martes, 4 de enero de 2022

III Trail dos Foucellas -Baio (12-12-21)

A terra de Baio

fomos facer de foucellas


O nome do trail xa chamaba moito a atención, algo importante por suposto, pero máis importante era que era preto da casa de meus pais. Aínda que estiven ata o último minuto dubidativo, aló fun o domingo á mañá.

A verdade é que conforme ía cara Baio estaba máis contento, non pola carreira, senón por poder ver á xente da zona. E leveime unha gran alegría. Non só vín corremontes da miña quinta ou cercana a ela, senón que vin moitísima xente da movida nocturna de Ponteceso, aló nos tempos novos jajaj. 

Veña, comezamos que vos aburrides.

Recollida de dorsal e un par de cafés antes de meternos na saída. O trail longo tiña pinta de moi rápido e así foi. Nada máis dar á saída, sairon unha ducia de corredores coma lóstregos e, aínda que nos primeiros metros "piquei", non tardei en darme conta que ese non podía ser o meu ritmo (antes dos primeiros 200m). Seguiron pasando corredores á beira do río, pero eu tiña claro o ritmo ao que quería ou podía ir. Non tardamos en cruzar a estrada e en poñerse costa arriba o camiño e aí, aí xa cambiou a cousa. 

Ao chegar á primeira cota da xornada, o Alto do Castelo, xa atrapara a un pequeno grupo de corredores e coroaba na 7º posición. Non estaba mal, máis aínda quedaba moito por correr. 

As baixadas eran moi rápidas e non había tempo nin de mirar ao lonxe.  

Outro punto dos que recordo é pasado Muriño, cando comezaba a subida por debaixo das torretas de alta tensión. Aquí sí me deu tempo de mirar ao lonxe e ver que, os dous primeiros xa levaban moita ventaxa e que ía ser prácticamente imposible acercarse a eles. Eran xente nova (leña verde) e quizáis triatletas que, cun pouco de potencia nas pernas, poderían salvar perfectamente os desniveis e voar nas pistas. 

Pouco a pouco vou agarrando algún posto máis e levo dende o alto do castelo a un corredor pegado a min. Se eu ando, él anda, se eu corro, él corre, se eu vou rápido, él ven canda mín. 

Recordo moita pista e camiño rápido dende O Briño ata unha planicie ante de chegar a Corte das Cabras, na que collemos ao que sería o 3º clasificado naquel momento. Ía morto e non puido nin agarrarse a nós. Aínda que intentei nalgún momento deixar ao meu compañeiro de fativas, sobre todo nas baixadas, sempre aparecía de novo, pois non era capaz de sacarlle máis de 50-60 metros. 

Foi na última cota (o paso de novo polo Castelo), onde impuxen un pouco máis de ritmo e pensei que sería o bo, pero un pouco antes de cruzar a autovía, subíuseme o xemelgo e tiven que parar un anaco, momento no que me volveu coller a "miña sombra". Pasamos xuntos por debaixo da autovía e na pista de zahorra, metéuseme unha pedra no calzado, polo que lle dixen ao compañeiro que seguise, mentres eu intentaba "acomodala" na planta do pé. Foron uns 100 metros os que me colleu de distancia e, aínda que intentei reducilos, non fun quen de facelo. O percorrido xa era plano de todo, xunto ao río, e non había forma de reducir eses 100 metros. E foi así como chegamos á meta, vendoo chegar diante miña. 

Sorpresa levei tamén cando vin que o 2º clasificado non nos sacara (non me sacara) pouco máis dun minuto, iso foi que foi a menos durante a parte final do percorrido. 

En fin. O que podía ser un 3º posto na xeral, converteuse nun 4º posto e un 1º posto veterán, que é para o que sirvo jaaja. 

DATOS:
⏲ 2:26:34 h.
🏆 4º xeral (1º vet.)

💓 149 ppm
💧 2 tailwind neutro

👟 Vectiv Infinite TheNortFace