Non hai como ter un compañeiro
que teña unha autocaravana.
O sábado pola tarde arrancamos para Luintra (Nogueira de Ramuín), onde pasaríamos a noite e poder levantarnos xa na zona de saída.
Recordo que 3 semanas antes, o obxectivo era quedar entre os 10 primeiros, 2 semanas antes, xa era quedar entre os 20 primeiros e unha semana antes da carreira, o obxectivo era acabar. Por qué, pois o corpo xa non recupera coma de novo, e os achaques non perdoan.
Por se fora pouco a dor de tobillo (sí, aínda teño molestias dende o trail de Cuntis), había que sumarlle un forte golpe na tibia que me provocou unha periostitis del "copón" e o catarro que me collín nesta última semana (levo anos sin saber qué é iso do catarro, pero colleume forte).
Pola noite tampouco durmín moito, polo que a ver cómo se nos daba.
SAÍDA:
Primeira gracia: case chegamos tarde á saída. Foi xusto chegar ao bagón de cola e non deu tempo nin a saudar aos corredores. O de quentar, tampouco era moito problema, posto que xa iríamos quentando nos primeiros quilómetros ajjaj.
O obxectivo que levaba de facer os primeiros 25 km en 3 horas, claveinos.
E cando me din conta, xa estaba no Parador de Santo Estevo, no avituallamento do km30. Parei un pouco máis do que o fixen nos anteriores, e sempre mirando cara atrás, posto que o ritmo comezaba a ser inferior ao estipulado e temía que xa me estivesen collendo algún corredor.
A partir de aquí, creo que xa non volvín a coincidir con ningún corredor e a fatiga e o cansancio notábase no meu corpo.
No km 43,5 no último avituallamento, encaixábamos no percorrido cos do trail curto e deume algo de vidilla, polo menos para coller referencias. Ainda que o ritmo non era moi grande e as forzas eran poucas, esforceime por ir adiantando aos do curto.
Ía achegándome ao km 48 e non se vía Luintra por ningures, mesmo pensei que o gps marcaba mal.
Por fin casas, chegamos. A baixada cara meta fágoa a bo ritmo, sabedor que non hai máis que correr despois da meta.
Finalmente 6:01:48 horas en meta e 8º posto da xeral. O obxectivo estaba en 6 horas. É dicir, fun un pouco máis lento do esperado pero moi contento de participar, así como da posición e o tempo.
O post-carreira, un espectáculo. Digno de mención. Os voluntari@s que alí hai mí madriña. E a comida e bebida, aquelo parece unha boda. Noraboa á organización.