Este sábado pasado celebrouse na cidade de Pontevedra a última carreira do ano de raids de aventura da Liga Galega. Participei co equipo Bombeiros Coruña Pro-3 Natura na categoría Élite e cos raiders Alex Fojo e Julen. Era a primeira vez que corriamos xuntos os tres. Con Alex xa o fixera este ano en 3 ocasión creo, e con Julen, que eu recorde ningunha. O caso é que o obxectivo era quedar por diante do equipo Montañeiros Ferrol Élite, para así asegurar o 3º posto na xeral Élite. Finalmente quedamos 6º ... por diante do Ferrol Élite. Obxectivo pois, cumprido.
O resume do raid pode facerse así:
1ª sección: ori urbana con pregunta e resposta. Saiu ben, fallamos unha, e puideron ser máis, posto que as respostas eran bastante "ambiguas", por non dicir engañosas. O caso é que fallamos unha.
2ª sección: Btt con 30 km e 760m de desnivel +. Aquí xa comezamos a empexegarnos (término que utilizamos na miña zona cando non sabes o que estás facendo, ou non sabes qué facer). Nos primeiros quilómetros máis ben íamos coa corriente ... así nos foi. na 3ª baliza houbo que pararse, deixar o grupo e centrarnos no asunto. Cando nos demos conta, íamos extremadamente ben para o comezo que tivemos. Unha vez collida a baliza 5, nunha baixada trialera, dou co meu corpo no chan (era a 2ª de hoxe). A partir daquí, coa rodilla esquerda sangrando, a cacha dereita rascada e ... o peor, a muñeca esquerda inchada (esguince), en vez de descentrarnos, parece que nos dou alas, ata que o error máis grave do día (e tonto) nun cruce clarísimo de estradas asfaltadas e pasada a baliza 7, collemos por onde non é e casi aparecemos na baliza 4 (cando nos demos conta). 25 minutos perdidos entre pitos e frautas. Como é normal, non nos damos por vencidos. Tiñamos previsto chegar sobre as 13:45 e chegamos ás 14 e pico (xa íamos acumulando tempo de retraso).
3ª sección: Btt+trekking+btt+kaiak+btt: O de parar a comer un pouco nos boxes, parece que non vai con nós. Aló saímos con bo ritmo en bici, dirección ó trekking. Visto o tempo que tiñamos de retraso, comezamos coa "eliminación" de balizas. Saiunos bastante ben, pero comezamos cos problemas, primeiro Alex torce o tobillo, máis tarde comeza Julen con molestias e finalmente caio eu con calambres fortes. Disminuimos o ritmo por necesidade. O obxectivo era facer as fastama e deixamos a 5 e a 8, que valían menos. Pero seguíamos perdendo tempo con respecto ó estipulado por nós. Así que saímos na bici e collemos a 16, deixando a 14 e 15 para ir directamente ó kaiak (deixamos tamén a 18). Non queríamos arriscar no kaiak, para non chegar fora da hora de corte, e ... anda que non arriscamos (ou arriscaron). O obxectivo, coller unha e vir de volta (a realidade: colleron dúas e case non chegamos). Chegamos 3 minutos antes da hora de corte (as 17 horas). Mii madriña.
4ª sección: run&bike: 2 corren e un en bici, podendo intercambiar. Outro error, Julen non se acorda de poñer as zapatillas e arranca na bici ... coas calas ...Todo ben ata chegar ó ori-sprint e tiro con arco. Comezamos polo último e eu non fago máis que 1 punto (a quén se lle conte ...). No ori-sprint facémolo bastante ben, perdendo máis tempo na 36 (tonterías de la vida). Polo menos descansamos algo por esa zona. Unha vez finalizado o ori-sprint, decidimos deixar todas as do outro lado do río (4 balizas) e coller a 409 no camiño de volta. Moi chulo o paseo pola beira do río. Tiñamos que chegar ó cambio de sección antes das 18:20, para que nos dese tempo a coller todas as balizas da última sección. Está claro que xa levávamos demasiado tempo perdido e chegamos sobre as 18:35.
5ª sección: ori-sprintttttt. Coas pulsacións por enriba do límite que creíamos ter, aló fomos coller todas as balizas ... menos 2 (por cansancio da mente). Chegamos 5 minutos antes das 19 horas (hora de peche de meta). Satisfeitos polo esforzo feito aínda sen saber o resultado dado.
Finalmente 6º e cansados coma facía moito tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario