Cita marcada no calendario, non só por ser Campionato Galego, senón tamén pola importancia de facer un bo resultado de cara ao campionato de liga.
26 de setembro. Esperábannos 93 km con 2810 m de desnivel +, repartidos en 5 seccións coas disciplinas de trekking, btt, kaiak, rappel e tiro con arco.
O equipo Brigantia Xerión estaba composto nesta ocasión por Diego, Ana e Quito. Había tempo que non corríamos xunto, polo que non sabía cal era a condición física do equipo.
Non tardamos moito en saber cómo estábamos físicamente. Na primeira sección as sensacións son extraordinarias.
De maneira xeral, a orientación saeunos moi ben (para o que sabemos) e o ritmo era moi bo. Agora só faltaba non caga-la na extratexia.
A primeira sección (ori semiurbán) xa deixaba ver que a carrera ía ser dura. O calor comezaba a apremiar e ía ser un punto a ter en conta.
A segunda sección (btt) comeza a ensinarnos os grandes desniveis dos montes das Neves. Pero levamos un ritmo que sabemos que estamos nos primeiros postos.
O trekking longo (3ª sección), creo que foi o punto de inflexión deste raid. Un precioso percorrido, con moitísima calor e parte da carreira sen auga para beber. Esto fixo que baixásemos o ritmo e que estivésemos atentos a calquer sitio onde poidésemos coller auga. Veume á cabeza o raid das series mundiais. Tiña unhas sensacións similares por momentos. Realmente este raid era digno dun Campionato Galego (duro, estratéxico, con navegación, con distintas alternativas para chegar ás balizas, ...). O ritmo era tan bo que sabiamos q si facíamos este trekking ben, podíamos estar no podium, una vez coincidido co equipo HG, que acababa de retirarse por deshidratación dun dos seus compoñentes.
A 4ª sección (kaiak+rappel) foinos tan ben, que fomos o mellor equipo élite (manda carallo). Ana fixo o rappel, mentres que Diego máis eu fixemos o kaiak. Estábamos disfrutando co percorrido. O río super tranquilo, entre paredes de pedra, daba ganas de bañarse. Nesta sección tíñamos na cabeza a necesidade de facer un gran posto neste raid que nos dese os puntos necesarios para conseguir a liga galega de raids na categoría élite. E estábamos na mellor das situacións.
Agora quedaba a última sección, unha btt na que teríamos que xogar coa estratexia e xa nos viña á cabeza un podium tanto no campionato galego como na xeral da mesma proba.
E qué final. Na última baliza que tíñamos pensado coller, erramos no camiño que tíñamos que coller e xa decidimos non pica-la cando tíñamos moitas posibilidades de que estaba a 50 metros de onde estabamos. Pero agora o importante era entrar a tempo en meta. E aló fomos, a toda mecha cara final, cando as forzas flaqueaban.
E chegamos, extasiados e cansados, pero coa sorrisa de orella a orella. Agora só tocaba esperar ás clasificacións e ver que estábamos no certo, que nos saíra un gran raid.
E alí esperamos, tomando unha cervexa nunha terraza da pequena pero fermosa praza da Vila das Neves. Un lugar con moito encanto e con moitas posibilidades para facer actividades da naturaleza.
2º clasificados no Campionato Galego e 2º posto absoluto no raid.
ES PEC TA CU LAR.
A festa rematou coa entrega de trofeos e agasallos. Había moito tempo que non subía a un podium, e hoxe foi por partida doble. Tiña un sabor especial, por ser en equipo e por ser nun deporte tan especial e impresionante. Ós agasallos xa lle atopamos data para abri-los e os pinchos de confraternidade déronnos as forzas para disfrutar do subcampionato.
A organización estivo de 10, gran cantidade de voluntarios, aposta do concello e empresas implicadas no desenvolvemento da zona de influencia. Noraboa ao club organizador. Con nota o voso primeiro raid. Con nota ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario