Esto foi o 23 de decembro de 2011. A asociación de bombeiros da coruña, como tódolos anos, organizamos unha saída invernal en btt, e vaia se foi invernal. Atopámonos en Guitiríz cunha temperatura de 2 ºC ás 10 da mañá. A min parecíame que estaba dentro dun gran conxelador de comida (tal cual). Un total de 17 socios fomos tras a ruta establecida por Valcarce e Casanova. A verdade que foi, moi moi chula. Este concello ten moitos camiños e pistas en bo estado, así como montes ben coidados e con árbores autóctonas (creo que non vin un eucalipto en todo o percorrido). Sen dúbida, este concello invita a perderse polos seus camiños, tanto en btt como facendo senderismo.
Como tódalas saídas invernais da asociación, o ritmo foi moi baixo, para adaptarse á xente que non practica habitualmente btt e participa, sen embargo, nestas saídas invernais. Habería que destacar o gran ambiente social que existe e as risas que nos pegamos durante o percorrido.
Ó final da ruta, ducha no pavillón municipal e comilona nunha casa de comidas do lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario