Como moitos sabedes, marchei o venres para Cangas do Morrazo, pensando que ía facer bo tempo e así aproveitar o día coa family. Pois non, non fixo bo tempo, mesmo orballou un pouco. En fin, imos ó que imos.
Carreira de orientación en Cabo Home, un lugar chulísimo para correr e perderse buscando balizas. Gañas de correr, a verdade é que non tiña, pero tampouco quería perder a ocasión de ter o mapa de orientación do lugar, posto que me falaron moi ben do sitio. Bueno, o caso é que xa cheguei tarde á saída (10:40 horas), así que aló saín minutos máis tarde, sen quentar, sen pinza SI e cunha brúxula media borracha que lle costaba atopar o norte (tiña unha burbuja de 1/4 de aire no limbo). Unha vez solucionado o da pinza ... A primeira baliza, tropecei con ela, posto que non me dera tempo nin de saber ónde estaba o norte (deso que corre todo o mundo e ti, por non ser menos, corres sen saber aínda cara onde). A segunda, atopada fácil tamén, posto que só había que tirar cara o norte (aínda non sabía de qué ían as cores do mapa). Coa terceira, xa nin con mapa nin con brúxula, veña voltas sin xeito ... para aquí, para aló, parecía un tolo. Conclusión, imos volver á 2ª e andando buscar a 3ª. Coa 4ª, outro tanto do mesmo. Veña a correr coma un tolo, posto que creín que estaba fácil ...ata que recapacitei, e nunha chispa de cordura, acordeime de que o mapa era 1:7500. Tranquilitos. Menos mal que a 5 a atopei rápido (dentro das miñas posibilidades orientativas), pero só foi un espexismo, volvín a tolear, despois de ver varios participantes da miña categoría (de eso que sabes que os comes físicamente ... pero sen pensar que me dan mil voltas na orientación). E claro, o que parecía fácil, fíxeno difícil, e alí me metín no medio dos toxos, nun desbroce que fixeron días antes e que non estaba no mapa (obvio). Bueno, ós que adiantei subindo, xa desapareceran polo horizonte (recordo a varios habelas hainas e a Jose do Gallaecia Desventura). Unha vez ubicado de novo no mapa, atopei a 6 e despois, un longo camiño ata a 7, onde volvín recuperar un bonito tempo e a atopar de novo a participantes adiantados anteriormente (a algún varias veces ... que estaría flipando coa miña orientación).
A 7, xa ma levantou Jose, que volvía a velo de novo e, aínda que estaban fáciles da 8 á 12, fun recortando metros con respecto a este orientador, que ía levantando balizas, co asombro meu da facilidade de orientarse. Na baliza 12 estamos un grupo de 8 orientadores, que nos diriximos á baliza 13, onde eu collo pola pista para logo tirarme á dereita, outros aínda se quedan mirando o mapa e uns cuantos tiran de rumbo, uns con máis eficacia que outros, pero alí estaba de novo Jose (eu nas pulsacións máximas e él todo tranquilo, recórdame unha carreira en Lago Castiñeiras, onde un "vello" do Liceo, indo andando, chegaba sempre diante miña ás balizas ...).
En fin, que á 14 chegamos outra vez xuntos un grupiño de participantes pero había un largo treito ata a 15, onde o percorrido estaba claro e aquí volvín a aproveitar o físico con respecto ós outros orientadores. Xa só, na 15, comezei a tirar de rumbo, atopando facilmente a 16 e 17 (aínda era ben raro coa brúxula que levaba). A 18 costoume un pouco máis de tempo, posto que parecía a "monxa da caridá" axudando a 4 orientadores que non sabían onde se atopaban (se souberan o mal que me oriento, seguro que non me preguntaban, jaja, pero nese caso sabía exactamente onde estabamos). Aló fun pola 18 e xa vexo de novo o grupo que adiantei nese "maratón" que había dende a 14 á 15. En fin, que para atopar a 19, tiven que sairme á praia e buscar dende alí puntos para orientarme. Fácil a 19 e a 20. Fin do traxecto.
Total: 1:27:05 que nos datos SI foron: 1:34:47, é dicir, saín 7 minutos máis tarde da saída. O obxectivo era baixar da hora e media, antes de ver o mapa, e visto os datos que a organización daba nos boletíns para os primeiros en chegar.
Despois de finalizado o percorrido, creo que puiden facer moitísimo mellor, sobre unha hora vinte, pero bueno, estou moi contento de poder correr por este fermoso lugar pertencente ó fogar de breogán (de Galicia, para que nos entendamos). Creo que non será a última vez que pase por esas terras.