"Non me gusta a min o asfalto,
pero desta vez atrapoume".
Todo comezou cando Diego Lanchiñas me dixo que Martín Varela ía competir na Coruña21 cunha cadeira de rodas de atletismo que eles mesmos construiran. Ía ser a primeria vez que isto ía pasar na cidade da Coruña e propúxome acompañalos a eles e a Álvaro Illobre.
Obviamente, non o dubidei, sabendo que este era un gran paso para a humanidade. E así foi como me atopei na parte dianteira da saída.
Minutos previos á saída, os cinco atletas nos seus postos |
5 persoas,
5 ilusións,
5 historias,
5 vidas, é dicir,
5 atletas que ían facer historia.
Álvaro Illobre e Martín Varela preparándose para a saída |
Unha mañá chuviosa, con algo de frío, pero respirábase ilusión. Ilusión nas caras de todos os corredores, ilusión nas caras da xente do proxecto ENKI (FUNDACIÓN María José Jove e FUNDACIÓN Abrente).
Álvaro Illobre a escasos metros de tomar a saída |
"Logo veu a carreira,
a súa carreira."
Os atletas pasando por Praza Pontevedra |
Martín Varela chegando á meta |
E finalmente veu a liña de meta.
Pola noite, disto que a cabeza che segue recordando cousas, pensaba, ¿¿sería suficiente o que fixo esta xente para polo menos saia nos noticieiros?? ¿a xente sabrá que esta é a realidade??
Estos atletas, o proxecto ENKI fixo o máis difícil, poñer a primeira pedra do que pode ser a mellor das realidades, a mellor das sociedades.
Queda moito camiño por andar, pero o esforzo e a ilusión desta xente fai que a velocidade sexa ... de maratón.