E fíxose realidade o #UTCdF
A saída foi espectacular. Un pobo volcado co evento, os enfermos e os familiares da FEGEREC interrelacionando coa organización e os deportistas. Ese camiño cara o porto e a saída neutralizada, onde todo o mundo acompañou aos atletas, foi impresionante.
O “gusano” de frontais subindo cara San Adrián foi do máis llamativo.
Chegar a Faro Punta Nariga, ver ese haz de luz perfecto entre a néboa que había e a súa cúpula iluminada, púxome a carne de galiña.
Ver amigos e veciños no avituallamento de Corme e en Ponteceso, levántalle a moral a calquera.
Ver que atletas que acabas de coñecer che dan ánimos non ten prezo.
Cada atleta tiña o seu reto persoal, moitos foron os amigos que quixeron aproveitar esta aventura. Priscila Suarez Mendez, Jana Seori e Ana “as cabras” foron sempre xuntas e deron sorrisas ao grupo que formaban, onde estaba tamén Xose Swchantz (Diego Lanchiñas). Os jarnachos parecían o 7º de cabalería. O noso Sergio Lema (Jajo), que se descolgou no avituallamento de Corme, e que nos tivo en vilo ata a súa chamada dende Rebordelo. Elena Bujía, que a collemos case chegando a Concello de Ponteceso, onde remataba o seu primeiro tramo, que non o último, pois tamén disfrutou do ultra na última etapa. A Rosa Vaamonde, que a atopei no Rego de Barizo un pouco desorientada e que finalmente rematou o seu obxectivo e tamén estivo nos últimos km en Fisterra.
Qué decir da xente do grupo no que fun a maior parte do tempo, un tal Jabalí DoSacho´, un tal Felipe Oza, un Fco David Garcia Fernandez, Superfresh Olvidame, Alfonso Michael, Anton Garcia, Diego Lanchiñas, Arturo Pasantes… eu que sei os que faltan. Quizáis debería escribir un libro para agradecervos as grander persoas que sodes, independentemente de bos atletas. Quedaredes na miña istoria desta gran aventura.
O de descansar nunha duna da Praia de Soesto durante 1 hora e levantarse cheo de caracoles por todos lados, quedará tamén na miña mente coma un bo recordo jajaj.
Aos que atopamos na Praia do Trece nunha “jaima” e fiestuqui, cando nos viron cos frontais e levantaron as máns, pensando que eramos o Seprona jaja. Que mediño pasaron. O raposo xogando ao escondite con nós pola Praia do Trece. Estos son momentos inolvidables.
O espectacular recibimento no Faro Vilán, cando vemos ese camiño de antorchas, o gaiteiro José Ramón Alborés Camariñas escondido na noite e tocando “ao pasar por Camariñas”, unha porta que se abre e nos invita a psar ao faro, era Cristina, a fareira. Un espectáculo emocionante. Todos esos trasnos que estaban perndientes de cómo te atopabas e se precisabas algo. Eso queda no corazón.
Pero non todo foi doado. Non recordo cantas veces pasei pola podóloga, fisio e enfermeiría. Un equipo médico impresionante, estupendo e eficaz. Esos si que son milagros. “levántate y anda” e ao carallo … andabas.
Saimos de Camariñas un grupo amplio de persoas, aos que se uniu de novo Diego Lanchiñas, o meu “sherpa”, o meu “conductor” o anxo da garda. Non tardou o grupo en ir perdendo componentes, tanto que chegamos a Ponte do Porto soamente 4, que decidimos durmir onde fose. Eun nun banco, Felipe e Arturo no que debía ser un xardín e Lanchiñas, Lanchiñas era o “despertador”. 20 minutos exactos que nos sentaron moi ben.
Recordo Chorente, esa aldea preto de Muxía, dende aquí comezou o meu calvario nocturno. Levaba unhas horas que non comía adecuadamente, que non bebía como o tiña que facer e o cansancio acumulado comezou a facer mella. O estado emocional comezou a cambiar e comecei a pensar na xente que había na saída animando, a xente que estaba pendente de min pola plataforma www.tracktherace.com, na familia, nos donadores de km, na familia trasna que estaba correndo dentro de min, nos enfermos da fegerec. Foi unha hora chorando e correndo cada vez máis.
Nunca pensei en retirarme, pero sabía que esto ía ser moi difícil e que tería que sufrir ata o desfalecemento. Isto non ía suceder, xa que no grupo nos axudábamos uns aos outros. E ademáis, ao meu lado estaba Diego Lanchiñas, Felipe e Arturo, que minutos antes me deberon ver algo raro, que comezaron a animarme máis do normal.
A chegada a Muxía foi un cúmulo de emocións. Cando me preguntaban que tal, non era capaz de responder sen que se me cortase a voz e me saisen as lágrimas. Veía a cada dos amigos trasnos e era un círculo vicioso do que non era capaz de sair. Naquel momento sentín que non podía defraudalos.
Diego estivo en todo momento pendiente de que non me faltase de nada e o paso pola sala de enfermería deixoume coma novo (outra vez). Chegaron o grupo de Jabalí, Diego e compañía, que non viña con moita alegría. Sumouse ao grupo Alfonso, que se retirara preto do Cemiterio dos Ingleses pero que parecía recuperado, despois de durmir unhas horas. Uns por outros, saiu todo o mundo a correr. Quedouse David, que atravesaba un mal momento, pero que se incorporaría con Vicky en poucos minutos. O seu xesto hónrao, pois sabía que non estaba para seguir a esa velocidade e decidiu baixar unha marcha e non lastrar ao grupo. Aquí ninguén abandonaba. Se chegamos aquí, agora non se pode rendir ninguén.
E así foi. O ánimo volveu a imperar no grupo e foise recuperando tempo. Eu aínda tería que parar a durmir outros 20 minutos pasado Touriñán. Xa levaba un anaco que era un zombi viviente, e iso era perigoso a estas alturas e por esas pedras e acantilados. Outra vez o “despertador” Diego estaba ahí para acompañarme. Non estábamos sós. O grupo estaba esperando no avituallamento. Que grandes sodes cabrones.
En Nemiña xa era todo unha festa, xa nos víamos capaces de chegar dentro das 48 horas. Non foi doado, pero a dureza da etapa levouse mellor do esperado.
E xa non falemos da chegada ao Faro Fisterra. Unha marea de xente nos estaba esperando coas camisetas da FEGEREC (soy raro, soy único), familiares, amigos, compañeiros, todos animando e sacando fotos. Eu non puiden aguantar a emoción. O obxectivo de chegar a Faro Fisterra cumpriuse.
Venme á cabeza todo o traballo previo. Miguel Bernardez, que non descansou durante as semanas previas para facer disto unha realidade, sacrificando a súa carreira ultra. Traski Costa da Morte, incansable buscando solucións aos problemas que puidese haber. Os desbrozadores Pi Fraga, Anton Tom, Keko e Pablo) que nunha semana de forte calor, non dudaron en poñer o camiño o más óptimo posible para poder ser transitado correndo. Os avituallamentos, toda a familia de trasnos que, de forma desinteresada, fixo que este ultra trail se levase mellor. Todo eran ánimos, risas e facilidades.
Non me quero olvidar de ninguén, polo que non vou poñer nomes. Pero quero que recordedes que vos levo no corazón e que vin nas vosas caras, nas vosas lágrimas, o cariño que sentides por min. A miña chegada a Muxía non foi boa, e sentín a necesidade de que o ultra que estaba facendo era de todos e todas vós e que o ía conseguir, porque o meu triunfo era o triunfo dos trasnos. Tiven abrazos moi emocionais e sentidos dende o máis profundo do corazón onde se me cortaban as palabras ao falar con vós.
ADICADO A:
Este reto adícollo á miña muller a ao meu fillo, aos que non lle adiquei moito tempo este último mes, estou con débeda con vós. Tamén a toda a familia de trasnos, vós temán sodes partícipes desta fazaña, transmitíchedesme a forza necesaria e alegría para continuar. Diego Lanchiñas, sen ti o camiño faríase moi difícil. E por último, a todos esos enfermos e ás súas familias (FEGEREC). Non sería un bo exemplo para eles, se me rindo ás primeiras de cambio. Ánimo que hai moito que vivir. E non podía olvidarme de Angeles Canay, á que tamén lle adico este reto … un bico moi grande.
E gracias por todas as mensaxes de cariño que recibín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario