domingo, 25 de septiembre de 2011

Ori en Cabo Home -Cangas-

Como moitos sabedes, marchei o venres para Cangas do Morrazo, pensando que ía facer bo tempo e así aproveitar o día coa family. Pois non, non fixo bo tempo, mesmo orballou un pouco. En fin, imos ó que imos.


Carreira de orientación en Cabo Home, un lugar chulísimo para correr e perderse buscando balizas. Gañas de correr, a verdade é que non tiña, pero tampouco quería perder a ocasión de ter o mapa de orientación do lugar, posto que me falaron moi ben do sitio. Bueno, o caso é que xa cheguei tarde á saída (10:40 horas), así que aló saín minutos máis tarde, sen quentar, sen pinza SI e cunha brúxula media borracha que lle costaba atopar o norte (tiña unha burbuja de 1/4 de aire no limbo). Unha vez solucionado o da pinza ... A primeira baliza, tropecei con ela, posto que non me dera tempo nin de saber ónde estaba o norte (deso que corre todo o mundo e ti, por non ser menos, corres sen saber aínda cara onde). A segunda, atopada fácil tamén, posto que só había que tirar cara o norte (aínda non sabía de qué ían as cores do mapa). Coa terceira, xa nin con mapa nin con brúxula, veña voltas sin xeito ... para aquí, para aló, parecía un tolo. Conclusión, imos volver á 2ª e andando buscar a 3ª. Coa 4ª, outro tanto do mesmo. Veña a correr coma un tolo, posto que creín que estaba fácil ...ata que recapacitei, e nunha chispa de cordura, acordeime de que o mapa era 1:7500. Tranquilitos. Menos mal que a 5 a atopei rápido (dentro das miñas posibilidades orientativas), pero só foi un espexismo, volvín a tolear, despois de ver varios participantes da miña categoría (de eso que sabes que os comes físicamente ... pero sen pensar que me dan mil voltas na orientación). E claro, o que parecía fácil, fíxeno difícil, e alí me metín no medio dos toxos, nun desbroce que fixeron días antes e que non estaba no mapa (obvio). Bueno, ós que adiantei subindo, xa desapareceran polo horizonte (recordo a varios habelas hainas e a Jose do Gallaecia Desventura). Unha vez ubicado de novo no mapa, atopei a 6 e despois, un longo camiño ata a 7, onde volvín recuperar un bonito tempo e a atopar de novo a participantes adiantados anteriormente (a algún varias veces ... que estaría flipando coa miña orientación).

A 7, xa ma levantou Jose, que volvía a velo de novo e, aínda que estaban fáciles da 8 á 12, fun recortando metros con respecto a este orientador, que ía levantando balizas, co asombro meu da facilidade de orientarse. Na baliza 12 estamos un grupo de 8 orientadores, que nos diriximos á baliza 13, onde eu collo pola pista para logo tirarme á dereita, outros aínda se quedan mirando o mapa e uns cuantos tiran de rumbo, uns con máis eficacia que outros, pero alí estaba de novo Jose (eu nas pulsacións máximas e él todo tranquilo, recórdame unha carreira en Lago Castiñeiras, onde un "vello" do Liceo, indo andando, chegaba sempre diante miña ás balizas ...). 

En fin, que á 14 chegamos outra vez xuntos un grupiño de participantes pero había un largo treito ata a 15, onde o percorrido estaba claro e aquí volvín a aproveitar o físico con respecto ós outros orientadores. Xa só, na 15, comezei a tirar de rumbo, atopando facilmente a 16 e 17 (aínda era ben raro coa brúxula que levaba). A 18 costoume un pouco máis de tempo, posto que parecía a "monxa da caridá" axudando a 4 orientadores que non sabían onde se atopaban (se souberan o mal que me oriento, seguro que non me preguntaban, jaja, pero nese caso sabía exactamente onde estabamos). Aló fun pola 18 e xa vexo de novo o grupo que adiantei nese "maratón" que había dende a 14 á 15. En fin, que para atopar a 19, tiven que sairme á praia e buscar dende alí puntos para orientarme. Fácil a 19 e a 20. Fin do traxecto.

Total: 1:27:05 que nos datos SI foron: 1:34:47, é dicir, saín 7 minutos máis tarde da saída. O obxectivo era baixar da hora e media, antes de ver o mapa, e visto os datos que a organización daba nos boletíns para os primeiros en chegar.

Despois de finalizado o percorrido, creo que puiden facer moitísimo mellor, sobre unha hora vinte, pero bueno, estou moi contento de poder correr por este fermoso lugar pertencente ó fogar de breogán (de Galicia, para que nos entendamos). Creo que non será a última vez que pase por esas terras.

lunes, 19 de septiembre de 2011

O PontevedRAID co equipo Pro-3 Natura

Este sábado pasado celebrouse na cidade de Pontevedra a última carreira do ano de raids de aventura da Liga Galega. Participei co equipo Bombeiros Coruña Pro-3 Natura na categoría Élite e cos raiders Alex Fojo e Julen. Era a primeira vez que corriamos xuntos os tres. Con Alex xa o fixera este ano en 3 ocasión creo, e con Julen, que eu recorde ningunha. O caso é que o obxectivo era quedar por diante do equipo Montañeiros Ferrol Élite, para así asegurar o 3º posto na xeral Élite. Finalmente quedamos 6º ... por diante do Ferrol Élite. Obxectivo pois, cumprido.

