Levo semanas en caída libre en canto a físico, xa que rematei a tempada hai semanas, pero este trail, digamos que era compromiso participar.
Ata o martes desta semana era imposible preparar nada por diversas causas, polo que o plan era, adestrar 3 días e medio, pero no primeiro dos días, paseime de rosca e collín unha forte sobrecarga, polo que non se puido facer nada máis, soamente esperar a que fose desaparecendo.
Sábado de charla con Luís Alberto Hernando. Unha pasada de persoa. Ahí estiven con moitos coñecidos e esto subiume a moral e a chispa. Isto e por suposto toda a charla, vendo a vida e as cousas das que nos falaba o campión do mundo. Pois ben, todo isto fixo que a noite antes da carreira prácticamente non durmín nada.
DOMINGO DE TRAIL:
Cheguei cedo para recoller o dorsal, algo raro en min, pero estaba preto da casa e iso sempre é un punto a favor. Comezábase a respirar ambiente de trail, saúdos e máis saúdos. Hai moita xente que só a vexo nas carreiras.
Cola para ir ao baño e despois do efecto "bífidus", quentar un pouco e mentalizarse da carreira.
Dase a saída, na que o ritmo polo paseo ata antes de entrar no monte é infernal, intento buscar o grupo de corredores que poidan ser similares a min para non tolear nos primeiros km.
O ritmo tivo que ser moi bo, posto que ía Luís Alberto a uns 60 metros do grupo no que ía, e un pouco máis adiante coñecidos do trail galego, como Martín Lestón, Moncho Muíños, Fernando Cancelo e Tourís, que saíu coma un lóstrego, que lle pasou factura máis adiante.
Pero coas primeiras costas, a cousa íase poñendo no seu sitio. O campión do mundo Luís Alberto Hernando colle o seu ritmo e pouco a pouco vexoo desaparecer, estábamos sobre o km 5. No grupo no que estou, decido poñerme diante e coller o meu ritmo, creo que acertadamente. Pasado o tunel da autopista, vexo ao lonxe de novo a Martín, Moncho e Luís Alberto, supoño que se tomarían un respiro. Pasado o primeiro avituallamento (km 7,5) xa só vexo a Martín "Piedras" Lestón un par de minutos. Unha baixada peligrosa, coma todas e a temida subida a Santa Leocadia. Costoume traballo chegar arriba, tanto que tiven que parar agarrado á corda un par de segundos polo sobreesforzo. Ahí arriba estaba o segundo avituallamento, onde puiden recuperar o pulso. Despois viña unha baixada de vértigo, onde teño a primeira caída que me deixa dolorido durante un bo anaco. Levaba moito tempo correndo eu só, sen presencia de ningún corredor, nin por diante nin por detrás, o que entendía que podía ser a tónica da carreira se todo fose normal. Pero como todos sabemos, nas carreiras non existe a normalidade.
Na pista da Medorra (polvorín), vexo ao lonxe a Tourís, que me leva uns 300 m. de distancia, na baixada, non tardo en atopa-lo, cun ritmo moi baixo e con moita precaución, todo o contrario a min. Non tardo en caer de novo, que pensei que rompera a clavícula, unha rama que se me meteu entre os dous pes e aló fun, a rolos polo monte abaixo.
Chego ao avituallamento 3 (km 17) e punto intermedio de control de tempos. Nótome cansado, pero supoño que seremos todos. Chega Tourís un pouco máis tarde e march do avituallamento cun ritmo trotón, sabedor que aínda quedan km. e desnivel dabondo. No percorrido aparece xente como Manuel Rey e compañía e Diego Lanchiñas e compañía, que me daban ánimos e folgos que se agradeceron, pero comezo a notarme raro, non era normal que estivese tan "derrotado" físicamente, comezaba a ter sensacións de cansancio raras. Aínda así, subín a bo ritmo a estas alturas de carreira. O peor viña na seguinte baixada, O Coto dos Corvos, na que o camiño estaba totalmente roto e os cuádriceps con demasiado lactato xa, as dores comezaban nas pernas. E antes de chegar ao km 20, outra nova caída sobre o hombro dereito, parece que as forzas comezan a fallar e a coordinación xa non anda ben.
Chego ao avituallamento 4, km 20, no que se unían de novo o trail longo e o curto. Preciso comer e beber, sobre todo isotónico do cal xa non queda. A parada fíxome máis mal que ben, posto que ao arrancar nótome máis pesado de pernas. Nun paso estreito pídenme paso, "somos do largo" .... ostias, ahí veñen "eu tamén"-costesteille. Deixoos pasar e xa lles digo que vou moi tocado. Chego ao camiño paralelo a autoestrada (Loureda) na que xa só podo trotar en llano. A partir de aquí a carreira fáiseme un inferno (km 22,7).
E nas pedras do km 25, na última baixada do día, antes de chegar ao paseo, alí me adiantan 2 corredores máis. Xa só quería rematar da forma máis digna. Os ánimos da xente no paseo déronme alentos suficientes para face-lo correndo e rematar extasiado. Iso ... e que escoites o teu nome pola megafonía na meta. Os aplausos alí agradecéronse ... e moito.
Agora só quería isotónico e comida, comida, algo que levar á boca. Non tardaron os voluntarios en atopar froita suficiente para enganar ao estómago.
En media hora xa todo eran risas e anécdotas cos corredores e corredoras. Iso sí, agradeceuse a auga quente e sobre todo o servizo de fisioterapia, hai que faltiña facía. Alí atopeime no ceo, e incluso vin un anxel.
Non finalizo sen agradecer a toda a organización polo traballo ben feito, e pola simpatía que desprenden. Ahí sempre terei uns amigos ... os jarnachos, e agradecer tamén a toda esa xente coa que intercambias anécdotas e máis anécdotas e que sin saber, fas un amigo en cada esquina.
Voltaremos amigo Marán, voltaremos.
P.D.
28 km. 1800m+
9º xeral: 3:20:47
No hay comentarios:
Publicar un comentario