miércoles, 29 de agosto de 2018

I Trail nocturno Cova de Lobo (18-08-18)

30 anos sen ir a Zas

Pois claro que me atraía este trail. Por un lado, había 30 anos que non me acercaba a Zas e por outro, estaba moi preto do mesmo, pois estou pola terriña.

Dende a actuación estelar ou "a do pardillo"(Desafío Somiedo), según se mire, non adestrara de forma "sistemática", aínda que fixen as miñas cousiñas e, sobre todo, disfrutar da familia e da natureza.

O caso é que unha semana antes, planteeime asistir e tomalo coma xurdise. E xurdiu que na liña de saída, tomeino "a peito" (coma os machotes).

Despois de saudar e falar coa "trailada" toda, e quentar un pouco, aló fun ...que me puxen na primeira liña de saída e non me daba a hora de arrancar (puido ser o café que lle tomara media hora antes -soio tomar 5 cafés ao ano-).

E a onde fun (saída) vin moito galo para tan pouco galiñeiro e a historia semellaba complicada.


Faltaban moitos (todos non poden estar) pero seguía habendo moitos.


Bueno, vou arrrancar que senón esto faise moi longo.

Minutos antes da saída e vendo o "percal", tomo a estratexia a seguir. Tirar a "fuejo" e "ferro a fondo".

Do percorrido só sei o perfil e os quilómetros e, vendo algún asfaltero no galiñeiro, a estratexia tiña que ser esa.

SAÍDA:


Nada máis dar o pistoletazo de saída, saio coma un raio. Non suelo salir na primeira liña do grupo de cabeza, pero desta vez, e como se ve na imaxe, era eu o que ía uns metros por diante (e esto tivo que ser o café).

A carreira tiraba cara abaixo e todo axudaba, pero o ritmo ben sei eu que era frenético. 

Nas primeiras costas, e nada máis adentrarnos no camiño, fíxome das balizas e vexo un sendeiro que tira cara abaixo a continuación outra baliza máis abaixo, polo que tiro por ahí abaixo ata que Cancelo se da conta que ese era o percorrido das carreiras dos cativos, xa que a nosa tiraba cara arriba. Non se falou máis. Voltamos esos 70 metros cara atrás ata entrar de novo no camiño e veña, a adiantar algún corredor. Pouco durou esos adiantamentos posto que, cando entramos nun desbroce feito pola organización e que nos levaba a unha das cotas, xa estaba o grupo de favoritos feito. Éramos unha presa de deles, non máis de oito. 
Vexo que Fernando Cancelo se vai quedando e que entra en xogo Oscar Piñeiro e Sergio Bouzas. O primeiro, vexo que leva un ritmo bailarín e na primeira pendente que me poño a andar, pídeme paso pois "es muy temprano para que yo ande" ... e aló se foi. Non me sacaba moita distancia e parecía que nalgún momento me acercaba a él, pero non era relevante. Pouco a pouco, por detrás íase acercando Sergio Bouzas, ata que antes de chegar á máxima cota, me pasa e cando eu chego á mesma, non vexo máis que a súa estela ao final da baixada, pouco antes de adentrarse no monte. Por detrás sácolle a Cancelo máis distancia da que pensaba. 

A partir de aquí o percorrido faise máis bonito entre carballos e pinos, aínda que sufrindo, estou disfrutando moito e iso nótase tamén no ritmo, ata que pouco a pouco me uno a Sergio, co que imos tirando un do outro conforme nos imos encontrando mellor. Chegados ao 2º avituallamento, vemos ao lonxe a Oscar que, como supoñía, xa estaba saboreando a victoria e tíñanos a raia. 


Eu levaba un anaco con pequenas dores de estómago e parecía que ían a máis. E faltando pouco menos de 1.5 Km ben pensei que tiña que parar por esas causas internas, pero para o que faltaba había que seguir. Medio quilómetro máis cerca da meta, Sergio xa puxo unha marcha máis que non puiden seguir, o único que podía facer era apretar o cú. E por fin chegamos a META, despois da foto de rigor e darlle a noraboa aos dous, funme directo ao baño. O que pasou ahí xa non o conto.


