martes, 19 de febrero de 2019

Maratón Trail do Castelo #QuirogaTrailTrallenge (16-02-2019)


Esta é unha carreira
das que hai que vivir dende o día anterior


Non só porque a saída do ultra e maratón é ás 8 da mañá, senón polo ambiente trailero que se respira en Quiroga dende a tardiña do venres.

Levantárame cunha tortícolis de cabalo, pero parecía que ía a menos ao longo do día.  

Á chegada xa atopamos xente coñecida que nos fixo moita ilusión saudar e parlar con ela, así como no Chapacuñas, lugar emblemático xa nesta carreira. Tivemos sorte ao chegar ao bar (ou algo de pillería), porque foi chegar e ter mesa para cear. E alí, ceando, parecíamos o Papa cando sae no papamobil, saudando por aquí, saudando por aló. Xente na pila. 

Non tardamos en arrancar tampouco, pois había que preparar a cama no albergue e durmir algo, que logo chegaban as 6 da mañá, hora de levantarse.

Hai que dicir que durmimos ben, pero coma sempre, non chegan as horas. Cando nos demos conta, xa estábamos espertos para ir almorzar e cambiados para a carreira. Pero claro, e que faltan 5 minutos para a saída e aínda estamos na habitación. Oh my god!.

SAÍDA:
Estou saíndo pola porta do albergue e están coa conta atrás para a saída. É igual, xa vou quentando nos primeiros metros da carreira. 

Non tardo en darme conta que, aínda que levo soamente unha camiseta e un par de "bragas", non fai tanto frío como esperaba e quizáis pase calor (e non fallo). 


Nada máis sair da estrada xeral, e cando comeza a poñerse costa arriba, levaría sobre uns 30 corredores por diante, contando o que me estaba a pasar nese momento, o barbas que, ou chegou tarde ou algo lle pasou, pero é moi raro que este saia á hora. Pouco a pouco o grupo vaise alongando e poñendo de a un, polo que intento non quedarme no grupo de atrás e dou ese empurrón de 20 metros para agarrarme a él. 

Pouco a pouco cada un vai collendo o seu sitio polo ritmo que levamos, mentres se sigue alongando o grupo (ou imos dicir que xa non hai grupo). Vou adiantando algún que outro corredor, que vou deixando conforme pasan os km, posto que os ritmos son tan iguais que soamente se saca espacio en grandes distancias. No primeiro avituallamento (km8), no que non paro, deixo atrás a 3 corredores (creo que do ultra), dos que ía "a roda", pensando que me collerían máis adiante, cousa que non sucedeu. Non saín cómodo nin me sinto cómodo. Non teño o ritmo nin as sensacións deseadas, por non dicir que non teño sensacións, ou máis ben, teño unhas sensacións de ir coma un "tractor coa reductora posta" (os de aldea sabedes do que falo e os da cidade, que me pregunten cando me vexan, ou que compren libros jajjaj).

Seguimos. Aló polo km10, escoito o meu nome moi preto. A voz era a de Iván Brea que ía por diante (ultra). Levábame escasos 100 metros (en subida) e alí estivo ata o comezo da baixada cara Outeiro (km15), onde me coloquei detrás del e aínda fomos falando camiño do avituallamento da preciosa aldea. Neste si que parei, a coller auga, comer algo e beber. Prácticamente levaba o mesmo tempo que o ano anterior, pero como dixen, as sensacións eran outras ben distintas. Aquí, cada un foi polo seu lado (Iván para o Montouto -ultra- e eu aldea abaixo). Non tiña moi claro os corredores que levaba diante, pero logo me sacou de dudas Javi Rubio. 5 corredores diante miña. Bueno, comezaba o sector no que o ano pasado me atopara tan ben, a ver cómo se prestaba neste 2019. Aínda que non me notaba mal, seguía sen esa sensación de correr libre. Despois de pasado un tempo, podo ver ao lonxe dous puntos de colores movéndose e podo incluso coller algunha referencia. 2 minutos é o que me separan dos corredores de diante. Ía xa polo km20 e teño por costume nese km mirar para atrás, posto que sobre esta distancia soe collerme un tal José Angel Díaz Bautista (si, ese mesmo). As vistas eran impresionantes e abertas, e sí, por alí o vexo vir. Sobre uns 700 metros por detrás.

A distancia foise acortando pouco a pouco ata que non avituallamento de Rugando (km26), chega prácticamente comigo. Él xa non para e eu doulle un "ala, vai indo". 

O que me durou a min beber e coller 2 anacos de laranxa e un de plátano, xa desapareceu polo asfalto abaixo.

Eu seguín ao meu, en solitario, papando algo de calor, en terra de ninguén ata aló polo km29, no que pasando unha vagoada, volvo a ver ao lonxe a José Angel, que xa dera caza aos 2 de diante. Esto deume ánimos, posto que había tempo que non os vía e parecíame que estaba máis preto deles nestos momentos. Collendo referencias, vexo que vou un pelín máis rápido que algún deles, pero as pernas comezaban a estar menos alegres do pouco alegres que saíran. E si, foi no km30 aproximadamente cando o corpo comezou a sufrir, a cabeza a pensar un pouco máis e o cansancio a facerse notar. E pasóuseme pola cabeza ..."quedan 12km, e hai que chegar a Paradaseca con algo de forzas, posto que de aí a meta algún pincha e esperemos que non sexa eu". E reservando combustible, como se dun fórmula 1 se tratase, así fun pouco a pouco chegando a Paradaseca. E como non, a costa da saída da vila coñécea todo o mundo. Esas rampas non deixan indiferente a ninguén. E de súpeto, vexo con moitas dificultades a un dos predecesores, un rapaz de melenas pasándoas putas. Chego con él ao avituallamento, onde como algo, e encho de auga, mentres vexo a súa cara desencaixada. "Me retiro" -espetoulle a un dos da organización. "Bueno, pois eu vou indo" -díxenlle eu. E efectivamente, algún caeu. Agora era cuestión de non decaer e facer unha baixada forte coma a do ano anterior, pero oh deus meu, aí ven un dos do maratón ... "boas Quito, que tal??", -qué tal?? pois peor que tí, vou mallado, desfeito, así que tira -díxenlle-. Mala sinal. Comezan a collerme por detrás. O que vai mal son eu.

Hai que dar todo o que teño (que non é moito) nestos escasos 5km que restan a meta. Intento apurar na baixada e consigo dar caza a ese rapaz que me adiantou, pero non foi pola velocidade de baixada non, foi porque parou a mexar cousa que, nestas circunstancias, dura máis do normal, polo que unha vez adiantado, xa non foi capaz de collerme de novo.

Pero a cousa non ía ben, os cuádriceps non aguantaban nas baixadas e parecía que ía pisando ovos. E foi xusto no Castelo, nesa curva pechada de dereitas, onde me adianta un corredor a toda mecha (Martín Fontán). Mal asunto. Non tardo en decatarme que pode vir por aí abaixo algún que outro corredor, de aí as presas deste. Xa non me importaba o posto, senón chegar a meta dunha vez. Martín case non a conta tampouco, posto que 500m máis adiante de onde me adiantou estaba acalambrado e só lle dou vida volver a verme. Liscou de novo como puido. 



Xa non quedaba nada (ou iso parecía). Faltando 600m para a chegada, un pouco antes de entrar na estrada xeral, un pouco antes do cruce si (ben sabedes ónde) alí me pasa Barral do TribuTrail "a fume de carozo". "Merda, que veñen os indios todos por aí abaixo" -pensei. E a duras penas cheguei por fin a meta. Esa meta que tanto agardaba e tan sufrida.











Finalmente,

6º posto na xeral (4:53:42), cando pensaba que ía 8º.

4º veteranos que, por eso de non repetir podium, subinme como 2º vet. A.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario