martes, 16 de octubre de 2018

V Carreira popular Dolmen de Dombate (22-09-2018)

A ocasión era moi especial,
corría meu fillo.

Despois de durmir unha horiñas e saborear a aventura do #UTCostaDaMorte, chegamos por fin á carreira popular Dolmen de Dombate. Si, digo por fin, porque é a primeira vez que a corro e iso que está aí ao lado, pero nunca houbo ocasión. 

E a ocasión era moi especial. Corría meu fillo. 

E con esa ilusión arranquei para Borneiro, Cabana de Bergantiños onde sabía que me ía atopar con moita xente coñecida, moita xente que había tempo que lle perdera a pista, xente e xentiña, amigos e amigas de instituto e da movida pontecesán. 

E comentando o vivido no ultra trail entre colegas horas antes no Bar Abeiro, case case non chegamos á saída na que corría Marcos. Non pensei que os aparcadoiros quedaban tan lonxe e houbo que ir correndo buscar o dorsal e poñerse na liña de saída. Si, Marcos chegou canso á secretaría, pois creo que había máis distancia dende o aparcadoiro á secretaría que o que tiñan que correr os da categoría alevín. 



Unhas pequenas incidencias co dorsal e chip e arrancou (xa viña co quecemento feito). E eu alí seguín de "cháchara" coa xente. E cando escoito que chegan os primeiros corredores da categoría, voume ver cómo chega o rapaz e sacarlle unhas fotos. Eeeeeeehhhh, casi casi casi non lle saco foto. Viña cos primeiros, concretamente no cuarto posto. A ilusión que me fixo non se pode describir. Quedei ilusionado e á vez "flipado", posto que era a segunda carreira popular que facía e tampouco sabía cómo ía responder (é máis, veu á carreira case obrigado). E agora que escribo estas verbas, sigo recordando e sigo flipando cómo rematou. 








Claro, que despois da súa chegada e que recuperase un pouco, o papá do cativo non collía en sí, e cada persoa que lle viña saudar, persoa que lle dicía a fazaña do "pequecho" (así, sacando peito ... "meu fillo").











E en nada ía ser hora de correr eu, que ao que viña xa o dixen antes ademáis de vir a recuperar as pernas do esforzo do ultra trail. E así, fixemos unha grupeta para facer o quencemento e sacar algunha dúbida de cómo afrontar estas carreiras. E entre esa xente do grupo, estaba Inma, unha rapaza deste concello que tiña moita ilusión nesta carreira e a cal me pediu consello. 


Seguro que ese era un bo ritmo para min. E aló fomos, para a liña de saída. 




A carreira foi o máis tranquila para min, pero quizáis algo sufrida para ela, pero o que algo quere algo lle custa. Teño que dicir que o obxectivo falado minutos antes case case se leva a cabo, o problema foi que o meu relóxio non colleu o gps ata minutos despois e estaba "enganándome" co ritmo que levábamos. Iso fixo que saísemos moi rápido e casi nos costa a carreira plantexada. Pero non foi así e serviu (coma en todas as carreiras, aprendes algo) para saber sufrir con sentidiño. E así chegamos a meta, imprimindo un pouco de ritmo para rematar a tope. O obxectivo foi cumprido, eu moi contento e Inma moito máis. E continuamos de leria.



E fomos no tren de volta para o aparcadoiro e desfrutamos moito da carreira e do ambiente e da xente e, e, e, e ... e con isto quero dicir que o pasei xenial e non será a última vez que vaia, iso si, cando o traballo mo permita e esperemos qeu non pasen outros cinco anos.







Saudos cordiais e ata a próxima. 






lunes, 15 de octubre de 2018

Ultra Trail Costa da Morte -por etapas- (15-21 setembro 2018). Ed. piloto

Realidades difíciles de conseguir

Aínda que non tiña moi claro a miña participación nin tempo para adestrar semellante proba (265km con 9000m+ www.utcm.run), caín na tentación de correr algunha etapa solta simplemente por acompañar a un corredor de élite, aínda que fose na liña de saída, a unha persoa que, sen conocela físicamente, parecía que nos coñecíamos de toda a vida. Non era outra que Diego Pazos, o corredor da "pajarita". 
Moitos non saberíades quén era (agora xa supoño que si), pero para mín é un ídolo como pode ser Killian ou Luís Alberto entre moitos outros. A historia non vola vou contar porque non é o caso desta crónica, pero podo dicirvos que é moi fermosa.

Bueno, o caso é que a primeira e segunda etapa coincidían en sábado e domingo e estaba libre, así que tiña que estar si ou si.

O venres foi a presentación en Cabana de Bergantiños, ao lado de Ponteceso, e esa era a mellor das oportunidades para coñecer persoalmente a Diego e ao resto de participantes e voluntarios. Con Diego Pazos foi coma un reencontro e co resto dos participantes, non tardamos 5 minutos en sentirnos cómodos (é o que ten este deporte). 
Trala presentación e cea, onde debatimos sobre a carreira e o desafío, todos para cama que ao día seguinte comezaba a carreira. 

SÁBADO 15 (Caión-Malpica de Bergantiños. 258km e 970m+)
Éramos poucos na saída pero a aventura era fascinante, así que non nos importou. Saímos cunha sonrisa e coa incognita de saber o que nos depararía esta aventura. Nos primeiros quilómetros xa comezamos a ver ónde se situaba cada un e cal podía ser a estratexia xeral. 

Diego Pazos foi pouco a pouco collendo distancia e recordo que na praia de Razo xa non o víamos ao lonxe. Eu optei por ir con Giulio, un rapaz de Ibiza, influencer que tamén me quedou marcado dende esta aventura. 

O ritmo era moi suave e cómodo, que me deixaba disfrutar da paisaxe desta Costa da Morte que non coñecía tan polo miúdo. Eu sabía que a etapa de mañá (Malpica-Ponteceso) era moi esixente, polo que o ritmo era bo.

Non tardamos en meternos na ruta "Os pinos do mar", un fermoso percorrido por pistas que nos deixaban descansar os nocellos e xeonllos. Había que reservar o chasis que esto aínda estaba comezando. 

E por fin, vemos moi preto Malpica. Tocaba baixar dende Pedra Queimada ata o porto, e fixémolo xuntos, entrando na meta da primeira etapa xuntos, Giulio máis eu. Alí estaba esperando Diego Pazos que, como gran profesional, esperaba aos seus rivais en meta.
Pouco a pouco ían chegando o resto de participantes. 

Picar e beber algo en meta, ducha e despois decidimos comer na praia de Seaia, tranquilos e disfrutando do día. 

Pero o corpo sabía que tiña que descansar e que mañá era outro día. E aló marchamos todos, cada un para o seu aloxamento. 

DOMINGO  (Malpica de Bergantiños - Ponteceso 46,3km e 1715m+)
Aquí contaba con ventaxa. En moita parte deste percorrido adestrei no verán, polo que sabía ónde podía ir mellor e pior. O meu obxectivo hoxe era aguantar o ritmo de Diego Pazos, sabedor de que mañá lúns xa non ía correr. 

Así foi, saímos de Malpica cara cabo San Adrián, nun día fresco pero impresionados vendo o amencer. Non tardamos en distanciarnos Diego máis eu, poñendo terra de por medio. A etapa era longa, con desnivel e algunha zona moi técnica. Para min, a etapa máis bonita de todas elas. O ritmo era alto pero podía con él. As conversas con Diego foron moi fructíferas, mentres eu facíalle de guía e explorador da Costa da Morte. E así fomos, pasando polos diversos avituallamentos, onde podía ver xente do Club Abellariza de Ponteceso que tan ben nos tratou, unha ledicia. 

E si, así fomos ata que pasando a praia da Barda -Corme-, méteseme un pincho no pé e teño que parar a sacalo. Pasaba xa do km30, pero dende alí, xa no volvín ver a Diego, e iso que o intentei por algún momento. Non foi ata o avituallamento de Faro Roncudo onde o atopei, él saíndo e eu chegando. Finalmente, dende a Praia da Hermida -Corme-, xa non volvín saber máis del ata a meta.


Moitos dos meus seguidores comentáranme de que sacase unha foto con él no "descanso so guerreiro", un lugar máxico onde soio descansar cando adestro polo lugar. Inspírame paz, descanso e mútome coa natureza. Este lugar non é outro que a Punta da Facha. Pero cando eu cheguei alí, xa había tempo que Diego pasara e eu xa estaba desexando rematar a etapa. 



Aínda quedaba Balarés e subida ao Alto das Travesas (antenas) que se me fixo un mundo. Despois, baixar polo camiño da Vitureira e malecón. Xa estábamos na casa e fin do traxecto. Cal é a miña sorpresa que vexo que toda a etapa a fixera en 5 horas e pouco, pero máis sorpresa foi o recibimento en meta, con toda esa xente e Diego esperando. Unha ledicia.



Dende aquí, houbo un parón ata o xoves ...


XOVES 20 (Muxía-Fisterra. 50,2km e 2050m+)
A etapa máis longa e con máis desnivel de todas. Digamos que a etapa raíña.

Chegaba fresco despois de non asistir ás etapas anteriores, e o obxectivo unha vez máis era saber máis de cómo se manexa un corredor élite. O resto dos corredores xa levaban moitos quilómetros nas pernas, polo que non tardamos en cada un coller o ritmo desexado e, o meu, ía ser o de Diego Pazos ata onde poidese.


Como na etapa 2, as conversas que podíamos ter entre os dous eran deste deporte e cómo afrontar as carreiras. Os 3 grandes desniveis que tiña a etapa ían quedando atrás. No primeiro chegamos a ver a Íñigo (un xoven rapaz do País Basco que non tardaremos en escoitar del) e Giulio na base do Monte Cachelmo. Xa non volvemos saber máis deles.


Os quilómetros ían pasando e sentíame ben a ese ritmo imposto por Diego. Xa se lle notaban os quilómeros enriba, ou eso creía eu.

De vez en cando atopábamos Pablo Lista, que se acercou en varios puntos a saber cómo íamos e a animarnos.

Eu traía unha dor de estómago dende o primeiro avituallamento que foi agrandando conforme avanzaba a carreira e xa pola praia do Rostro corría con dificultade, mentres o meu compañeiro seguía con ese ritmo, ese mesmo co que comezou, como se non lle afectasen os quilómetros. Eu agradecía os avituallamentos, xa que él o tomaba con calma mentres eu chegaba uns metros máis atrás. Pero onde realmente me atopaba mal foi pouco antes de chegar ao cabo da Nave (antenas), onde xa Diego me sacaba un cento de metros. No avituallamento só collín auga e saín canda él, xa só esperaba rematar a etapa. As baixadas facíanse jodidas, en especial a que nos leva á praia Mar de Fora. Dende moito antes xa todo eran ánimos por parte de Diego Pazos para que seguise co ritmo imposto. E pasamos Fisterra en dirección ao faro.

No terreo chan e grazas a que él reduciu o ritmo (non me cabe duda), ía acercándome e xuntándome con él, máis no último repeito era imposible levar ese ritmo. Xa só quedaba a baixada que nos levaba a Faro Fisterra. Alí, ao lonxe, xa víamos o arco de meta. E alí fun, baixando máis a presa do que o corpo quería, e alí estaba baixando amodiño Diego. Desta si que entraríamos xuntos, pois así o quixo él. Eu acabei reventado e o chavalín aínda se puxo a bailar na meta. Incrible. 

Esperamos polo resto de participantes como norma e despois ducha, masaxe e a durmir. Aínda quedaba a derradeira etapa. 

baixando dende cabo da Nave
fundido despois do esforzo
metros antes da meta
   

VENRES 21 (Fisterra- O Pindo. 40,8km e 1644m+)
Día chuvioso o que nos tocou e con neboa, moita neboa. Os primeiros quilómetros dende o faro ata sair de Fisterra fixémolos xuntos para non perdernos. As condicións climatolóxicas ían ter un papel importante hoxe. O que debía ser unha etapa para ver o mar dende puntos máis altos, converteuse nunha fazaña para chegar san e salvos a meta. Foi no avituallamento do campo de fútbol de Cee onde o grupiño se rompeu. As forzas que nos quedaba a cada un de nós xa eran distintas e cada un tirou ao seu ritmo. A neboa era tal que non se veía a 20 metros. Eu intentei seguir a Diego, deixando por detrás a Campanero (preparador físico de profesión e atleta que adestra por esta zona do Pindo), pero nun momento de confusión nun cruce, vexo que o gps se me bloquea e que non vexo marca algunha do percorrido. Tirando de imaxinación, collín o móbil onde levaba o track, pero entre unha cousa e outra, pasaron moitos minutos. Chovía a rabiar, neboa e ... e o teléfono que se volve tolo ao choverlle na pantalla. Amodiño fun capaz de chegar a un cruce onde atopei ao voluntario Manu (que estaba en todo, xunto cos outros voluntarios). Díxome que Diego pasara había 10 minutos, polo que estimei que tamén tivera dificultades. Moito máis adiante, a cousa complicouse noutro cruce. Non atopaba o camiño correcto. E grazas a deus, apareceu Campanero no mesmo lugar e xuntos proseguimos o camiño. Xa de forma suave e pensando en acabar sen levar un golpe. Non foi fácil. Nunha das zonas máis elevadas da etapa, non se veía nin a 5 metros e a dificultade de ver as balizas de sinalización complicábase. Entre os dous fomos capaces, pouco a pouco de coller o bo camiño e, aínda así, tivemos unha sorpresa de última hora. Uns 50 metros de toxo atlántico esperándonos ata a altura dos xeonllos. Mi madriña que maneira de picar. Por fin chegamos a un tramo de estrada antes da presa do Ézaro. Dende aquí xa tiña Campanero memorizado o percorrido, xa que coñece a zona como a palma da man. Pero ollo, aínda quedaba a subida á Moa e a súa baixada ata O Pindo. Non foi fácil entre a chuvia, o vento e a néboa. Aló arriba atopamos a Antonio Amboade sacando fotos (pingando coma un pito). Pero o que me preocupaba a min era a baixada, xa que as Salomon ían slip total e o día non estaba para historias. E aínda baixado amodo, caín tres veces e nunha delas, enriba da toxeira. O que vos dicía, a ver se chego vivo á meta.

E por fin, vistamos as primeiras casas da vila e cando nos damos conta estamos na súa praia, co arco de meta ao fondo. Por fin chegamos si. E chegamos xuntos. Bicos e abrazos e a ducharse que morremos co frío. Aínda nos daría tempo ver chegar ao resto de participantes. 

E como era o derradeiro día, xa comín no mesmo lugar que o resto de amiguetes que acaba de facer nesta semana. E que ben se comiu na Morada da Moa (O Pindo). E así estivemos ata a noitiña, entre cafés e xeados. E finalmente, fomos para unha cea de confraternidade que se montou. Risas, risas e máis risas e comer por suposto. E aínda houbo tempo para a camiseta de finisher e unhas entrevistas que nos fixo Giulio para o seu canal de youtube.

Unha experiencia incrible cunhas persoas incribles. Mágoa de non poder facer todas as etapas para saber ónde está o límite. Aínda así, moi feliz por formar parte desta experiencia.

E para finalizar vénme unha frase á cabeza ... "droja en el colacao", así estou/estamos os que imos correr pola natureza, porque a natureza engancha co fermosa que é.

Estou á espera de recibir máis fotos (da última etapa) que publicarei ao pé desta páxina cando cheguen. 





miércoles, 29 de agosto de 2018

I Trail nocturno Cova de Lobo (18-08-18)

30 anos sen ir a Zas

Pois claro que me atraía este trail. Por un lado, había 30 anos que non me acercaba a Zas e por outro, estaba moi preto do mesmo, pois estou pola terriña.

Dende a actuación estelar ou "a do pardillo"(Desafío Somiedo), según se mire, non adestrara de forma "sistemática", aínda que fixen as miñas cousiñas e, sobre todo, disfrutar da familia e da natureza.

O caso é que unha semana antes, planteeime asistir e tomalo coma xurdise. E xurdiu que na liña de saída, tomeino "a peito" (coma os machotes).

Despois de saudar e falar coa "trailada" toda, e quentar un pouco, aló fun ...que me puxen na primeira liña de saída e non me daba a hora de arrancar (puido ser o café que lle tomara media hora antes -soio tomar 5 cafés ao ano-).

E a onde fun (saída) vin moito galo para tan pouco galiñeiro e a historia semellaba complicada.


Faltaban moitos (todos non poden estar) pero seguía habendo moitos.


Bueno, vou arrrancar que senón esto faise moi longo.

Minutos antes da saída e vendo o "percal", tomo a estratexia a seguir. Tirar a "fuejo" e "ferro a fondo".

Do percorrido só sei o perfil e os quilómetros e, vendo algún asfaltero no galiñeiro, a estratexia tiña que ser esa.

SAÍDA:


Nada máis dar o pistoletazo de saída, saio coma un raio. Non suelo salir na primeira liña do grupo de cabeza, pero desta vez, e como se ve na imaxe, era eu o que ía uns metros por diante (e esto tivo que ser o café).

A carreira tiraba cara abaixo e todo axudaba, pero o ritmo ben sei eu que era frenético. 

Nas primeiras costas, e nada máis adentrarnos no camiño, fíxome das balizas e vexo un sendeiro que tira cara abaixo a continuación outra baliza máis abaixo, polo que tiro por ahí abaixo ata que Cancelo se da conta que ese era o percorrido das carreiras dos cativos, xa que a nosa tiraba cara arriba. Non se falou máis. Voltamos esos 70 metros cara atrás ata entrar de novo no camiño e veña, a adiantar algún corredor. Pouco durou esos adiantamentos posto que, cando entramos nun desbroce feito pola organización e que nos levaba a unha das cotas, xa estaba o grupo de favoritos feito. Éramos unha presa de deles, non máis de oito. 
Vexo que Fernando Cancelo se vai quedando e que entra en xogo Oscar Piñeiro e Sergio Bouzas. O primeiro, vexo que leva un ritmo bailarín e na primeira pendente que me poño a andar, pídeme paso pois "es muy temprano para que yo ande" ... e aló se foi. Non me sacaba moita distancia e parecía que nalgún momento me acercaba a él, pero non era relevante. Pouco a pouco, por detrás íase acercando Sergio Bouzas, ata que antes de chegar á máxima cota, me pasa e cando eu chego á mesma, non vexo máis que a súa estela ao final da baixada, pouco antes de adentrarse no monte. Por detrás sácolle a Cancelo máis distancia da que pensaba. 

A partir de aquí o percorrido faise máis bonito entre carballos e pinos, aínda que sufrindo, estou disfrutando moito e iso nótase tamén no ritmo, ata que pouco a pouco me uno a Sergio, co que imos tirando un do outro conforme nos imos encontrando mellor. Chegados ao 2º avituallamento, vemos ao lonxe a Oscar que, como supoñía, xa estaba saboreando a victoria e tíñanos a raia. 


Eu levaba un anaco con pequenas dores de estómago e parecía que ían a máis. E faltando pouco menos de 1.5 Km ben pensei que tiña que parar por esas causas internas, pero para o que faltaba había que seguir. Medio quilómetro máis cerca da meta, Sergio xa puxo unha marcha máis que non puiden seguir, o único que podía facer era apretar o cú. E por fin chegamos a META, despois da foto de rigor e darlle a noraboa aos dous, funme directo ao baño. O que pasou ahí xa non o conto.


Co corpo vacío, funme de novo á liña de meta onde había un bo buffet e onde puiden repoñer algo de enerxía e ver chegar a varios corredores. 

 A ducha esperábanos na pavillón e agradeceuse. Xa non me movín do lugar, pois tamén alí íamos degustar unha rica paella que, como tiña o corpo, pouco puiden comer. Entrega de trofeos e a parolar coa xente, que é unha das cousas máis fermosas deste deporte, pois é bonito gañar, pero tamén é bonito pasar un anaco coa xente que ten os teus mesmos vicios ou hobbies.


Por certo, os trofeos eran por categorías, non habendo absoluta e ahí, ahí fun o primeiro dos "maiores", xunto con Cancelo e Pablo Mella (vaia podium).













lunes, 6 de agosto de 2018

MDS Desafío Somiedo (28-07-18)

SI, fixen a do partillo.

A viaxe foi máis tranquila que a da anterior aventura (refírome á Transvulcania). Hora, lugar e viaxe estaban claros. Fun "acollido" polos veciños Jarnachas (ou parte deles), tendo de anfitrión a Javi Rubio e Nati Ferro, que non sei moi bien se me trataron coma un neno ou coma un avó. Bueno, o caso é que aló arrancamos cara Asturies patria querida, despois de recoller a Moncho Muíños, o tope de gama da expedición. Creo que non paramos de falar ata chegar a Pola de Somiedo, lugar onde recolleríamos os dorsais e atoparíamos a media Galicia, incluídos o resto da expedición (Bruno Cardamas, Borxa e Jano).

Despois dunhas Estrellas e unhas aguas, tocaba cear e para cama. Por fin unha previa na que todo saía como estaba estipulado.

A CARREIRA.
Ducha, almorzo e á hora prevista, desprazámonos en coche ata o lugar da saída.

Entre saudar aos coñecidos e tal, perdo a noción do tempo, pero menos mal que estaba Bruno atento e colle sitio na parte dianteira da saída (para 3-4 corredores).

Ás 9:00 h. dase a saída.

Xa comeza picando para arriba, e o que a miña vista da, andamos polos 25 primeiros. O camiño embarrado e en fila india, non da para ver máis. Non tardamos en entrar nunca zona asfaltada na que me atopo a Jana & Company e na que o grupo vai xa máis que roto. Dende este km 3 xa só verei a 3 corredores ata o Cornín (primeira gran subida). Teño que recoñecer que levaba bastóns e que falta me facían. Por diante levaba a Juán José García García do club Ojanco e por detrás a Alejandro del Busto Sánchez do club atletismo Pravia. Esto foi ata chegar ao avituallamento 1 (km7). Por atrás sei que hubo cambios, ao subir ao Cornón podía intuir aló abaixo un pequeño grupo de corredores. Por diante, lamíalle o cú ao de Ojanco, aínda que nunca estiven a menos de 20 metros del (era imposible) e, ao chegar arriba, non pueden máis que velo voar pola ladeira abaixo.

Subindo ao Cornón, coincidín con varios grupos de senderistas, ou iso cría, ata que lles vin dorsal, eran corredores da ultra (esta xente supoño que o ía pasar moi mal ou definitivamente non ían rematar a carreira).

A miña primeira parte da carreira estaba feita, e creo que con nota. Agora quedaba a segunda. O ritmo que levaba era bo, así que, polo de agora todo marchaba como tiña pensado.

Non tardo en ver ao lonxe o avituallamento 3 (El Puerto), cunha gran cantidade de público que te leva en volandas. Recoñezo detrás dunhas botellas de Estrella Galicia a voz dos Jarnachas (Nati, Borxa, Jano, Blas, Raquel, ...). Parecía o feirón de Arteixo. Chegaba a este punto co tempo marcado de antemán (3:15 horas). O calor xa se facía pesado e, despois de hidratarme ben e comer algo de froita, saio do avituallamento con boas  sensacións. O sendeiro volta a porse cara arriba. Unha serpente multicor descríbeo perfectamente. Vou poñendo obxectivos inmediatos de caza e captura. Xa vexo xente tirada nas poucas sombras que hai (todos son da ultra). Nin rastro dos corredores da maratón. Minto. Detrás miña, aló abaixo, vexo dous corredores que, polo seu ritmo, deben ser da maratón. 

En nada comeza unha longa baixada na que podo ver a algún corredor por diante, pero moi lonxe del. Por detrás, non se move nada.

Faltando 2-3 km para o seguinte avituallamento (Valle del Lago), éntrame na zapatilla dereita unha pequena pedra que, en principio non molesta moito e probo de vez en cando, de mandala para un lateral da plantilla, sen éxito. Por un momento noto que se me está facendo unha "boza", pero non logro pararme nesa baixada e, cando o fago, noto un escozor esaxerado. Xa estou preto do avituallamento, polo que decido sacala alí. Mentres me enchen os botellíns de agua, saco a pedra. Vexo que me furou o calcetín e a plantilla e o escozor comeza a sentirse máis intensamente.

Como algo de froita e para adiante. Xa só quedan 6-7 km para chegar a meta, cunha pequeña subida e unha longa baixada. As forzas xa flaquean, pero tampouco queda moito.

Arranco do avituallamento e nese llaneo vexo que levo bo ritmo, pero en nada comezamos a subir. Noto que necesito "forza" e, merda, non teño máis xeles (fun cos que pensaba xustos para a carreira). Bueno, toca tirar para adiante con auga e carbohidratos nun botellín. En nada pásanme dous corredores que creo que adiantei no avituallamento, ían demasiado rápido como para vir dende moi atrás. Ao pouco, chega xunto a min Sandra Sevillano (campiona da maratón) que, despois de estar un pouco "a roda", pasoume coma  se acabara de comenzar, fresca como a primeira hora. Con ela ían outros 2 chavales. Aló foron.

Pero o que fora unha simple pedriña antes de Valle del Lago, fíxome un cristo, desgarroume a pel do talón e doblouse ao correr, polo que sentía un forte queimazón que me impedía pisar co talón e só podía pisar coa parte dianteira do pé. Mentres que para arriba aínda ía, para abaixo era imposible correr con certa soltura. Non tardaron en darme caza varios corredores xa moi preto da chegada. So teño no recordo aos 3 últimos, un deles cun ritmo non moi forte, pasaoume nunha baixada dunha pedreira, outro chegando ao último tramo de asfalto que me deixou cravado ao seu paso e o último que, chegando á ponte de Pola de Somiedo (a poucos metros de meta), pasoume coma unha exhalación, non puidendo competirlle a posición. Quizáis o golpe máis cruel despois dos 43 km, pero así son as carreiras.

E así entrei en meta, sufrindo pero moi moi contento de poder facer esta gran carreira e ademáis con esas sensacións ata o desenlace da pedriña. Si, tamén sei que fixen a do pardillo.


Despois xa foi todo "recuperación" e ver chegar aos compañeiros/as e o final da carreira. Pasar polo hospital de campaña, fisio, ducha, refrixerio, charlas varias, amig@s. Ahh, e non olvidemos o cachopo. Amiguiños ... Que bo estaba. 

E como aquí o montan tan ben e ía cun grupo moi molón, pois ahí quedamos ao concerto de fin de carreira (a pouco máis quedamos para barrer o recinto). Finalmente decidimos marchar durmir que xa eran horas.

Agradecer a Javi e Nati toda a organización da viaxe e por aguantarme tamén, e a tod@s cos que lle din a lata. Non soio correr moitas carreiras e cando o fago, teño leria para todos. 

Bicos e abrazos.


  

  






jueves, 17 de mayo de 2018

TRANSVULCANIA 2018

UNHA CARREIRA "ACCIDENTADA" NA QUE HOUBO
VENTO, FRÍO, CHOIVA, CALOR, CAÍDA ... E "CAGALERA"

Como ben todxs sabedes, a viaxe de ida non foi nin moito menos un camiño de rosas. Dende o primeiro momento, no que nos informan no aeroporto da Coruña que o avión ten un golpe producido polo golpeo dun camión ata a nosa chegada á isla de La Palma, pasan máis de 27 HORAS.
Mellor non seguir falando disto porque me enveneno.

Imos pois ao venres 11, unha vez aterrado en La Palma e co chofer Martín Pardo esperando na porta co vehículo de aluguer que, a todo esto, faltáballe a maleta na que viñas os paus de trekking de todos nós (extraviada no aeroporto de Madrid). De ahí a comer algo e recoller o dorsal. Por fin estamos xuntos os 4 mosqueteiros (Iván Brea, Roberto Vázquez, Martín Pardo mais eu). O dito, comer, recoller o dorsal, onde coincidimos con Keko, Edu e compañía e despois ao supermercado mercar algo para almorzar. A cea faríamola nun restaurante, xa que o que precisábamos era durmir algo antes da saída. En dúas noites non durmín máis de 8 horas e xa me caían os ollos.

Chegamos aos apartamentos que alugáramos e preparamos as mochilas e roupa para a carreira. Logo fomos cear. As suxerencias do camareiro foron acertadas.

De volta aos apartamentos, non quedaban máis de 4 horas para ter que levantarnos de novo. Todo un stress. Durmín a gusto iso si, pero insuficiente.

Almorzo consistente e arrancamos a coller o autobús. A esas horas xa era todo unha festa. Decenas de autobuses circulando polas estreitas estradas que nos levaban á saída, no Faro de Fuencaliente. Era unha mañá fresca e venteada. As estrelas chamaban a atención no ceo. Como íamos ter moitas horas por diante, decido ir ao WC, decisión que tiveron outro tanto de decenas de persoas. Alí estaba eu, na cola, cun vento que ven podía ser do nordés e unha frescura, que ven podía ser de Galicia.

Os compañeiros deciden ir para o control de firmas, mentres eu decido facer as miñas necesidades fisiolóxicas antes de sair. Despois de moito esperar ... chego á liña de entrada. Soamente vou facer un pequeno comentario ao respecto ... "o WC portatil, non estaba ben equilibrado, máis ben levantado de atrás, polo que xa podedes imaxinar onde estaba todo o "postre" dos antecesores meus. Ahh, o burato de baixada de residuos sólidos estaba na parte traseira, por si non vos déchedes conta".

Aló vou todo pertrechado ao control de firmas. Revisión de material e a buscar sitio na saída. Xa ía ser imposible atopar aos compañeiros, xa que debía haber alí un millar de persoas. Busco un sitio no medio do grupo, por eso de non pasar frío e espero a que se de a saída. Este ano seica cambiaron a saída para que non haxa esos embudos de anos anteriores. Ás 6 da mañá, dase a SAÍDA.

Aínda que quixese correr, era imposible pola cantidade de xente que había. E é que púxenme na saída cos dos "selfies". Que me morra se non había alí máis xente sacando selfies que correndo.

Por un momento, comezo a trotar e adiantar xente, xa que se pon costa arriba e nunha estrada asfaltada, pero non tardo 2 km en ter gañas de mexar (orinar, para os máis escrupulosos). Non había unha hora en que pasei polo baño e xa teño que parar. Total, que volvo a estar en zona parada. E máis parada ía estar cando entramos nun pequeno sendeiro, onde paramos literalmente. -Non hai de que preocuparse que falta prácticamente toda a carreira-, pensei. En fila india, imos avanzando pouco a pouco. E chegamos ao primeiro avituallamento OS CANARIOS (km 7.03), entre 10-15 minutos máis lento do que tiña previsto. Sorprende a cantidade de xente que hai animando, que fai que subamos polas súas rúas sen que nos enteremos. Vaia subidón de adrenalina.

A partir de aquí podemos usar as varas (palos de trekking para los de A Coruña). Volvemos a coller unha pista forestal na que pouco a pouco vou pasando corredores máis lentos.

Sobre o km 9 atopo aos meus compañeiros Martín e Roberto, aos que lles invito a seguirme, xa que o ritmo é moi suave. Prefiren ir ao seu ritmo, polo que eu continúo non sen antes, desexarlle ánimos e preguntarlle por Iván que, seixa saiu coma un lóstrego na saída.

Aló polo km13 e xa en sendeiro de area volcánica, nun falso llano no que levaba unha boa velocidade de cruceiro e sen previo aviso , aló me vai unha das varas. Un estadounidense desos do McDonals, pisoume a vara e doblouma. Outra vaca máis para o millo. Non tardo en coller o pau e continuar a marcha ata que ... a cinco metros do "cañarte", aló vai ... tropezou non sei moi ben con qué e bateu de fuciños no chan. Parei axudalo. Tiña a cara rascada coma un disco de vinilo e cunha ferida importante no queixo. Podía continuar ata un posto médico. Pensei para mín -Non te queixes que tiveches sorte de non levar coa vara tamén, que logo cha endreitaba eu no lombo-. Continuamos.


Eu sigo andando rápido pola area coa axuda da vara boa e a vara doblada, e sigo adiantando xente. E xa chego ao avit. 2 LAS DESEADAS, no km16,5 Aquí como algo de froita e collo auga. Terei uns quilómetros de llano e baixada, na que non podo emocionarme, sabendo o que ven a continuación. Intento levar un ritmo pausado pero alegre. A tónic
a segue sendo a mesma, seguimos adiantando corredores.



Paso por El Pilar
Comeza a chover, ou máis ben é a condensación da néboa nas árbores e o vento que fai que caia auga sobre nós. Hai frío, pero sigo en manga curta. Ao lonxe xa se escoitan as persoas no avit.3 EL PILAR no km24.3. Volvo a coller auga e comer algo de froita. O ambiente é espectacular, que fai de novo que salga correndo da zona. Dende aquí ata o seguinte avituallamento, a pista invita a ir rápido, pero como xa veño avisado, debo tranquilizarme polo que nos espera despois. Aínda así, indo moi amodo, sigo adiantando corredores e nalgúns tramos vou só.

Km 31, avit.4 EL REVENTÓN. Ao pé do avituallamento xa se ve o desnivel que tocará agora. O nome venlle que "ni al pelo". O mesmo que nos anteriores (auga, fruta, froitos secos) e para arriba. O pelotón xa ven "escajallado", xa non hai trenecitos infinitos. A tónica segue sendo a mesma dende Os Canarios, pero agora vexo un rapaz que ten parecido ritmo ao meu, polo que decido irme detrás del e darlle algún relevo. Por se non era pouco o desnivel e o agarre do sendeiro, ademáis do frío e a choiva que tivemos ai un anaco, agora comeza o vento ladeado que parece que nos quere tirar. E creo que é aquí onde comezo a ter dores de estómago. Cada vez que tomo auga dun dos botellíns, aos 3 segundo teño unha dor de estómago terrible. Tal que teño que parar de cando en vez cos "retortijones". Parece que me mareo algo tamén, non sei se é pola altura ou polo frío ou polo estómago. Por fin chego, aínda que con dificultades, ao avit.5 PICO DE LA NIEVE. (km 42)


Entre Pico de la Nieve e Pico de la Cruz, medio mareado.
O primeiro que pregunto é polos baños, ao cal me contestan -ves todo eso, pues son los baños-. Moi ben, pois preciso papel. A cantidade de voluntarios é tal que hai alomenos un para cada cousa e, para o papel, non ía ser menos. Como algo, bebo, pero ollo, bebo isotónico. Téñolle pánico á auga. Por aquí anda Zaid Ait, un dos pros que acaba de retirarse. Nada máis sair do avituallamento comeza unha das pendientes máis jodidas de toda a carreira. Pequena pero que tira para atrás. E despois de buscar e buscar un lugar adecuado onde defecar, atopei un incrible. Unha preciosa vista ao Barranco de Altaguna. Tomeime o meu tempo que non foi pouco. Xa vos podedes imaxinar a estampa e o percal (non digo máis). Atópome moito mellor, así que hai que ir recuperando o tempo perdido.

Paro un momentiño no avit. 5 PICO DE LA CRUZ (km 47.4) e continúo cara Roque de los Muchachos. O estómago aínda non está do todo saudable e sigo medio mareado, ou mareado e medio. Xa non sei. Aínda terei que facer outra paradiña antes de chegar á cima da carreira.

A xente aparece en calquer lugar para animar aos corredores, o que fai que o ritmo colla algo de "baile". Xa se ve o Roque de los Muchachos ao lonxe, que nun principio me pareceu que estaba cerca, ata que o sendeiro xira á dereita e me deixa ver que queda un mundo aínda. A 2 km da cima (km 49), pásame unha rapaza, co nº 18, quere dicir que é unha das invitadas. Non sabedes cómo anda esta xente, de ónde sacarán tanta potencia, tanta velocidade ...

