SI, fixen a do partillo.
A viaxe foi máis tranquila que a da anterior aventura (refírome á Transvulcania). Hora, lugar e viaxe estaban claros. Fun "acollido" polos veciños Jarnachas (ou parte deles), tendo de anfitrión a Javi Rubio e Nati Ferro, que non sei moi bien se me trataron coma un neno ou coma un avó. Bueno, o caso é que aló arrancamos cara Asturies patria querida, despois de recoller a Moncho Muíños, o tope de gama da expedición. Creo que non paramos de falar ata chegar a Pola de Somiedo, lugar onde recolleríamos os dorsais e atoparíamos a media Galicia, incluídos o resto da expedición (Bruno Cardamas, Borxa e Jano).
A CARREIRA.
Entre saudar aos coñecidos e tal, perdo a noción do tempo, pero menos mal que estaba Bruno atento e colle sitio na parte dianteira da saída (para 3-4 corredores).
Ás 9:00 h. dase a saída.
Xa comeza picando para arriba, e o que a miña vista da, andamos polos 25 primeiros. O camiño embarrado e en fila india, non da para ver máis. Non tardamos en entrar nunca zona asfaltada na que me atopo a Jana & Company e na que o grupo vai xa máis que roto. Dende este km 3 xa só verei a 3 corredores ata o Cornín (primeira gran subida). Teño que recoñecer que levaba bastóns e que falta me facían. Por diante levaba a Juán José García García do club Ojanco e por detrás a Alejandro del Busto Sánchez do club atletismo Pravia. Esto foi ata chegar ao avituallamento 1 (km7). Por atrás sei que hubo cambios, ao subir ao Cornón podía intuir aló abaixo un pequeño grupo de corredores. Por diante, lamíalle o cú ao de Ojanco, aínda que nunca estiven a menos de 20 metros del (era imposible) e, ao chegar arriba, non pueden máis que velo voar pola ladeira abaixo.
Subindo ao Cornón, coincidín con varios grupos de senderistas, ou iso cría, ata que lles vin dorsal, eran corredores da ultra (esta xente supoño que o ía pasar moi mal ou definitivamente non ían rematar a carreira).
A miña primeira parte da carreira estaba feita, e creo que con nota. Agora quedaba a segunda. O ritmo que levaba era bo, así que, polo de agora todo marchaba como tiña pensado.
Non tardo en ver ao lonxe o avituallamento 3 (El Puerto), cunha gran cantidade de público que te leva en volandas. Recoñezo detrás dunhas botellas de Estrella Galicia a voz dos Jarnachas (Nati, Borxa, Jano, Blas, Raquel, ...). Parecía o feirón de Arteixo. Chegaba a este punto co tempo marcado de antemán (3:15 horas). O calor xa se facía pesado e, despois de hidratarme ben e comer algo de froita, saio do avituallamento con boas sensacións. O sendeiro volta a porse cara arriba. Unha serpente multicor descríbeo perfectamente. Vou poñendo obxectivos inmediatos de caza e captura. Xa vexo xente tirada nas poucas sombras que hai (todos son da ultra). Nin rastro dos corredores da maratón. Minto. Detrás miña, aló abaixo, vexo dous corredores que, polo seu ritmo, deben ser da maratón.
En nada comeza unha longa baixada na que podo ver a algún corredor por diante, pero moi lonxe del. Por detrás, non se move nada.
Faltando 2-3 km para o seguinte avituallamento (Valle del Lago), éntrame na zapatilla dereita unha pequena pedra que, en principio non molesta moito e probo de vez en cando, de mandala para un lateral da plantilla, sen éxito. Por un momento noto que se me está facendo unha "boza", pero non logro pararme nesa baixada e, cando o fago, noto un escozor esaxerado. Xa estou preto do avituallamento, polo que decido sacala alí. Mentres me enchen os botellíns de agua, saco a pedra. Vexo que me furou o calcetín e a plantilla e o escozor comeza a sentirse máis intensamente.
Como algo de froita e para adiante. Xa só quedan 6-7 km para chegar a meta, cunha pequeña subida e unha longa baixada. As forzas xa flaquean, pero tampouco queda moito.
Como algo de froita e para adiante. Xa só quedan 6-7 km para chegar a meta, cunha pequeña subida e unha longa baixada. As forzas xa flaquean, pero tampouco queda moito.
Arranco do avituallamento e nese llaneo vexo que levo bo ritmo, pero en nada comezamos a subir. Noto que necesito "forza" e, merda, non teño máis xeles (fun cos que pensaba xustos para a carreira). Bueno, toca tirar para adiante con auga e carbohidratos nun botellín. En nada pásanme dous corredores que creo que adiantei no avituallamento, ían demasiado rápido como para vir dende moi atrás. Ao pouco, chega xunto a min Sandra Sevillano (campiona da maratón) que, despois de estar un pouco "a roda", pasoume coma se acabara de comenzar, fresca como a primeira hora. Con ela ían outros 2 chavales. Aló foron.
Pero o que fora unha simple pedriña antes de Valle del Lago, fíxome un cristo, desgarroume a pel do talón e doblouse ao correr, polo que sentía un forte queimazón que me impedía pisar co talón e só podía pisar coa parte dianteira do pé. Mentres que para arriba aínda ía, para abaixo era imposible correr con certa soltura. Non tardaron en darme caza varios corredores xa moi preto da chegada. So teño no recordo aos 3 últimos, un deles cun ritmo non moi forte, pasaoume nunha baixada dunha pedreira, outro chegando ao último tramo de asfalto que me deixou cravado ao seu paso e o último que, chegando á ponte de Pola de Somiedo (a poucos metros de meta), pasoume coma unha exhalación, non puidendo competirlle a posición. Quizáis o golpe máis cruel despois dos 43 km, pero así son as carreiras.
Pero o que fora unha simple pedriña antes de Valle del Lago, fíxome un cristo, desgarroume a pel do talón e doblouse ao correr, polo que sentía un forte queimazón que me impedía pisar co talón e só podía pisar coa parte dianteira do pé. Mentres que para arriba aínda ía, para abaixo era imposible correr con certa soltura. Non tardaron en darme caza varios corredores xa moi preto da chegada. So teño no recordo aos 3 últimos, un deles cun ritmo non moi forte, pasaoume nunha baixada dunha pedreira, outro chegando ao último tramo de asfalto que me deixou cravado ao seu paso e o último que, chegando á ponte de Pola de Somiedo (a poucos metros de meta), pasoume coma unha exhalación, non puidendo competirlle a posición. Quizáis o golpe máis cruel despois dos 43 km, pero así son as carreiras.
E así entrei en meta, sufrindo pero moi moi contento de poder facer esta gran carreira e ademáis con esas sensacións ata o desenlace da pedriña. Si, tamén sei que fixen a do pardillo.
Despois xa foi todo "recuperación" e ver chegar aos compañeiros/as e o final da carreira. Pasar polo hospital de campaña, fisio, ducha, refrixerio, charlas varias, amig@s. Ahh, e non olvidemos o cachopo. Amiguiños ... Que bo estaba.
E como aquí o montan tan ben e ía cun grupo moi molón, pois ahí quedamos ao concerto de fin de carreira (a pouco máis quedamos para barrer o recinto). Finalmente decidimos marchar durmir que xa eran horas.
Agradecer a Javi e Nati toda a organización da viaxe e por aguantarme tamén, e a tod@s cos que lle din a lata. Non soio correr moitas carreiras e cando o fago, teño leria para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario