martes, 11 de septiembre de 2012

Seguindo a Volta a España 2012

Por primeira vez na miña vida, decidinme ir ver a volta ciclista en vivo, gracias a que pasaba por terras Galegas. Gracias a varios compañeiros de curro, fomos tirando uns por outros. A primeira parada foi ir ver ó final dunha etapa, a que remataba no alto do Ézaro. Collemos un coche e aló fomos rumbo a esas fermosas terras. Menos mal que saímos con tempo, posto que a cantidade de xente que había, fixo que a autoridade competente (policía e garda civil) cortasen o tránsito de peóns pola estrada nos últimos 500m, dende 2 horas antes de que chegase o pelotón. En fin, alí atopei a moitísima xente coñecida, tanto de curro, como de festeiros, como de persoas de Ponteceso e arredores. Simplemente foi, espectacular. Ó malo foi para marchar, posto que coa gran aglomeración de xente, colapsouse a pequena estrada, sobre todo na meta, polo que estivemos parados máis de 30 minutos, ata que se puido desfacer o "tapón ciudadano".


Pero esta non foi a única vez que me acheguei a ver ciclistas e toda a parafernaria que leva consigo unha gran volta ciclista. 3 eran 3, os aguerridos ciclistas que nos decidimos ir ver o final de etapa ós Ancares. Desta vez, faríamos un tramo en bici, para saber as sensacións que poden ter estos deportistas. Saímos da Coruña moi cedo, en dirección a Navia de Suarna. Alí, logo de tomarlle un colacao, arrancamos coas nosas bicis rumbo ós Ancares. Serían sobre uns 40 Km e 2 portos de 1ª categoría, como estaban catalogados na volta a España. Con un pouco de frío nos primeiros quilómetros, comezamos  a ver ciclistas e máis ciclistas (xa non digamos gardas civís, que estaban en todas partes). O corpo xa comezaba a quentar cando comezaban as primeiras costas do primeiro porto. As vistas impresionantes, a compañía tamén e o chan impecable. Na baixada, moi perigosa, vimos do perigo que teñen os ciclistas, máis se cabe, indo en pelotón. Tanto que atopamos a un ciclista amateur tirado na cuneta, con 2 costelas rotas. Comezaba o segundo porto de montaña, o que nos levaría á meta de Ancares. Cun asfalto máis pesado nos seus primeiros quilómetros, fomos a ritmo constante e en grupo, por eso de abultar máis cando pasan os coches ... Os 4 últimos quilómetros (dende Balouta) foron matadores, pero grazas á xente que che animaba dende a "tajea" fomos capaces de subir sen votar o pé a terra.

Esta etapa foi ... flipante. Un porto duro ó que lle había que sumar o que traían xa nas pernas dende a saída. Moitísima xente a ambos lados da estrada, o que facía do día, unha festa do ciclismo. Atopábamos xente de tódolos lugares de España, Madriles (sobre todo), de Toledo, Valladolid, Cadiz, Valencia, Cantabria, País Basco, Belgas ... Todo era festa e conversacións relacionadas ... con Galicia e a volta. Si, coa nosa Terra. Estaban todos impresionados coa paisaxe, a naturaleza, a gastronomía (non o dudamos). Pero si, tamén falábamos do ciclismo. 

Bueno, xa vedes, unha esperiencia para recordar e para repetir de novo. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario