domingo, 10 de mayo de 2026

Ultra Oh Meu Deus by UTMB (02.05.2026)

Sempre nos quedará Portugal


A participación nesta carreira xa se forxou aló polo mes de outubro e pouco a pouco foi collendo forma, ou máis ben, a forma funa collendo eu...

Como obxectivo principal deste ano (soamente me inscribín a dúas carreiras), o primeiro test foi a participación do Trail Costa Doce, ao que fun con moi pouco adestramento pero que me serviu para saber onde estaba e o que me quedaba por facer para unha carreira digna en Portugal. 

Asi foi como cheguei a principios de abril con moi boas sensacións e co traballo feito, ou alomenos ata onde puiden. Despois veu un "tápering" que me pareceu algo longo, pero que, á vista do resultado, pois terei que ter en conta para as vindeiras aventuras.

COMEZAMOS...

Saída cara Seia o xoves pola tarde en furgoneta con David Eiroa e Moncho Muíños. Unha viaxe longa pero moi entretida, falando das nosas cousas (o que ven sendo, das carreiras e preparación). Chegada a Seia para recoller os dorsais e logo marchar para o apartamento a cear e descansar. 

En Seia, nada máis chegar atopo a unha amiga "virtual" y embaixadora de Tailwind, Claudia Abreu, máis coñecida como Cláudia TrailRunning
ou Trancinhas.run, a cal fíxome moita ilusión ver e poder coñecela. Ela tamén participaba, pero neste caso nas 100 millas.

Pois recollida de dorsais, David Eiroa e Moncho Muíños, participaban na 50k, e un servidor, na de 100k. 

Como levamos un gran cociñeiro no grupo, xa non houbo discusión de quen facía a cea. Non tardamos en marchar para cama, xa que os 50k se querían levantar ás 5 da mañá. 

Almorzo contundente e saída para Loriga, lugar de onde saían os 50k. 

Ás 8 en punto deuse a saída, eu funos seguindo polos avituallamentos e facéndolles de asistencia. 

Moncho foi un dos primeiros en chegar, 9º posto da xeral e unha vez en meta, arrancamos ducharnos ao apartamento. Logo chegou David e fixemos o mesmo. Non nos demos conta que aquí son moi estritos cos horarios e quedamos sen xantar, xa que ás 3 da tarde pechan as cociñas e xa pasaba desa hora, polo que decidimos ir a un hipermercado e mercar algo para xantar no apartamento. 

Despois de xantar, eu tireime na cama para durmir algo e vaia se durmín, coma un neno, foron máis de 2 horas a pleno rendemento ajjaja.

Como xantei moi tarde, a cea foi máis liviana, unhas torradas e pouco máis. E de aquí, cara a saída en Seia. 

ARRANCAMOS...

Antes das 00 horas, hora da saída, fixen un quecemento e intentei ir ao baño (sen gañas) pero poucos nervios botei.

OBXECTIVOS DA CARREIRA:

Dividina en 3 fases. Unha primeira moi corrible que no debía "picar" en grandes ritmos, unha segunda que era a subida e baixada á Torre e unha terceira, despois de Loriga (km70) no que había que poñer un ritmo alto pero cómodo. 

Obxectivo: 13.30 horas para os 94km con 5300m+

Levaba uns tempos preestablecidos para o paso polos avituallamentos e tanto Moncho como Eiroa ían facerme asistencia a partir de Alvoco da Serra, unha vez durmisen ben e xa preto do día. Como a cousa podía ir xusta, eu levaba comigo todo o imprescindible para, polo menos ata Loriga.

SAÍDA:

Saín moi tranquilo, sen saber o número de corredores que podían ir por diante. Na saída eramos máis de 400 (418 ou 424 incritos). Sempre atento ao relóxio para non pasarme, posto que esta primeira parte é moi corrible e invita a correr con bos ritmos, pero sempre puxen o freo, xa que lle tiña moito respecto á segundo fase, a temida subida e baixada de A Torre. 

Chegada ao primeiro avituallamento (Vila Coelheira), con 3 min por enriba do tempo establecido para 13.30 horas en meta. Neste avituallamento xa non parei, posto que os softs ían cargados aínda. Sempre levaría un cargado con Tailwind e outro con auga (e levaba un sen nada por si me facía falta entre avituallamentos, que ao final non fixo falta).

Avituallamento 2 (Sazes da Beira), un pouco despois do km 18. Fago unha parada rápida para cargar os dous softs, Vou nun grupo moi moi amplio de corredores. Dende os primeiros quilómetros vou pouquiño a pouco adiantando corredores e corredoras, sobre todo cando hai algún tramo ascendente. 

Dende antes da saída, non me atopo ben do estómago e, aínda que o ritmo non é malo, non me atopo solto e isto foi así ata o avituallamento de CabeÇa, (avit. 3), no km37. Aquí o primeiro que busquei foi o baño e todo volveu á normalidade. Tomeino con calma e incluso papei do avituallamento. Aquí cambiei o "chip" e comecei a crer que a carreira a estaba levando como quería. 

Nos apuntes tiña que chegaría a este avituallamento entre as 4.18 horas e 4.34 horas e finalmente cheguei en 4.17 horas, polo que, aínda estando "apático", estaba nos horarios previstos e sen ningún síntoma de fatiga. Aquí, ademáis, collín os cascos para escoitar música, como estaba previsto. Todo estaba escrito e todo ía según o acordado no papel.

Cando me din conta, xa estaba en Alvoco da Serra o avituallento 4 (km50). Alí había moitos coñecidos que me deron ánimos. Escoitar o teu nome en carreiras tan lonxe da casa dá moitos ánimos. Enchín os softs, comín algo de sandía e plátano, ademáis dos waffles de Naak que me sentan moi ben. 


Como non sabía se ían vir ou non Moncho e Eiroa, preguntei a Xenxo que estaba a facer asistencia a alguén e ao responderme que non os vira, deixei recado que, se aparecían, lle dixese que xa saira cara a Torre. 

E saín de aquí coa sensación de que podía conseguir o obxectivo marcado nun primeiro momento antes da saída (as 13.30 horas finais). O rango de chegada a este avituallamento de Alvoco da Serra era de 6.13 horas - 6.34 horas e foi de 6.09 horas. Xa estaba por enriba do mellor dos tempos que estaba marcado para un pouco menos de 13 horas. 

E xusto na saída deste avituallamento, collín o móbil para abrir a aplicación de seguimento da carreira LiveTrail cando me atopo que pon que vou na 18º posición da xeral. Esto todo en conxunto dame un subidón, sumado a que en breve se fai de día e estamos no punto no que queremos estar e nas condicións que queríamos estar. 

E collo a subida á temida Torre con moita cautela pero con moitas gañas de marcar un ritmo sustentable e que non me funda para o que queda, que ven sendo a metade da carreira. 

Efectivamente a subida á Torre é terrible, pero é para todos e todas. Pouco a pouco vou collendo corredores, moi pouco a pouco, pero a distancia que lles vou sacando é tamén insignificante. 

A cousa ponse brava bastante antes de que a pendiente ascendente vaia disminuindo, cando me adentro nun neboeiro que non deixa ver as balizas e vou orientándome co track do relóxio, Xa comeza a pendiente a poñerse máis horizontal, cando vexo no relóxio unha silueta que parece unha estrada e efectivamente, case tropezo coas torres famosas. Ao lonxe escoito o meu nome, son Moncho e David que me estaban esperando. Danme ánimos e dinme que a 1.5 km está o avituallamento. Tómoo pois con calma. Son alcanzado por un par de corredores dos que adiantei, que os deixo ir.

Na estación de esquí está o avituallamento da Torre (km 59.4). Aquí cargo os softs e como algo de plátano, sandía e waffles (misma estratexia que antes). 

Onte comentáronme os dous (Moncho e David) que a baixada era traizoeira, xa que había zonas molladas e perigosas para caer, ademáis de algunha zona con pendiente descendente pronunciada na que había que poñer as máns. Pois con eso na cabeza, fun ao meu ritmo. Coincidín cun inglés, que case teño que sacar dos brezos ao non querer mollarse os pés e pouco a pouco fun dando caza a algún que outro corredor. Aínda que eu baixo mal, ainos peores, polo que vexo...

E cando me din conta, xa estaba chegando a terreo coñecido, Loriga, o avituallamento clave no que me ía cambiar e no que me estaban esperando Moncho, David e Iván Barca e Noe. Tamén estaba Xenxo. Fíxome moita ilusión ver a todos eles. A asistencia foi impecable. Aquí tomei un recovery Tailwind sabor chocolate con limonada que me sentou coma dios. Tamén cambiei calcetíns, calzado e camiseta e collín unha gorra porque parecía que o sol ía apretar. 

Por suposto, o recuperador xa o teño máis que probado e é un puto acerto, pero tamén foi un acerto o cambio de calzado. Comezara coas Hoka Mafate 4 e pasábame ás Hoka Mafate 6.
Aquí volvín a rexuvenecer. 

Dicir que cando entrei en Loriga, había feira e houbo que pasar polo medio dos feirantes e facer un percorrido pola vila. Houbo un momento que non atopei balizas e non sabía por onde tiña que ir, incluso mirando o gps, polo que, recordando do día anterior (saida dos 50k), sabía que tiña que ir á miña dereita, e por fin cheguei a un punto que coñecía. Finalmente, fun paralelo ao percorrido, pero por unha rúa máis arriba.

Seguimos. Saín pola subida de Loriga moi concentrado. Tamén cambiara os cascos (por si acaso se esgotaba a batería). Coincidiu tamén que a música que soaba era das que me gustan a min, épicas e con ritmo, e así foi como comecei a coller un ritmo moi moi bo. Aquí comezaba a terceira e última fase da carreira. 

A Loriga tiña no papel chegar en 9.20 horas no mellor dos casos e cheguei en 9.15 horas e no posto 13º. Isto dá un plus de adrenalina que te cagas.

Estou a 25km da meta e en tempos de menos de 13 horas, algo impensable antes da saída. 

Imos cara o avituallamento do km 84, Lapa dos Dinheiros disfrutando e con bo ritmo, sempre controlando de non pasarnos. Cando me dou conta xa estou no mesmo. Dende lonxe xa recoñezo a varios aficionados berrando o meu nome, Jorge Casuscelli e Araceli entre outros. Vaia subidón. Dentro do avituallamento, estaban Moncho e David. Un pit line rápido e no que xa tirei con todo o que non me facía falta (alimentación e resto de embases), un grolo de Coca-Cola e saíndo cara meta. Quedaban 10 km.

Seguín tirando dende o derradeiro avituallamento por si acaso apuraban por detrás e xa na subida cara meta me din conta de que todo saiu, non como esperaba, senón mellor do esperado, pero o mellor de todo era que levei o plan á perfección, e chegamos á META en 12.07.39 horas, moi moi por debaixo do que tíñamos pensado e coa sensación de chegar enteiro (que non era tal...). Ahh, e na posición 13º da xeral e 2º no grupo de idade 49-54 anos. Diante miña estaba o intratable Xosémaría que estaba na meta e foi él que me puxo a medalla de finisher. 

E despois de descansar un pouco no avituallamento de meta, e alimentarme un pouco, saímos directos ao apartamento para unha ducha e logo marchar a comer unhas pizzas. 

Cada vez que o pensaba saíame o de "que ben me saiu a carreira" e unha sorrisa interior percorrendo o rostro...

Despois fomos descansar para cama e ceamos de novo no apartamento. Agora si tiña fame e que bo estaba o arroz que nos preparou o David Eiroa...

Despois durmimos coma pepes, almorzamos ao día seguinte, recollemos todo e de volta para Galicia, todos contentos. Unha aventura e unha fin de semana inesquecible, tanto que xa estamos pensando noutra...


DATOS DE CARREIRA:


🏃‍♂️ Distancia:
94 km

📈 Desnivel positivo: 5200m+

📉 Desnivel negativo: 5200m-

⏱️ Tempo: 12.07.39 h.

💚 Pulsacións medias:

🏆 Posición: 13º xeral - 2º (grupo 49-54 anos)



ALIMENTACIÓN:

+ Endurance Fuel de Tailwind a demanda (todos sen cafeína)

+ geles Maurten a demanda (sen cafeína)

+ Brownie de Milka

+ plátano, sandía, laranxa, gofres de Naak

+ auga a discreción




MATERIAL EMPREGADO:

+ 2 pares de zapatillas Hoka 

+ 2 pares de calcetíns Lurbel

+ 2 camisetas (Tailwind + ADC Bombeiros)

+ 1 pantalón Decatlón

+ Mochila Sálomon

+ Cinturón Compressport

+ Bastóns Leki

+ Tubular y manguitos Tailwind

+ Frontal

+ Gorra Tailwind

+ 2 cascos música+chubasqueiro Mizuno+manta+papel hixiénico


CLASIFICACIÓN:



quito








   

  


1 comentario: