PRÓLOGO:
Venres de tarde, arrancamos para Quiroga. O de ter un compañeiro que teña autocaravana está de puta madre. E o de ir en grupiño falando de chorradas non ten prezo.
Íamos con tempo suficiente para escoitar o "charla técnica" polo que, por fin podíamos dicir que saíamos con tempo dabondo. Iso foi ao sair claro, porque despois foi como foi. Despois de pasarnos o desvío e chegar mesmo a Monforte de Lemos. -¡¡Xa non chegamos!!.
Bueno, ou si chegamos pero non chegamos á "charla". O caso é que cando baixamos do trebello, facía un frío que "nin dios" e as risas quedaron dentro da auto. En fín, ao que imos. Collemos dorsal e entramos no auditorio para escoitar a "charla". Entramos e ... ala, aplausos e saímos. Acabouse a charla. Non se pode dicir que non estivemos ehhh, ora foi chegar e rematar.
Tal e como chegamos, arrancamos para cear, que era moita marabunda a que viña detrás nosa ao mesmo sitio e á mesma cousa.
No Chapacuñas foi chegar e atopar mesa que non o poden dicir todos os que viñan perseguíndonos. Gañar non gañaremos carreiras, ora que pillos, somos moi pillos de nuestro señor jijijiji.
Comezamos a ver xente coñecida e a disfrutar falando. Está claro que só nos vemos de cando en vez, e de carreira en carreira. A cea moi rica, e antes de ir durmir, aínda dou tempo de saudar a toda a jarnachada que alí había. Cando nos demos conta, xa só quedábamos nós no "restaurant". Arrancamos para a autocaravana e eu xa me metín nas mantas tal cual estaba vestido. O frío andaba detrás miña.
6:30 da mañá, levantámonos para almorzar e prepararnos para a carreira. O frío era espantoso pero gracias a él acordámonos de quentar antes da saída.
SAÍDA:
Unha vez dada a saída e pasada a ponte, vexo o número de xente que vai por diante, sobre uns 50 corredores de ámbalas dúas distancias. Non estou en mala posición, pero sí quero estar nunha posición cómoda cando o camiño se estreite. Co meu ritmo cansino, pouco a pouco vou adiantando corredores que, sobre todo, paran a sacar roupa e paus de trekking. Recordo que nunha das pendientes, saín da pegada principal e co ritmo que levaba adiantei sobre 15 corredores en 50 metros.
No km6, xa o grupo ía estrajallado e todo se volve máis cómodo. Bueno, cómodo no referente a que podes e pódenche adiantar máis cómodamente.

Comezaba un fermoso percorrido dende Outeiro a Rugando, cun sendeiro de encanto e con fermosas vistas que me transformou nunha especie de corzo (ou máis ben raposo ... pola pillería ;)). Estaba disfrutando e iso sentíase no ritmo. Pouco a pouco ía acercándome aos corredores de diante e por atrás non se avistaba a ninguén. O camiño xeado, a xiada que transformaba o verde en branco, o ruído, ... todo era especial.
Sobre o km23 dou caza "a medias" a unha parella de corredores que non coñecía, digamos que eran foráneos. Na baixada vertixinosa que nos levaría ás cordas e ao paso do río, fun capaz de coller a un, pero o outro era "unha especie máis desarrollada". Levábame unha distancia non superior a 80 metros e cando cheguei ao río, mesmo pensei que caera nel, posto que foi visto e non visto. Non podía ser que en tan pouca distancia desaparecese coma se o comese a terra. Si, xa sei, estades querendo saber quenes eran. Pois eran Jordi Guerra e Sergio Besoy (ambos do club Valle de Camaleño). Con Jordi cheguei ao avituallamento de Rugando, pero saín antes que él e xa non volvín a coincidir, e a Sergio, non fago caso de volver a velo.

Polo km36, subida xa a última cota importante da carreira, puiden votar un ollo atrás, e vin que Iván "seguía vivo", pero xa había distancia dabondo como para que me superase. Onde tan mal o pasada na edición "da nevada", estaba agora voando.
E sobre o km37, tropezo con outro dorsal azul, era Miguel Angel Carmona (club Lodeiros), que ía tamén reventado. OOOh meu deus, como pode ser!!!. Estaba en postos de podium, e iso amigas e amigos meus, dache aaaalas. Os últimos quilómetros estaban para sufrir e así ía ser. Puxen un ritmo constante, pensando que era o perfecto para chegar sen problemas e que non me adiantasen. Creo recordar que mirei unha vez para atrás a altura de O Castelo e na subida a meta. A escasos 100 metros do final, subiume polo corpo algo especial, difícil de describir pero que vos xa sabedes ou supoñedes que é o conto
E colorín colorao, cheguei á meta en 4:38:04, pechando o podium absoluto na distancia Maratón, por detrás do bejarano e claro favorito Alfredo Gil (4:09:57) e de Sergio Besoy (4:33:28). Os aplausos souberon a gloria.
E xa, unha vez collido folgos, non me retirei de onde o avituallamento de meta. Alí comentamos a "xogada" cos presentes, onde estaba un gran número de Jarnachas.
POSTACARREIRA:
A Jarnachada que alí había arroupoume unha vez finalizada a carreira e é que, cando somos moi iguais, as "pezas" acóplanse mellor. Non dudaron en darme todo o que precisaba e comezaba a desfrutar a carreira (ou postcarreira) despois do esforzo feito.
Esperei tamén polos meus compañeiros de viaxe, Roberto non tardaba en chegar e Iván, a Iván aínda lle quedaban quilómetros. O ultra non é calquer cousa.
Coa fame que tiña, decidín ir comer, mentres que Roberto non quixo vir, seica non tiña fame (manda carallo). E aló me fun, coa familia adoptiva.
Cando nos demos conta, tiña que recoller o trofeo no podium, polo que tiven que rematar de comer ás presas.
E cando nos demos conta, xa había que voltar para A Coruña.
Foi unha fin de semana (venres e sábado) estupendas.
P.D. O percorrido desta carreira, así como toda a organización, ten algo especial, algo que atrae e ogallá non morra de éxito. Noraboa a toda a organización e longa vida ao trail.
P.D. O percorrido desta carreira, así como toda a organización, ten algo especial, algo que atrae e ogallá non morra de éxito. Noraboa a toda a organización e longa vida ao trail.