O pasado sábado 8 de setembro (sábado da Barquiña), arranquei cara Lugo para participar nunha carreira de montaña de 22 Km. Levaba xa tempo dándolle voltas á participación nunha carreira destas características, polo que estiven adestrando durante o verán polos montes de Corme e Ponteceso (o que se di adestrando, non é a palabra idónea, máis ben ... non perder a forma e si se pode ... mellorala). Bueno, pois o último día para inscribirse, atopábame en condicións de poder facela con garantías de rematala sen morrer no intento.
Chegou o día e aló arranquei en coche ás 6:30 da mañá, dende Corme (aínda andaba algunha alma perdida saíndo da fúrna, da noite dos encantos). Á chegada a Lugo, atópome co primeiro problema, a ponte romana cortada, polo que andivemos varios coches para arriba e para abaixo, intentando atopar unha ponte que nos levara ó outro lado do río (ese día era tamén o rally de Lugo). Bueno, cheguei xusto a tempo para recoller o dorsal e pedir algunha que outra información de cómo ía o tema. Alí atopei a varios coñecidos dos raids de aventura, polo que xa había algún tema de conversación. Non durou moito, xa que cando me din conta, xa era hora da saída. O obxectivo que levaba, era rematar o Trail antes das duas horas.
Ás 9:30 dase a saída e ... arrancando los motores ... saíndo dende case atrás de todo, fun controlando cómo se respiraba alí no medio de tanto atleta. Avanzando posicións, fun collendo un grupo que consideraba unha velocidade aceptable para o que quería facer, pero ... a cabeza no para, e logo me "quentei", sabedor que podía dar máis do que estaba dando. Así que aló me fun detrás duns "elegantes" atletas, coa súa equipación impoluta, roupa de atleta, calzado adecuado e, unha cousa moi importante, patrocinados por algunha casa (por algo será jeejj). O caso é que, cando me cansei de ir "á roda", aló me fun por outro grupiño que ía diante deste. Chegamos a un avituallamento e aló vou coma un lóstrego a polos "cachivaches eses" un cortalumes abaixo que, cando estaba finalizando, estaba pensando en "todo lo que se baja, vaise ter que subir". Pois iso, xa non me cadraban a min a sinais que había que, cando chegamos abaixo, vemos que estabamos en mal camiño. Non sei como nos poñemos a falar todos e as marcas non cadraban, polo que cada un ficou por onde quixo. Eu fíxeno de volta, é dicir, subir de novo o cortalumes para chegar ó avituallamento e preguntar cara onde ían as sinais, posto que a cousa estaba bastante mal sinalizada (ó non haber unha persoa no cruce e haber dúas direccións a seguir). En fin, que non houbo outra cousa que volver a adiantar ós adiantados (xa que fomos competir, rematar o tema. Outros poderían retirarse, pero non estou eu disposto a levantarme ás 6:30 da mañá para non finalizar o tema). Houbo que saber distribuir moi ben as forzas, posto que non sabía o que me podía atopar nin o que fixera de máis nese error. Total que, a idea de non retirse estivo ben, posto que o final de carreira era un paraxe fermosísimo, á beira dun pequeno regato. Iso si, fíxose moi longo os 2 últimos quilómetros, posto que non tiña ninguén por diante coller medidas. Ó final cun tempo de 2:05:38, e no posto 21.
Pero isto non remata aquí. Como levei o GPS, andaba pola cabeza o que perdera nese cortalumes e cal sería a posición "real". Pois ahí vai.
Como ben se pode ver, perdín 9:49 e fixen 1.6 km de máis. Así que si só lle restamos o tempo perdido, quedaría en 1:55:27, que sería a 7ª posición en categoría absoluta. Co cual, non se me debe de dar nada mal este tipo de probas ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario