viernes, 14 de febrero de 2025

Trail da Camelia (09.02.2025)

 TRAIL DA CAMELIA
A lameira de Vedra


Primeira carreira co meu novo club AD JARNACHAS, e a iso íamos, a puntuar coma club, pero dende unha semana antes, os efectivos foron caendo por diversas circunstancias e mesmo minutos antes da saida, un dos compoñentes "Álvaro da Chousa", aparecía cun dedo do pé que parecía máis ben un percebe. A cousa non pintaba ben, pero aló fomos, 4 valientes Jarnachas (Jano, Javi Rubio, Álvaro da Chousa e Quito Ponteceso).

O día amaneceu chuvioso e esperábamos un percorrido rápido pero á vez con moita lama. Non nos confundimos. 


SAÍDA

A saída foi rápida, cara abaixo e sen freos. Recordo pasar por debaixo das famosas oliveiras de Vedra, unha paisaxe única e moi ben conservada. 

A partires de aquí, a carreira segue sendo moi rápida, por sendeiros pegados ao río, con barro e bastante resbaladizos. Logo de pasar a algún corredor e corredora nos lugares "habilitados" para non caer ao río, cruzamos a Ponte Ulla e xa nos metemos no monte. Unha pequena subida que xa me empeza a gustar máis e que continua cunha baixada, ollo con elas, que está todo moi esbaradizo e, de novo, outra subida que nos levará pola igrexa/santuario de Guntián. A carreira segue sendo moi rápida. 

Imos subindo cara o mirador do Alto do Castro que, seguro que ten moi boas vistas, pero hoxe non se vé "un burro a tres pasos" con tanta néboa. Non recordo moi ben os corredores cos que ía. 

Na baixada, perigosa polo esbaradizo do terreo, e polo km 7.5, achégome ao grupo que levaba diante e recoñezo a Agustín Crespo (Galaico Trail Run) que me deixa pasar ao ir máis rápido que él. Minutos despois, miro cara atrás e vexo ao lonxe a silueta de Emilio Montilla (Castro Trail), que non sei se o adiantei nalgún lugar ou xa veu detrás miña dende o principio.

Volvemos de novo, ás beiras do río Ulla, un fermoso sendeiro xusto á beira del, rápido, moi rápido. 

Aquí, alcanzo a un pequeno grupo (3 corredores), no que recoñezo a Iván Montes (Club de Montaña Terras de Burón), Paco Muñóz (Castro Trail) e Fran Pascual (Castro Trail). Dende aquí e ata pasar de novo (de volta) a Ponte Ulla, vou a unha pequena distancia do grupo, ao rebufo, e así ata o inicio de tramo cronometrado, no que me vou cara adiante, chegando ao final de dito tramo, xusto por detrás de Iván e deixando a Paco e Fran un pelín descolgados. 

Pasamos a vía do tren véndonos todos pero cuns segundos distanciados e así pasamos o avituallamento. Cando cría que mellor ía, case me caio por culpa dun resbalón e consecuencia delo, teño un calambre no biceps femoral da perna dereita, que me deixa dolorido un bo tempo, ata que decido que o mellor é trotar amodiño e que o músculo vaia retornando ao seu traballo habitual. Pouco a pouco a cousa volve a fluir.

Antes de chegar ao punto de control, adianto a Diego Seoane (Brutanzos Team) que ten algún problema pero nada serio.

Saíndo da aldea de A Saíña, vexo a Iván Montes e dous corredores máis a uns 30 segundos. Tampouco parece que vaia tan mal con estas velocidades. E así ascendemos ao Pico Sacro. 

Un Pico Sacro que non se veía un "jameito" coa néboa e cunha mañá pasada por auga.    

E xa baixando, polo km 24-25, nun lugar que caíamos a unha pista ancha de zahorra e cun descampado á esquerda (prado), vexo a dous corredores que pouco a pouco me vou achegando a eles. Podo intuir as súas casacas, unha do Club Vértice e outra do GMTA-Chuvoners. Voume acercando ata que un deles mira para atrás, aí xa se acabou o chiste...

E así foron pasando os km e o tempo, intentando manter ese ritmo e a praza na que estaba ata chegar ao cartaz de "último km" que se me dou por mirar para atrás e vexo a uns 50m a Fran Pascual, case me da algo. Esa pequena subida que estaba facendo xa andando, tiven que apurar para que non me pillase e dende aí a meta fun a todo o que daba o corpo para chegar. 

Ao pasar de novo as liñas do tren, botei un vistazo cara atrás e xa vin que, a ese ritmo podía chegar a meta sen perder posición e foi o que así sucedeu. 

META 

Chego a ela cun moi bo sabor de boca, non só polo grolo de Endurance Tailwind de Melon-Lima que lle metín, senón tamén por finalizar desa maneira unha carreira tan rápida para min. Sentinme moi ben aínda con eses ritmos, e despexei as dudas de se algún día podería ser de novo "rápido".

Mollado e embarrado como estaba e despois de avituallarme nese avituallamento fin de carreira (unha delicia), comezaba a collerme o frío, pero tiña que esperar aos compañeiros de equipo ou a Xosé María que me tiña o chubasqueiro.


Finalmente, non puidemos puntuar coma equipo, xa que na meta apareceu Javi Rubio xa cambiado, seixa se perdeu e colleu polo trail curto e xa veu para meta e Álvaro, que xa marchara para Coruña, ao non poder coa dor do dedo do pé. Faltaba Jano que tardou un pouco máis do esperado en sair desa lameira que era o percorrido.
Ducha e outra vez de pinchos para a carpa ata que, sobre as 14.30 horas fomos xantar.


SENSACIÓNS:
Moi boas. Era a primeira carreira dende que aló por setembro o xeonllo me dera a lata e non sabía como ía responder. 

As Tomir 2.02 son un acerto neste tipo de circuitos. Agarre e estabilidade perfecta. Non dubidedes de probalas en Marathon Running Shop na Coruña. 

Moi contento polo ritmo que puiden aguantar e vendo xa o que podemos retocar para disfrutar desta nova tempada.  

Xa case pensando na seguinte, e iso é boa noticia.


ALIMENTACIÓN:

🍌💦4 Endurance Tailwind (2 neutros, 1 tropical -cafeína, 1 melon-lima). Auga e plátano en avit.

🍬1 Recovery Tailwind sabor chocolate ao finalizar

MATERIAL:

👟Calzado: Tomir 2.02
🧦Calcetíns Lurbel (estes son os que vou coller para esta tempada). Mercarei máis en Marathon Running Shop 
🎽Casaca: club AD JARNACHAS 
👖Pantalón: decatlon 
⌚Reloxio: Coros Vertix 2s (boa elección, podedes atopalo en Marathon Running Shop, na Coruña)
    Cinturón: HG Abutres
    Tubular e manguitos: de Tailwind

CLASIFICACIÓN: