miércoles, 15 de marzo de 2023

Trail A Cova da Bruxa -Muros- (12-03-2023)

 Bruxas, habelas hailas

No alto de Muros, que ven as vin eu.


Todos os que chegamos a Muros pola mañá e viñemos por Val do Dubra, olliño, que iso si que foi unha carreira entre a néboa, sobre todo no alto das Paxareiras (AC-400). 

Nada máis chegar (cheguei con tempo), non ai maior agarimo que ver aos amigos e amigas do trail. Alí estaban moitos e moitas e as primeiras impresións do día eran para falar da néboa 😂 .


CÓNTOCHE...

Na miña cabeza levaba, ademáis de disfrutar das vistas, autoavaliarme nunha distancia que hai moito tempo que non corro, unha distancia "pequena" e que vendo o perfil, ía ser moi rápida. 

Eu ai tempo que ando a gasoil (algún me denominou nas rr.ss. como "o do motor Barreiros".Os galegos sabemos de que falamos 🚜) e non a gasolina, pero hoxe viña a guerrearme conmigo mesmo. 

Na cabeza traía aguantar o primeiro enviste das gacelas, nunha primeira parte que parecía moi rápida e despois tirar de cabeza nas dúas subidas fortes do día. 

O posto no que creía que podía estar era entre o 7 e 8 (vendo a xente inscrita que coñecía e sumando a xente que non o teño fichado e che da "o cambiazo").


SAÍDA

Alí aparaceron na liña de saída máis dos que eu pensaba 😂. 

Hoxe hai un novo, un chaval de La Bañeza que ten como apodo "El Potro", e non era outro que Pablo Villa

Bromas a parte, todos os que alí estabamos, gustaríanos estar no podium ao seu lado, así que hoxe só quedaban dous caixón dos 3. 

Co pistoletazo de saída, teño a mellor posición, polo que saio diante de todo, aguantando a mesma ata onde finalizan os flashes e teléfonos móbiles grabando 😂, aí suelto un pouco o acelerador, pero como ben dixen, vou con todo e así me poño a correr detrás dun grupo reducido que non sei a canto saíron, pero a min deume a 3:42/km o km1 e a 4:25/km o km2.

Sobre o km3 adianto a Pablo Vecino e Roberto Tuñas (un pouco antes, fixera o mesmo con Edu Fabeiro, creo que ao sair da vila). 

Por diante, Pablo Villa, Manuel Páis, Iván Sangiao e Manuel Piñeiro.

Na pista que baixaba mirando cara as bateas, consigo enlazar con Iván Sangiao e pasalo antes de chegar á granxa (km 5.3) que había antes de comezar a subida a Cruz de Pelos.

Aquí, a distancia co grupo dianteiro era pequena para o ritmo que levaba a carreira. 

No alto de Cruz de Pelos, consigo xuntarme con Manuel Piñeiro, onde intercambiamos unhas palabras baixando. De Pablo Villa e Manuel Pais, nin rastro xa. 

Sobre o km8.5, onde comeza un cortalumes cun descenso moi pronunciado, consigo sacarlle unha pequena distancia a Manuel Piñeiro para deixalo definitivamente ao finalizar este cortalumes. 

Só penso en tirar, tirar e tirar ata onde o corpo aguante, sabedor das "pasadas" e categoría dos corredores que me preceden. 

Con esa ansia de tirar, nun momento que levanto a cabeza do chan, por un sendeiro (ou río) polo que baixaba moita auga, vexo ao lonxe a Manuel Pais que, pouco a pouco vou recortando distancia. Fago a goma de vez en cando, polo que a distancia varía entre uns 50-100 metros. Consigo finalmente enlazar con él nun cortalumes que picaba cara arriba e onde na súa cota había unha construcción (km11.2) para coller de novo monte abaixo. Durante toda esta baixada polo cortalumes e despois pola pista, ata chegar a un camiño de carros que collíamos á esquerda (km 12.5), seguimos xuntos, intercambiando posicións para tirar cara adiante. 

Pero non é ata o inicio da última e gran subida, onde consigo poñerme diante e impoñer un ritmo (andando) un pouco superior ao de Pais. Pouco antes de chegar ao último repeito, miro cara atrás e xa non o vexo (pola néboa), polo que sigo tirando con todas as miñas forzas para sacar un pouco máis de tempo nesa subida. 

Durante bastante tempo levo un ritmo rápido e cómodo, polo que me sinto con forzas. Houbo un tramo que tiña que ir moi atento para ver a balizaxe, xa que coa néboa era moi complicado. Menos mal que levaba o track no relóxio que me axudou a elexir máis rápido nalgún cruce. 

Ao chegar ao avituallamento 2, a distancia co perseguidor xa era considerable (escoitaba os aprausos ao lonxe) pero había que seguir apretando e, o caso é que aínda tiña enerxía para facelo. 

A partir de aquí, o percorrido cambiaba completamente, meténdonos por un sendeiro ratoeiro que despois chegaba a un rego. O ritmo non era malo e sabía que era superior ao do meu perseguidor.

Pola miña mente xa circulaba a idea de que podía facer segundo por detrás de Pablo Villa. O que non contaba era que, uns metros antes de rematar ese rego, e despois dunha caída xusto onde estaba a corda, me aparecese coma un lóstrego o amigo Roberto Tuñas, creo recordar que cando me falou (non o vin chegar) lle botei un "mecangoendios" ao cal me respondeu él cun "que pasa?" (pensou que me pasara algo fisico... o que me pasou foi pola cabeza😅😅). En fin, cousas das carreiras. 


Xusto onde estaba o fotógrafo (aquí a foto), me pasa e xa non son capaz de seguirlle o ritmo, aínda que me tranquilizou ao dicirme que os de atrás veñen "moi moi atrás". Aínda así, íao perseguindo a un ritmo de 5:12/km.



Saimos do sendeiro e entramos nunha pista de zahorra. A distancia con Tuñas xa é considerable, pero aínda queda unha pequena subida que se desvía á dereita por outro anaco de pista de zahorra e as forzas de ambos levámolas moi igualadas. Cando vou detrás del, chámame a atención un corredor ao que me estou aproximando e non ten pinta que sexa da andaina nin do trail curto, era Manuel Pais. Sorpréndome de velo alí, pois xa o deixara antes do último avituallamento e non ía con moi bo ritmo e non me adiantou en ningún sitio. Ao chegar a xunto del, dime que se perdeu e que vai fora de carreira (cousa lóxica). Déixoo antes de chegar a esa curva de dereitas para continuar por esa zahorra e entrar despois nun fermoso sendeiro que nos levaba ás primeiras casas da vila. 


Xa se oía o spiker ao lonxe, pero non daba chegado a liña de meta. Estou facendo estes últimos quilómetros a 4:51/km e remato a 3:51/km, sabedor dese 3º posto e contentísimo de como disfrutei e disputei esta carreira.

Un podium moi loitado e unha foto nese podium cun auténtico campión internacional como é Pablo Villa e por suposto Roberto Tuñas, non se consigue todos os días.




DATOS

🕒 2:06:10 h

🏆 3º absoluto

💓 154 ppm

💧 2 Tailwind té matcha cafeína

👟 Vectiv Infinite 


💦🍌 1 Recovery Tailwind chocolate 😋 (ao finalizar)








No hay comentarios:

Publicar un comentario