martes, 2 de septiembre de 2014

Raid de Picos de Europa

Definitivamente creo que debo facer a crónica de este Raid. Quizáis porque creo convinte ter no meu blog, un recordo do que pasou ou do que sentín. E por iso, antes de nada, ahí vai a miña pequena honra e os meu honores a este corpo de rescate. O meu máis sincero pésame ás familias, compañeiros e amigos destes 3 gardas civís. 






E como a vida continua, aló arrancamos Diego Lanchiñas, Antonio e mais o que escribe, cara terras Astures e Leonesas, para participar neste Raid Picos de Europa. O obxectivo era como unhas vacacións, disfrutar do que máis nos gusta, en boa compañía e ademáis nun lugar privilexiado. 


Venres noite, aloxados na casa dos pais de Antonio e un levantar case sen ganas de ir a correr. 2 horas de mareos, despois de recoller ás nosas asistencias (si, levábamos 3 asistencias, coma os pros).
Comeza o raid ás 12 da mañá do sábado cunha orientación semiurbana polos arredores de Puebla de Lillo (León). O tempo estimado para os primeiros equipos era de 45 min. Finalmente os primeiros fixérono en 1:30 min. 


 Mal comezamos. Creemos que as etapas non foron testadas. A segunda sección era btt + natación. Íamos onde queríamos, entre os 10 e 15. No lago, volvemos atopar algo raro, os 500 metros de natación, convertéronse en 900 m. E o peor é que vimos que non había lancha de seguridade. Diego nada coma un delfín e sae da auga recuperando tempo cos equipos de diante. A bici dásenos ben. Na sección 3, trekking e escalada. Con algúns erros por culpa das cores do mapa, conseguimos recortar de novo cos equipos que nos precedían e alongar a distancia cos que veñen atrás. Imos mellor do esperado. Volvemos a cagala nunha mala elección de ruta, pero saímos ilesos e con ganas. A escalada, non se me dou mal. O cansancio comeza a aparecer.



Continuamos cara a transición. Toca btt de novo, sobre 20 km. Faise noite no camiño. A orientación non vai mal, con pequenos erros sen interés. O importante, seguir en carreira ata o domingo ás 12 da mañá. Xa vemos a algún equipo que foi demasiado rápido e está acusando problemas físicos. Nós ao nosoChegamos á transición e decidimos comer e cambiarnos. Con tranquilidade. Xa era noite pechada e tíñamos por diante a sección 6. Un trekking moi esixente. As forzas ían debilitándose pero íamos controlándoas como podíamos. Nesta sección unímonos os dous equipos Brigantia Aventura, na ascensión a unha das balizas, a que ía á ermita. Os ánimos foron subindo, charlando e cambiando impresións. A moral volveu a subir nos compañeiros máis tocados. Unha vez ticada esa baliza, veu a mellor decisión que poidemos tomar neste raid, penalizar todas as demais balizas desta sección. Vendo como estaba a noite, onde se atopaban as outras balizas e vendo o mapa, "Eso é unha ratonera e quizáis bastante perigoso para o noso equipo". A decisión, vista despois de finalizar o raid, foi a correcta. Cando chegamos de novo á transición, vemos que os equipos "pros" non chegaran. As cousas deben estar difíciles ahí arriba. Quizáis queden moitos equipos ahí arriba ata que se faga de día ou se lles complique a baixada. Arrancamos pois para a etapa de 60 Km de bici. Non foi nada fácil. A elección que collemos nun primeiro momento sobre o mapa, complicouse ao non existir un dos camiños marcados no mesmo. Coincidimos ata 5 equipos na mesma posición, optando nós por volver cara atrás e elexir outra opción. Das case 8 horas que estivemos nesta sección nocturna, saco unha conclusión: "moitos km dos camiños para enlazar balizas, non eran ciclables en absoluto, demasiadas horas transportando a bici". Esto cómelle a moral a calquera. Demasiado sufrimento. Na transición infórmanos a asistencia que Damián tivo un grave accidente na etapa de trekking nocturna e que foi evacuado en helicóptero. Os nervios por saber o estado e cómo foi apodérase dos equipos que alí estamos. Despois de comer algo, penalizaremos o trekking longo (45 km) e dirixímonos á sección 8 (trekking e piragua). Un pouco de auga fresca non ben mal. Aínda que o percorrido feito foi pequeno (xa estaba chegando a hora de fin do raid), conseguimos sacar unhas risas e cachondeo ao sufrimento nocturno. Pasar pola ponte romana de Cangas de Onís nunha piragua, non se fai todos os días, e ademáis con público presente. O trekking que acompañaba a piragua, polo casco urbán de Cangas de Onís, e con tanta xente nas rúas, dounos un plus de alegría. Alegría ata que apareceu a nosa asistencia nunha bicicleta dicíndonos que o raid quedaba suspendido por "algo le pasó al helicóptero que iba a rescatar a Damián". Nese momento, e faltando menos de 300 metros para finalizar o raid (non tíñamos pensado facer a última sección), vénsenos o mundo enriba e os pensamentos van na dirección máis negativa que vos poidades imaxinar. Chegados a meta, vemos que algo moi grave tivo que suceder, posto que as caras dos que alí estaban non eran moi boas. A historia xa a coñecedes e está na prensa.Comemos en Cangas os dous equipos do Brigantia Aventura e voltamos rumbo a Galicia cun mal sabor de boca polo ocurrido. Non sen antes, para para cambiar de chofer varias veces. O cansancio fíxose notar.



Agradecer tamén aquí á nosa asistencia, ou máis ben as nosas asistencias, que fixeron que o raid se levase e se disfrutase algo máis. Moitas gracias guajes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario