domingo, 19 de septiembre de 2021

CAMOVI (05-09-2021)

 Tivo que ser na súa X edición

Gañas tiña xa de participar nesta carreira e tivo que vir unha pandemia para ir. 


Levaba varios días durmindo mal e o verán non acompañou para realizar a preparación planificada, pero aquí estábamos. Por enriba, a pranta do pé estaba algo tocada ...

Levantarse ás 5:30h da mañá para almorzar rápido, vestirse e arrancar no coche cara Viveiro.

Pintaba que ía haber calor, moita calor, pero polo de agora había moito frío.


Bueno, o caso é que chegamos a Viveiro, recollín o dorsal e aínda tiven tempo de tomar un café cos pescos de Malpica que tamén corrían e estar un pouco con Pablo Lista e Sandrina. Estes últimos ían seguir a carreira na furgoneta, polo que tamén me farían un pouco de avitualladores.

Na saída, toca saír na primeira tanda de 20 corredores. Alí estaban Montilla, Manu Ramos e David Eiroa entre outros. 

O ritmo na saída, soe ser forte pero eu non quero entrar nesas guerras. E alí se foron moitos dos galos ... e non tardaron tamén en pasarme os que viñan nas tandas traseiras. 

Eu xa na primeira subida non ía moi a gusto, e iso que estábamos comezando. Pronto pasou Chema e algún que outro máis. Pero eu ía ao meu. 

Na primeira media hora xa comezaba a pegar o calor e iso que aínda estábamos co resío na mañá. 

Recordo que nun dos primeiros avituallamentos, Sandrina e Pablo déronme unha posición sobre a 12-13ª a uns 12 minutos da cabeza. 

Aínda que non tiña boas sensacións, estabara que nalgún momento viñesen e na cabeza levaba facer unha carreira de menos a máis e a partir do km25 forzar un pouquiño máis e esperar a que os galgos "reventasen" nalgún momento. 

Fun moito tempo facendo a goma con varios corredores do que ía collendo e que finalmente adelantaba, aínda que non con moita explosividade, por non dicir ningunha. 

E o que adiantaba correndo, perdíao nos avituallamentos. E todo parecía que ía indo ata que chegamos ao avituallamento preto do km25, onde tiña que comezar a exprimirme un pouco máis. 

Pero nada máis lonxe da realidade, no km26 comezo a ter calambres nas pernas, en varios músculos, que algúns non sabía nin que existían. Había veces que parecía Chiquito de la Calzada. Nas subidas, seguía collendo corredores desfondados, nos que me atopo a Chema entre eles. Subía ben. Nas baixadas, ía a duras penas, pero nos planos, nos planos era onde máis sufría, non podendo case nin andar polos calambres. Pero incomprensiblemente, non eran moitos os corredores que viñan acercándose. Estaba sufrindo como nunca. Quizáis o forte calor, que non durmira moito toda a semana, os adestramentos que non foron nin suficientes nin acertados, o non comer adecuadamente, bueno, un sinfín de cousas que nos levan a esto.

Así, dende o km26 ata o km38. Soamente Luís Candal foi quen de adiantarme como se estivese comezando a carreira naquel momento. Un artista. Non lle durei nin 30 segundos. E chegados á última cota do día, vexo a Manu Ramos que cada vez vai a menos. Tanto que chegamos a este punto xuntos e no que dixo algo así como "ata aquí cheguei". Faltaban aínda km e case todos para abaixo. E alí me fun eu só, cun trote que me permitía avanzar e estaba no límite das dores por calambres. E pouco a pouco fun indo, e fun collendo algún outro corredor. E cando me dín conta, xa estaba na entrada de Viveiro. 

Non sei como cheguei aquí e cumprindo na carreira. Non como eu quixera, pero é que todos sufrimos e os que mellor leron a carreira e a administraron seguro que estarán contentos. E eu neste momento de entrada na meta, estaba satisfeito en como a plantexei, como se desenrolou e como rematou. 

Finalmente:

7º clasificado na xeral

1º veterano masculino na Copa Galega e

2º veterano masculino (detrás de Montilla), na carreira.

TEMPO: 4:50:38


Obxectivo antes da carreira: 4:40-4:45h




Podium Vet. A masc. Copa Galega


Podium veterano masc. Camovi





Meta da Camovi



E o post carreira ... como molou...







No hay comentarios:

Publicar un comentario