Alá fomos, coa intención de facer un gran raid. Equipo levábamo-lo, Diego, Pris e mais eu. Brigantia Xerión. Ía ser a guinda dunha gran tempada,
Dan a saída do raid e eu aínda non chegara á saída. Claro, todos os equipos polas rúas de Porto do Son e o Xerión mirando ónde estaba o norte. Iso sí, íamos ter tempo de recuperar nesta primeira sección de 22 km de trekking. E como os tres somos grandes corredores, o orientador, neste caso eu, crín que íamos ben e con boa orientación. E así foi si, pero para mín, posto que o ritmo imposto era demasiado, e así o expresaron os compañeiros xa a dous km do cambio de sección, aló polo Castro de Baroña. Nesta primeira sección collemos todas as balizas menos unha, e pasándonos 15 minutos do tempo que poñía a organización para os mellores equipos.
Estos míseros 15 minutos foron os que fixeron romper a estratexia que levábamos preparada. E foi como unha losa para nós ao longo do raid. Especialmente para mín, este factor foi decisivo posto que, ao final víase que non estaba centrado na orientación e que o tempo fose desfasándose pouco a pouco.
sección 2: btt e rappel. 30.7 km
Coa perda desos 15 minutos e a perda do tempo no cambio de sección, fai que decidamos dun principio non facer o rappel (que valía 4 ptos), e con elo, non ir a 3 balizas máis. A elección para ir á baliza obrigatoria 6, fixo que nos adentrásemos nun camiño que finalmente estaba pechado e tivésemos que dar volta ( no mapa non aparecía que estaba pechado). Aquí decaemos un pouco máis na concentración.
sección 3: kaiak e trekking. 5.5 km
Aquí persoalmente, tiven tempo de descansar e relaxar un pouco a cabeza mentres non chegaban os "piragüistas" Pris e Diego e votar unhas risas con outros participantes e coa organización que tamén lle facía falta.
O desfase horario que levábamos co previsto ao inicio do raid xa era moi grande.
sección 4: btt. 27.5 km
A estas alturas xa intentamos ir o máis directos posibles á seguinte transición para comezar a última sección. Nin a orientación foi fácil nin o fixemos ben.
sección 5: trekking. 14 km
Aquí podería estar a clasificación do raid. Moitos puntos e a disciplina que mellor imos con respecto a outros equipos. Non íamos mal, ata que Pris se cae e da co xeonllo nunha pedra. Parece que non poderemos seguir con ese ritmo. Seguiremos andando.
Como xa levamos sufrido bastante, decidimos coller as balizas máis fáciles que estén pola liña recta trazada cara meta. E ali chegamos. Fin do raid.
Agora esperar a clasificación, que non pinta que sexa moi boa. Pero o traballo xa viña feito de toda a tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario