Bueno, e comezou a liga galega de orientación 2012. A verdade é que xa tiña gañas de perderme polos montes de Galiza (ou Galicia). Desta vez foi moi no concello de Arteixo, con inicio e final na aldea de Freán, que acolleu a máis de 450 participantes, repartidos nas distintas categorías.
Xa nin me acordaba dos símbolos de orientación nin cómo se orientaba, pero eso era o de menos, posto que ó que ía era a pasalo ben.
Tivemos un día estupendo para gozar deste deporte. Non facía frío e o percorrido no que corría (H-21) foi moi, moi bonito. Varias pistas e sendeiros, monte pechado e monte recén limpo de arbustos e toxeiras, e algunha zona de regatos e prados cheos de auga, fixeron das delicias de tódolos participantes. Moitísima xente nova neste deporte (máis de 100 persoas, ían probar por primeira vez). Xente para arriba, xente para abaixo, o monte de Freán estaba tomado por cativos, mozos e non tan mozos, xente con críos ás costas, outros con mochila e bastóns. Increible.
Con respecto á miña carreira, por fin cheguei cómodo á primeira baliza (era o meu cabalo de batalla dende que comecei nesto das carreiras de orientación) e fun ben ata a baliza nº6, onde toleei para arriba e para abaixo ata que finalmente, me decidín alonxarme un pouco máis do lugar e comezar a orientar de novo cara o peñasco que tiña que atopar. Despois de facer unha batida coma se fose un can buscando o rastro dos xabaríns, alí estaba ela, quietiña no lugar que lle correspondía (e eu buscando a 30 metros ...). A nº7 (que era a nº3, é dicir, había que volver a pasar polo mesmo lugar), aínda sabendo onde estaba, costoume de novo atopala (está claro que me perdo en calquer lugar jajaj). A partir de aquí veu a gracia do día (acabo de sabelo agora que estou escribindo ajjaja, me parto). Resulta que cando fun descargar a pinza, sae que non pasei polas balizas 8,9 e 10. Esto é moi raro, posto que deixo sempre que a base da pinza me soe 2 veces (con unha chega). E agora que estou vendo o mapa, pois efectivamente, non pasei pola 8 e 9 (a 10 era a nº3 e 7). Pois resulta que debín pensar que en vez de estar ticando a 7 estaba ticando a 10 e aló fun pola 11.
En fin, son cousas que pasan ... e que ben o paso eu perdéndome polo monte (polo menos neste caso).
No hay comentarios:
Publicar un comentario