O resume do raid pode facerse así:

1ª sección: ori urbana con pregunta e resposta. Saiu ben, fallamos unha, e puideron ser máis, posto que as respostas eran bastante "ambiguas", por non dicir engañosas. O caso é que fallamos unha.

2ª sección: Btt con 30 km e 760m de desnivel +. Aquí xa comezamos a empexegarnos (término que utilizamos na miña zona cando non sabes o que estás facendo, ou non sabes qué facer). Nos primeiros quilómetros máis ben íamos coa corriente ... así nos foi. na 3ª baliza houbo que pararse, deixar o grupo e centrarnos no asunto. Cando nos demos conta, íamos extremadamente ben para o comezo que tivemos. Unha vez collida a baliza 5, nunha baixada trialera, dou co meu corpo no chan (era a 2ª de hoxe). A partir daquí, coa rodilla esquerda sangrando, a cacha dereita rascada e ... o peor, a muñeca esquerda inchada (esguince), en vez de descentrarnos, parece que nos dou alas, ata que o error máis grave do día (e tonto) nun cruce clarísimo de estradas asfaltadas e pasada a baliza 7, collemos por onde non é e casi aparecemos na baliza 4 (cando nos demos conta). 25 minutos perdidos entre pitos e frautas. Como é normal, non nos damos por vencidos. Tiñamos previsto chegar sobre as 13:45 e chegamos ás 14 e pico (xa íamos acumulando tempo de retraso).

3ª sección: Btt+trekking+btt+kaiak+btt: O de parar a comer un pouco nos boxes, parece que non vai con nós. Aló saímos con bo ritmo en bici, dirección ó trekking. Visto o tempo que tiñamos de retraso, comezamos coa "eliminación" de balizas. Saiunos bastante ben, pero comezamos cos problemas, primeiro Alex torce o tobillo, máis tarde comeza Julen con molestias e finalmente caio eu con calambres fortes. Disminuimos o ritmo por necesidade. O obxectivo era facer as fastama e deixamos a 5 e a 8, que valían menos. Pero seguíamos perdendo tempo con respecto ó estipulado por nós. Así que saímos na bici e collemos a 16, deixando a 14 e 15 para ir directamente ó kaiak (deixamos tamén a 18). Non queríamos arriscar no kaiak, para non chegar fora da hora de corte, e ... anda que non arriscamos (ou arriscaron). O obxectivo, coller unha e vir de volta (a realidade: colleron dúas e case non chegamos). Chegamos 3 minutos antes da hora de corte (as 17 horas). Mii madriña.

4ª sección: run&bike: 2 corren e un en bici, podendo intercambiar. Outro error, Julen non se acorda de poñer as zapatillas e arranca na bici ... coas calas ...Todo ben ata chegar ó ori-sprint e tiro con arco. Comezamos polo último e eu non fago máis que 1 punto (a quén se lle conte ...). No ori-sprint facémolo bastante ben, perdendo máis tempo na 36 (tonterías de la vida). Polo menos descansamos algo por esa zona. Unha vez finalizado o ori-sprint, decidimos deixar todas as do outro lado do río (4 balizas) e coller a 409 no camiño de volta. Moi chulo o paseo pola beira do río. Tiñamos que chegar ó cambio de sección antes das 18:20, para que nos dese tempo a coller todas as balizas da última sección. Está claro que xa levávamos demasiado tempo perdido e chegamos sobre as 18:35.

5ª sección: ori-sprintttttt. Coas pulsacións por enriba do límite que creíamos ter, aló fomos coller todas as balizas ... menos 2 (por cansancio da mente). Chegamos 5 minutos antes das 19 horas (hora de peche de meta). Satisfeitos polo esforzo feito aínda sen saber o resultado dado.
Finalmente 6º e cansados coma facía moito tempo.

INICIANDO ESTE BLOG

Xa levaba tempo que na miña cabeza andaba a dar voltas esto de facer un blog para contar un pouco cousas que eu quero que a xente lea, ou alomenos, telas eu escritas para recordar nun futuro. Despois de ver como amigos e compañeiros se fixeron un oco nesto dos blogs, pois vou probar eu esta "aficción".

Quixera deixar constancia que debería comezar polo II PonteAventura Raid, Concello de Ponteceso, celebrado o 3 de setembro de 2011, pero como hai aquel dito galego ... pasou o día, pasou a romería ...creo que non deixaría reflexado toda a satisfacción que me deixou esa organización.

Quizáis debería comezar tamén no porqué do nome do blog ... e diría que foron varios os nomes que lle quixen poñer, pero que non me deixaban satisfeito. Quería que fose un nome que deixase constancia de Galicia, do bardo Eduardo Pondal -como maior representante do concello de Ponteceso, vila que me veu nacer-, e que deixase contancia do deporte na naturaleza e, por suposto, que non fose moi grande. Ó final, xa vedes o resultado.

""AS LENDAS E AVENTURAS NO FOGAR DE BREOGÁN".