moitas espectativas, pero que na primeira subida pequena xa se lle acabou a chispa. 

Eu comecei co meu ritmo simplón, onde comeza a fluir o sangue (que lle custa facelo) e sabedor do ritmo e da estratexia que levaba (aguantar os primeiros 28 km e chegar a eles con patas para manter un ritmo cunha marcha máis). Se iso saía ben, a carreira sería un éxito para min.  E digo isto 👉porque do que se trata é de superarte a ti mesmo. Aí radica o éxito e o fracaso.

Bueno, pouco antes de chegar ao primeiro avituallamento, consigo enlazar con Roberto Tuñas, incluso logo sacarlle uns metros, pero teño que parar a atar ben os cordóns (coa emoción da carreira, non me acordei de facelo antes da saída). Aquí volve a adiantarme e sacarme uns 100 metros. Subimos o Monte Brondo, ao lonxe vense algúns corredores. Vou de 7º e por detrás, parece que hai un gran espacio sen corredores. Imos mellor do esperado, pero aínda estamos comezando, non podemos nin emocionarnos, nin estresarnos por como está a carreira. 

Recordo que, polo km 20 ía pensando o fermoso percorrido que fixo a organización dentro deste mar de eucaliptos que hai na zona. Un percorrido moi traballado, que nos metía por moitas carballeiras, cuns sendeiros ratoeiros e ben limpos para non despistarse, zonas moi rápidas, outras moi técnicas, impresionoume o que fixeron. E foi aquí tamén, onde tiven que apartarme a facer "de vientre", que xa me daba a min a alma que ía pasar despois de non facer un bo almorzo. Aquí volveu pasar Tuñas, que xa non entendía nada co panorama que viu 😅.

A todo isto, e sacando nos avituallamentos e fotógrafos, non vin a ninguén máis que a  Roberto Tuñas, co que ía intercambiando posición según o percorrido e as sensacións de cada un 😅. 

Recordo que no avituallamento do km 28, chegamos xuntos, collemos un soft de auga e saimos de novo. 

Sería a partir de aquí, onde a carreira podía dar un xiro, tanto pola cantidade de quilómetros e estrés que xa levaba o corpo, como tamén porque quedaba subir o Pico Meda polas dúas vertentes.

Por un momento, pensei que o ritmo que levaban os de diante (que non souben máis deles dende o km 3) non poderían aguantalo todos e, por outro, pensei que a min xa me estaban chegando os case que 30 km que levaba nas patas. 

O caso foi que non desistín (pero sempre controlando) e non tardamos en ver a un corredor ao lonxe (km 30) que, pouco a pouco iríamos acercándonos (Tuñas mais eu). Aínda que se negaba a caer nas nosas redes (tardou tempo) foi xusto despois da Ruta da Auga cando fomos capaces de xuntarnos os 3.

Chegamos case xuntos ao avituallamento do km 36 e foi aquí onde decidín non parar, ao ver que eles metían a man aos seus softs. Conseguín apretar un pouquiño para distanciarme e cando mirei para atrás, despois dunha curta subida, vin que fixera oco. Era o momento (máis psicolóxico que outra cousa) de tirar. Quedaba por diante, toda a subida (volta) a Pico Meda e a baixada á meta no polideportivo de Zas. Non desistín, non miraba cara atrás e era consciente de que podía "facer pupa". No alto do Pico Meda, cando voltei a cabeza, vin que lle levaba unha distancia considerable, pero que podía non ser suficiente para chegar nesa posición á meta, polo que, con cabeza e corazón, conseguín levar un ritmo un punto por enriba do que desexaría, pero que podía aguantalo (non sei canto tempo).

Recordo, antes de chegar á aldea de Teixidón, pedirlle paso ás e aos "andaríns" que amablemente se apartaban da trazada para que puidese pasar. 

Logo viña unha planicie, con moitos andaríns e no que non veia ningún corredor/a, nin por diante, nin por detrás. Por diante, xa había mooooito tempo que non sabía nada deles, pero preocupábame o que viña por detrás. Pensei que en calquer momento me ían a pasar coma raios. Fíxoseme eterno o percorrido ata meta. O sendeiro estaba cheo de auga e barro e non había forma de escoitar ao spiker. Onde estaba esa ansiada meta 🏁??. Por fín, ao lonxe, parece que hai algo de festa, agora si, chegamos a meta en 4º posición cun tempo de 4:48:25 h.

Atopeime moitísimo mellor do esperado, cun ritmo que non pensei que tivera e cunha sensación de que as cousas van por bo camiño. 


DATOS

🕒 4:48:25 h

🏆 1º veterán (4º absoluto)

💓 145 ppm

💧 4 Tailwind (2 neutro + 2 té matcha cafeína) + 0.5 litros auga

👟 Vectiv Infinite TheNortFace


💦🍌 1 Recovery Tailwind chocolate 😋 (ao finalizar) + filloa de Zas

















No hay comentarios:

Publicar un comentario