Quiroga nunca defrauda
E este ano intuíase con frío e neve en cotas altas. Comezamos...
Levaba a intención de durmir no coche, pero a última hora quedou cama libre e acopleime ao grupo Couto-Mella. Total, 4 persoas comigo e Salva Moreira.
Venres. O día na Coruña está chuvioso, pero máis auga cae conforme vou tirando cara Quiroga, concretamente ata Lugo, pasóuseme pola cabeza "a onde vou eu con este tempo". Menos mal que dende alí ata Quiroga a cousa foi a menos.
Chego a Quiroga cunha temperatura mellor da esperada. Collo dorsal, charlo ata coas paredes e finalmente atopo a Pablo Mella e Diego Couto. Instalámonos nas habitacións e a cear. Recollemos cedo para poder preparar a roupa e material e meternos na cama. As 6.00 horas daban a saída das ultras e eu tiña pensado despertar ás 3.50 horas. Salva chega para cear con nós, polo que xa estamos todos.
Sobre as 23 horas xa estaba durmindo e non recordo espertar ata que tocou o reloxo. Unha boa noite, pois non son eu de durmir a noite previa a unha carreira destas.
Almorzo, vístome e descanso un pouco antes de ir ao baño, parte importante antes da saída dunha carreira.
Con todo xa feito, imos para a saída. O día non está moi apacible. Hai fresco, chove e analizo interiormente a carreira.
ESTRATEXIA DE CARREIRA (inicial):
Saír tranquilo ata Outeiro, poñer un ritmo vivo ata voltar a Outeiro e finalizar eses últimos 20km con mentalidade gañadora.
ESTRATEXIA NUTRICIONAL (inicial):
A base de Tailwind endurance, con 60gr de CH por soft. Ata Outeiro serían 3 con medio plátano. Parada en Outeiro para comer sólido e cargar outros 3 soft. Avituallamento Outeiro volta, parada para comida sólida e 1 soft e plátano dende aí á meta.
SAÍDA:
Como era de esperar, todo vai poñéndose no seu sitio na primera subida, xusto ao saír da estrada principal e coller a pista asfaltada.
Vou moi abrigado, co chubasqueiro posto por enriba da camisola térmica e mochila, guantes térmicos e maias longas.
O monte vese con moita auga e en algunha zona, moi esbaradizo. A choiva vai e ven.
Vou pasando corredores pouco a pouco. Chegamos ao túnel de Montefurado e alí atópome con Maneiro (que ía ao ultra 90K) e Elousa, cos que vou un bo anaco ata que vexo que van de "cháchara" con outro corredor e que vou incómodo co seu ritmo, polo que decido adiantalos e levar un ritmo cómodo para min.
E así foi pasando a carreira. Pasei Paradaseca sen parar no avituallamento, o mesmo que fixen en Rugando. Dende aquí, a carreira xa vai rota e non sei moi ben como vai a cousa, nin por diante nin por detrás.
Recordo de ir cun corredor durante bastante tempo e que o deixei ir cando tiven que parar de urxencia para necesidades fisiolóxicas (21km-2.37h). Ao lonxe, xa se podían ver as montañas nevadas e pouco a pouco xa se avistaba Outeiro.
Subindo cara a aldea, comezan a darme ánimos a xente que alí estaba esperando aos seus e xa me comentan que as distancias ultras se acortan polas condicións adversas nos picos altos.
Chego ao avituallamento onde a organización me confirma que iso é así (acerto 100%), e que a carreira continúa directamente cara Quiroga, cuns 20km para o final.
En verdade, fun demasiado cómodo ata alí, como tiña plantexado e o acortamento me descentra por completo. Entro no avituallamento e vexo moito alboroto de corredores e crúzome con Xosé María, "o letrado", que sae de inmediato. Pensei, "se quedan 20km, pouco necesito", polo que collíns uns anacos de plátano, unhas aceitunas, un puñado de patacas fritas, un soft de Tailwind endurance e arrancando.
Tocaba subir ao Alto da Torca, e a neve xa estaba no sendeiro, e canto máis subiamos, máis caía e máis neve había. Aínda que non me gusta a neve, teño que recoñecer que se me deu ben esta subida, adiantando a varios corredores, a un deles, Xenxo, recoñecino días despois nas fotos. Íamos tan abrigados que non recoñecía a ninguén. E cheguei ao "cresteo" da Torca, alí xa pegaba o vento e a ventisca facía dese tramo algo épico. Sen cambiarme de roupa dende a saída, comezaba a estar incómodo e tiña algo de frío, mais sabía que ía ser só ese anaco, no momento que voltásemos ao outro lado da montaña a cousa cambiaría de novo.
E cheguei por fin á meta, muscularmente moi ben, pero co nocello moi tocado e cunha sensación rara, difícil de explicar, entre orgullo e decepción.
DATOS:
🏃 43 km 📈 2400m+ 📉 2400m-⌚ 5:19:11h
🏆 2º Veterán A (7º xeral)
💦3 Tailwind endurance+plátano+
2 geles+aceitunas+patacas fritas
👟 Tomir NNormal
🛍 Marathon Running Shop
CONCLUSIÓNS:
Imos avanzando progresivamente. Encóntrome mellor que en Terras de Burón.
A estratexia nutricional foi desastrosa, ao non cumprir co que tiña previsto e ao descentrarme no avituallamento de Outeiro. Aínda así, non sei como aguantei con tan pouca inxesta de hidratos.
A recuperación despois da carreira foi moi boa, sen dores no corpo.
A nocello hai que fortalecelo un pouco máis e mirar se ten algunha solución.