miércoles, 29 de agosto de 2018

I Trail nocturno Cova de Lobo (18-08-18)

30 anos sen ir a Zas

Pois claro que me atraía este trail. Por un lado, había 30 anos que non me acercaba a Zas e por outro, estaba moi preto do mesmo, pois estou pola terriña.

Dende a actuación estelar ou "a do pardillo"(Desafío Somiedo), según se mire, non adestrara de forma "sistemática", aínda que fixen as miñas cousiñas e, sobre todo, disfrutar da familia e da natureza.

O caso é que unha semana antes, planteeime asistir e tomalo coma xurdise. E xurdiu que na liña de saída, tomeino "a peito" (coma os machotes).

Despois de saudar e falar coa "trailada" toda, e quentar un pouco, aló fun ...que me puxen na primeira liña de saída e non me daba a hora de arrancar (puido ser o café que lle tomara media hora antes -soio tomar 5 cafés ao ano-).

E a onde fun (saída) vin moito galo para tan pouco galiñeiro e a historia semellaba complicada.


Faltaban moitos (todos non poden estar) pero seguía habendo moitos.


Bueno, vou arrrancar que senón esto faise moi longo.

Minutos antes da saída e vendo o "percal", tomo a estratexia a seguir. Tirar a "fuejo" e "ferro a fondo".

Do percorrido só sei o perfil e os quilómetros e, vendo algún asfaltero no galiñeiro, a estratexia tiña que ser esa.

SAÍDA:


Nada máis dar o pistoletazo de saída, saio coma un raio. Non suelo salir na primeira liña do grupo de cabeza, pero desta vez, e como se ve na imaxe, era eu o que ía uns metros por diante (e esto tivo que ser o café).

A carreira tiraba cara abaixo e todo axudaba, pero o ritmo ben sei eu que era frenético. 

Nas primeiras costas, e nada máis adentrarnos no camiño, fíxome das balizas e vexo un sendeiro que tira cara abaixo a continuación outra baliza máis abaixo, polo que tiro por ahí abaixo ata que Cancelo se da conta que ese era o percorrido das carreiras dos cativos, xa que a nosa tiraba cara arriba. Non se falou máis. Voltamos esos 70 metros cara atrás ata entrar de novo no camiño e veña, a adiantar algún corredor. Pouco durou esos adiantamentos posto que, cando entramos nun desbroce feito pola organización e que nos levaba a unha das cotas, xa estaba o grupo de favoritos feito. Éramos unha presa de deles, non máis de oito. 
Vexo que Fernando Cancelo se vai quedando e que entra en xogo Oscar Piñeiro e Sergio Bouzas. O primeiro, vexo que leva un ritmo bailarín e na primeira pendente que me poño a andar, pídeme paso pois "es muy temprano para que yo ande" ... e aló se foi. Non me sacaba moita distancia e parecía que nalgún momento me acercaba a él, pero non era relevante. Pouco a pouco, por detrás íase acercando Sergio Bouzas, ata que antes de chegar á máxima cota, me pasa e cando eu chego á mesma, non vexo máis que a súa estela ao final da baixada, pouco antes de adentrarse no monte. Por detrás sácolle a Cancelo máis distancia da que pensaba. 

A partir de aquí o percorrido faise máis bonito entre carballos e pinos, aínda que sufrindo, estou disfrutando moito e iso nótase tamén no ritmo, ata que pouco a pouco me uno a Sergio, co que imos tirando un do outro conforme nos imos encontrando mellor. Chegados ao 2º avituallamento, vemos ao lonxe a Oscar que, como supoñía, xa estaba saboreando a victoria e tíñanos a raia. 


Eu levaba un anaco con pequenas dores de estómago e parecía que ían a máis. E faltando pouco menos de 1.5 Km ben pensei que tiña que parar por esas causas internas, pero para o que faltaba había que seguir. Medio quilómetro máis cerca da meta, Sergio xa puxo unha marcha máis que non puiden seguir, o único que podía facer era apretar o cú. E por fin chegamos a META, despois da foto de rigor e darlle a noraboa aos dous, funme directo ao baño. O que pasou ahí xa non o conto.


Co corpo vacío, funme de novo á liña de meta onde había un bo buffet e onde puiden repoñer algo de enerxía e ver chegar a varios corredores. 

 A ducha esperábanos na pavillón e agradeceuse. Xa non me movín do lugar, pois tamén alí íamos degustar unha rica paella que, como tiña o corpo, pouco puiden comer. Entrega de trofeos e a parolar coa xente, que é unha das cousas máis fermosas deste deporte, pois é bonito gañar, pero tamén é bonito pasar un anaco coa xente que ten os teus mesmos vicios ou hobbies.


Por certo, os trofeos eran por categorías, non habendo absoluta e ahí, ahí fun o primeiro dos "maiores", xunto con Cancelo e Pablo Mella (vaia podium).













No hay comentarios:

Publicar un comentario