Subindo cara o Roque dos Muchachos
Prefiro non seguirlle o ritmo por si acaso. E mellor foi, cando chego ao avit. 6 ROQUE DE LOS MUCHACHOS (km.51.8 a 2420m de altura) teño que apoiarme nunha mesa, cun lixeiro mareo. Incluso se acerca un voluntario preguntarme se estou ben. Despois duns segundos, comezo a engulir froita e a beber coma se non houbese un mañá. Por eses lares estaba saíndo do avituallamento o corredor Juanma Jimenez, que o ano pasado fixera 8:05 horas e quedara no top20 (parece que este ano as cousas non ían ben). Decido sair do avituallamento, xa ben "merendado" e non perder o ritmo que, aínda que baixo, era constante. Aínda que temos unha lixeira subidiña, a partir de agora, teremos case 18 km de baixada, nalgúns casos técnica e noutros con bastante desnivel. O sendeiro é de pedra volcánica. Baixo con coidado de non mancarme e sigo adiantando corredores (entre eles a Juanma Jimenez que ía cun xeonllo desfeito tamén) e algún máis que seguro, pararon menos ca min no avituallamento anterior.

E cando menos o espero, esvaro nunha rocha que me fai tropezar noutra e ... cucho carneiro que te criou. Levo un "hostión" que, unha vez levantado e vendo que non teño nada roto pero si que algunha ferida e traumatismo, déixame atontado durante uns minutos. Ata min acércanse dous brigadistas forestais que estaban a poucos metros da caída e formaban parte do operativo da carreira. Despois de axudarme e preguntar se precisaba asistencia médica, opto por seguir andando ata o próximo avituallamento que, seica estaba a 4 km do lugar. Pouco a pouco comezo a sentirme mellor e poder continuar. Entre tanto, varios corredores pásanme, pero xa non importaba. Agora o caso era finalizar a carreira, que se estaba poñendo algo "extrema".

E chegamos ao avit. de TORRE DEL TIME. Aquí facía unha calor de la leche, e xa estaban os voluntarios cos caldeiros de auga fresca para refrescar a cabeza. Non o dudei, antes de avituallarme, auga bendita pola cabeza e nuca. E continuamos para abaixo, estábamod no km 61,9 de carreira e quedaba a famosa baixada ao Porto de Tazacorte e despois o barranco que nos levaría á liña de meta en Los Llanos de Ariadne.

Baixada en zig-zag ao Porto de Tazacorte

A baixada recordo que nalgúns casos era tremendamente técnica, pero o que máis me costou foi a zona asfaltada antes de chegar ao sendeiro en zig-zag do Km Vertical Transvulcania. Ese desnivel tan pronunciado en liña recta e asfaltado rompíame os cuádriceps. Levei mellor o zig-zag, onde soamente un par de atletas da marathón me pasaron, o resto, íamos en fila india.




Paso polo Porto de Tazacorte

E chegamos ao PORTO DE TAZACORTE. Aquí tomeino con calma, xa que quedaban soamente 5 km para meta e eran cara arriba. Isotónico, froita e un bo puñado de frutos secos. E o mellor de todo, caldeiro de auga pola cabeza e un tunel de ducha para sair do avituallamento. E comezamos a meternos no barranco que non vin eu que fose tan complicado como me contaran.

Fun recuperando as posicións que perdín no avituallamento ata que no km 71 noto que unha sección do cuadriceps quere "entalar" e menos mal que levaba o xel salvador, pois foi tomalo, beber un pouco e a continuar.
Minutos antes do aviso do cuádriceps

E alí estábamos, no famoso carril bici azul, a un quilómetro da meta, e acompañado por un palmero que era a primeira vez que facía un ultra. Parecía que coñecía a toda a isla. Faltando 100 metros para a chegada sóltanlle aos seus fillos para que entren con él e, por suposto, uns metros antes da meta, aparteime para que saise unha bonita foto. Por iso non se me ve entrar en META, estaba detrás do barbas ajajaj.

Posto 186 da xeral, cun tempo de 10:51:36

Descansando uns minutos despois de cruzar a meta,
coas feridas de guerra
Soamente me queda dicir que, tras unha viaxe desastrosa por culpa dun golpe dun camión co avión, e despois de andar por aeroportos de aquí para aló sen durmir ben, sen hidratarme como era debido, comer daquela maneira e durmir moi pouco, e co estress de que esta fermosa aventura nunca ía suceder, chegamos á liña de saída con ilusión e, a pesar do frío, vento, choiva, cagalera, caidas e posterior calor, tiña claro que ía rematar a Transvulcania 2018. Moi contento coa carreira que fixen.




Co medallón de finisher Transvulcania18



Da organización desta carreira, só podo calificala de impresionante e espectacular. Cómo se volca a isla enteira no evento, cómo te animan, o ambiente en xeral, cómo te miman en todo momento, dende que chegas á isla ata que marchas. Esta carreira é impresionante en todo. Felicitar a todxs esxs voluntarixs, en fin, felicitar a toda a organización e isla en xeral.

E cando nos demos conta, xa tivemos que voltar para a península, sen poder facer nin unha hora de turismo. Mirade como foi o conto que tiñamos un apartamento cunha preciosa piscina e non houbo forma nin de probar a auga.