sábado, 26 de noviembre de 2011

En Pastoriza -Marín-

Polos montes de Pastoriza, no concello de Marín, estiven hoxe pola mañá, nunha carreira de orientación. Disfrutei moito do día, aínda que fixo un frío de agárrate, pola mañá cediño. Aínda que o percorrido H21 non era complicado, facía moito tempo que non vía un mapa de orientación, e tanta información fixo que a miña cabeza tolease. Quizáis ese foi o problema, mais eu creo que moito tivo que influir tamén unha ampolla que me saiu entre os dedos do pé. Bueno, o caso foi que decidín orientar a rumbos, e ben se sabe que, cando un xoga coa pólvora, quéimase, e iso foi o que me pasou a min. Non é que o fixese mal, pero ... bueno, puido ser mellor.



Pouco podo dicir da carreira, cando do que máis me acordo é do bo día que houbo.
Ó final, 1 hora 40 minutos, cando creo que podería facelo entre 1:20 e 1:25 no mellor dos casos, así que non vou chorar.

É increible o que crece este deporte ano tras ano. Hoxe eramos 340 participantes polos montes deste concello. Increible. Nenos, adultos, veteramos, amas de casa, ... cada día máis mulleres practican este deporte, cada un cos seus obxectivos, uns para gañar, outros para quedar no mellor posto, e moita xente en pasar un día no monte atopando balizas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario