martes, 22 de agosto de 2023

Asaltamontes Trail (13.08.2023)

 Terra de lobos


Así, sen pensalo, apunteime ao Asaltamontes Trail, a menos dun mes do gran obxectivo desta tempada, que non é outro que finalizar a Canfranc-Canfranc.

Bueno, tanto coma non pensalo, tampouco foi tal, xa que adaptei a planificación para poder participar se o traballo mo permitía. 

Levaba un par de semana con moito volumen, polo que me podía facer ben saír desa zona de "confort" e coller algo de chispa, aínda que fose pouca. 

A primeira anécdota foi cando, non sei porque, me veu á cabeza que a carreira era dunha localidade que comezaba por "Carballeda de", pero ao querer escoller a ruta no gps, entrou Carballeda de Avia 😅 e menos mal que non me cadraban os números e mirei o dossier da organización... eu tiña que ir a Xunqueira de Ambía, un concello preto de Allariz.

Pois aló fomos, o meu chaval mais eu. Por si non o sabedes, o meu chaval gústalle iso de durmir no coche e comer de "camping". 

Bueno, e xa imos cara o día da proba

Levantámonos ás 7 da mañá para almorzar e prepararse para a carreira. Unha mañá máis fresca do esperado, pero que amenceu nubrada, o que se agradecía para as horas de carreira. 


SAÍDA

Coma sempre, este é o lugar onde saudar aos coñecidos e coñecidas, que case nos vemos de carreira en carreira. 

Desta vez, a miña intención xa era saír algo rápido e ata onde dese o corpo. Os números de km e desnivel, así o definían, carreira rápida. 

Co pistoletazo de saída, collín algo de velocidade pero xa antes dos 400 metros vin que de nada me ía servir. A xente sae coma foguetes e así non se pode 🙆.

Ao pouco de comezar, pasando unha fermosa ponte sobre o río Arnoia, xa se fixera un nutrido grupo dianteiro, dunhas 10-15 persoas que xa nos sacaban unha boa tirada ao resto.

E dígovos unha cousa, dende esta ponte ata o final, unha maravilla de percorrido. Quedádevos con iso. 

Recordo que tiven que parar a atar unha zapatilla na aldea de Vilariño do Río, lugar onde vexo por diante ao amigo Maneiro, nun pequeno grupo, uns metros por diante. 

Aínda que o desnivel non era moito para a cantidade de Km do trail, o percorrido era moi rompepernas, con moito sube-baixa e moi ratonero nalgún tramo. E volvo a repetir, moi fermoso. 

Durante un bo anaco, neste primeiro tercio de carreira, fun alternando posición con Fran Pascual, ata que vin que levaba un punto por enriba miña e deixeino ir. 

Pouco despois, son capaz de enlazar co grupo de Maneiro e Xenxo Laso. Paso con eles polo km 13, onde paro a coller auga. Máis tarde o estómago pedirame parar, momento no que perdo de vista aos dous. Era o km 15.

E a partir de aquí, a miña cabeza xa non dá para recordar nada máis 😅.

Sei que volvín coller a Maneiro e que desta vez si que o deixei atrás, ao igual que Xenxo

Máis tarde, atopo a Simón Rama, xusto ao pasar uns petóns deses que te metías polo medio deles. 

E pouco antes de chegar ao avituallamento que estaba na furna, vexo que me se me acerca Xenxo, que xa o daba por descartado e aí estaba. Decido non parar no avituallemento e continuar ata onde dé a gasolina. E pouco a pouco vou sacando pouquiño a pouquiño distancia con Xenxo

E xa chegando a Xunqueira, vexo ao lonxe a Montillla. Ñooo, apreto un pouco e entro na vila a uns 50 metros del. Xa é suficiente. Decido baixar o ritmo e disfrutar do momento. Entro a 4 segundo del, pero disfrutando do ambiente e dos aprausos. 

O pobre Montilla era o que ía sangando e deixando rastro polos petóns. 

Feliz e contento de chegar xusto con este gran atleta á liña de meta. 

Aquí me estaba esperando o meu fillo 😃 que case me fai chorar. 

Beber, comer algo e ducharse. Despois, volta á liña de meta e ver resultados.

O percorrido moi fermoso e chulo, moi rápido iso si. Unha maravilla de paisaxe e de natureza.


O resultado, 12º da xeral e 7º master 1, detrás de Montilla a 4 segundo e de Roberto Riobo a 1´11´´, coma para non estar contento 💪.


DATOS:

🏃‍♂️ 30.7 km 📈 1650 m+ 📉 1650 m-

⏱ 3:21:26 h.

🏆 12º xeral (6º master 1)

💚 146 ppm (💓 179 máx)

💦 3 Tailwind (1 con cafeína) + 1 litro auga + Recovery sabor chocolate 


👟 Tomir de NNormal

🛍 Marathon Running Shop



Quito