Co corpo vacío, funme de novo á liña de meta onde había un bo buffet e onde puiden repoñer algo de enerxía e ver chegar a varios corredores. 

 A ducha esperábanos na pavillón e agradeceuse. Xa non me movín do lugar, pois tamén alí íamos degustar unha rica paella que, como tiña o corpo, pouco puiden comer. Entrega de trofeos e a parolar coa xente, que é unha das cousas máis fermosas deste deporte, pois é bonito gañar, pero tamén é bonito pasar un anaco coa xente que ten os teus mesmos vicios ou hobbies.


Por certo, os trofeos eran por categorías, non habendo absoluta e ahí, ahí fun o primeiro dos "maiores", xunto con Cancelo e Pablo Mella (vaia podium).













lunes, 6 de agosto de 2018

MDS Desafío Somiedo (28-07-18)

SI, fixen a do partillo.

A viaxe foi máis tranquila que a da anterior aventura (refírome á Transvulcania). Hora, lugar e viaxe estaban claros. Fun "acollido" polos veciños Jarnachas (ou parte deles), tendo de anfitrión a Javi Rubio e Nati Ferro, que non sei moi bien se me trataron coma un neno ou coma un avó. Bueno, o caso é que aló arrancamos cara Asturies patria querida, despois de recoller a Moncho Muíños, o tope de gama da expedición. Creo que non paramos de falar ata chegar a Pola de Somiedo, lugar onde recolleríamos os dorsais e atoparíamos a media Galicia, incluídos o resto da expedición (Bruno Cardamas, Borxa e Jano).

Despois dunhas Estrellas e unhas aguas, tocaba cear e para cama. Por fin unha previa na que todo saía como estaba estipulado.

A CARREIRA.
Ducha, almorzo e á hora prevista, desprazámonos en coche ata o lugar da saída.

Entre saudar aos coñecidos e tal, perdo a noción do tempo, pero menos mal que estaba Bruno atento e colle sitio na parte dianteira da saída (para 3-4 corredores).

Ás 9:00 h. dase a saída.

Xa comeza picando para arriba, e o que a miña vista da, andamos polos 25 primeiros. O camiño embarrado e en fila india, non da para ver máis. Non tardamos en entrar nunca zona asfaltada na que me atopo a Jana & Company e na que o grupo vai xa máis que roto. Dende este km 3 xa só verei a 3 corredores ata o Cornín (primeira gran subida). Teño que recoñecer que levaba bastóns e que falta me facían. Por diante levaba a Juán José García García do club Ojanco e por detrás a Alejandro del Busto Sánchez do club atletismo Pravia. Esto foi ata chegar ao avituallamento 1 (km7). Por atrás sei que hubo cambios, ao subir ao Cornón podía intuir aló abaixo un pequeño grupo de corredores. Por diante, lamíalle o cú ao de Ojanco, aínda que nunca estiven a menos de 20 metros del (era imposible) e, ao chegar arriba, non pueden máis que velo voar pola ladeira abaixo.

Subindo ao Cornón, coincidín con varios grupos de senderistas, ou iso cría, ata que lles vin dorsal, eran corredores da ultra (esta xente supoño que o ía pasar moi mal ou definitivamente non ían rematar a carreira).

A miña primeira parte da carreira estaba feita, e creo que con nota. Agora quedaba a segunda. O ritmo que levaba era bo, así que, polo de agora todo marchaba como tiña pensado.

Non tardo en ver ao lonxe o avituallamento 3 (El Puerto), cunha gran cantidade de público que te leva en volandas. Recoñezo detrás dunhas botellas de Estrella Galicia a voz dos Jarnachas (Nati, Borxa, Jano, Blas, Raquel, ...). Parecía o feirón de Arteixo. Chegaba a este punto co tempo marcado de antemán (3:15 horas). O calor xa se facía pesado e, despois de hidratarme ben e comer algo de froita, saio do avituallamento con boas  sensacións. O sendeiro volta a porse cara arriba. Unha serpente multicor descríbeo perfectamente. Vou poñendo obxectivos inmediatos de caza e captura. Xa vexo xente tirada nas poucas sombras que hai (todos son da ultra). Nin rastro dos corredores da maratón. Minto. Detrás miña, aló abaixo, vexo dous corredores que, polo seu ritmo, deben ser da maratón. 

En nada comeza unha longa baixada na que podo ver a algún corredor por diante, pero moi lonxe del. Por detrás, non se move nada.

Faltando 2-3 km para o seguinte avituallamento (Valle del Lago), éntrame na zapatilla dereita unha pequena pedra que, en principio non molesta moito e probo de vez en cando, de mandala para un lateral da plantilla, sen éxito. Por un momento noto que se me está facendo unha "boza", pero non logro pararme nesa baixada e, cando o fago, noto un escozor esaxerado. Xa estou preto do avituallamento, polo que decido sacala alí. Mentres me enchen os botellíns de agua, saco a pedra. Vexo que me furou o calcetín e a plantilla e o escozor comeza a sentirse máis intensamente.

Como algo de froita e para adiante. Xa só quedan 6-7 km para chegar a meta, cunha pequeña subida e unha longa baixada. As forzas xa flaquean, pero tampouco queda moito.

Arranco do avituallamento e nese llaneo vexo que levo bo ritmo, pero en nada comezamos a subir. Noto que necesito "forza" e, merda, non teño máis xeles (fun cos que pensaba xustos para a carreira). Bueno, toca tirar para adiante con auga e carbohidratos nun botellín. En nada pásanme dous corredores que creo que adiantei no avituallamento, ían demasiado rápido como para vir dende moi atrás. Ao pouco, chega xunto a min Sandra Sevillano (campiona da maratón) que, despois de estar un pouco "a roda", pasoume coma  se acabara de comenzar, fresca como a primeira hora. Con ela ían outros 2 chavales. Aló foron.

Pero o que fora unha simple pedriña antes de Valle del Lago, fíxome un cristo, desgarroume a pel do talón e doblouse ao correr, polo que sentía un forte queimazón que me impedía pisar co talón e só podía pisar coa parte dianteira do pé. Mentres que para arriba aínda ía, para abaixo era imposible correr con certa soltura. Non tardaron en darme caza varios corredores xa moi preto da chegada. So teño no recordo aos 3 últimos, un deles cun ritmo non moi forte, pasaoume nunha baixada dunha pedreira, outro chegando ao último tramo de asfalto que me deixou cravado ao seu paso e o último que, chegando á ponte de Pola de Somiedo (a poucos metros de meta), pasoume coma unha exhalación, non puidendo competirlle a posición. Quizáis o golpe máis cruel despois dos 43 km, pero así son as carreiras.

E así entrei en meta, sufrindo pero moi moi contento de poder facer esta gran carreira e ademáis con esas sensacións ata o desenlace da pedriña. Si, tamén sei que fixen a do pardillo.


Despois xa foi todo "recuperación" e ver chegar aos compañeiros/as e o final da carreira. Pasar polo hospital de campaña, fisio, ducha, refrixerio, charlas varias, amig@s. Ahh, e non olvidemos o cachopo. Amiguiños ... Que bo estaba. 

E como aquí o montan tan ben e ía cun grupo moi molón, pois ahí quedamos ao concerto de fin de carreira (a pouco máis quedamos para barrer o recinto). Finalmente decidimos marchar durmir que xa eran horas.

Agradecer a Javi e Nati toda a organización da viaxe e por aguantarme tamén, e a tod@s cos que lle din a lata. Non soio correr moitas carreiras e cando o fago, teño leria para todos. 

Bicos e abrazos.