O Olimpo Celta, como tamén o chaman, ten un encanto
especial, por eso atrae a miles de visitantes durante todo
o ano.
Ás 17 horas daríase a saída, polo que fomos con tempo
dabondo para facer turisteo e ensinarlle esta fermosa natureza ao meu fillo
Marcos.
A calor era intragable, coma o ano pasado, ao que había que
sumarlle un vento molesto que non sabía
se ía favorecer ou todo o contrario. Cansado, cun tobillo “estropeado” e con este
panorama, andaba algo decaído durante todo o día. O previo da carreira faime olvidar
por momentos todo isto, posto que, como todos os traileros/as sabemos, este
deporte non é só correr, senón que ten moito de “sociable” e cachondeo.
Al lío.
A saída dábase pasadas as 17 horas, coa mesma calor que ao mediodía.
Sairía reservón e coa cabeza en intentar acabar esos 30 km con 1600 m+.
Preocupábame o nocello (tobillo). Antes de sair da Praia do Pindo e comezar con
desnivel, vexo que vou da metade para atrás. Quizáis ese sería o meu lugar a
día de hoxe. Nos primeiros 200 metros cara arriba vexo que ese ritmo de “ir
andando” non vai comigo, posto que, aínda que lesionado, eu podo ir trotando. O
problema é que agora non hai prácticamente sitio para adiantar polo que hai que
buscar onde poder ir avanzando. Non tardamos en chegar á primeira pista e aquí
avanzamos ao noso antoxo.
No primeiro avituallamento, vexo que non vou mal
posicionado e que hai moita xente parada no mesmo e que non leva hidratación
incorporada. A miña parada é moi curta, podendo adiantar a uns 8-10
participantes neste avituallamento. Neste pisteo vexo ao lonxe traileros que van non aire, cousa que
eu non podo facer se quero chegar ata o final. Entre eles, distingo varios
corredores que coñezo, polo que deben ser do grupo de cabeza (algo escajallados
pero …). A carreira pasa por fermosos sendeiros cunhas vistas impresionantes da
zona costeira. Pero logo volvemos a adentrarnos no monte. Unha baixada técnica
antes de chegar ao segundo avituallamento avísame que teño un nocello
“estropeado” e pouco antes de chegar a Caldebarcos (polo km 8) vou de fuciños ao chan
gracias a unha desas silvas traidoras que abundan nesta Galicia.
Segundo avituallamento, onde me está esperando meu fillo.
Alegría que me da. Xuntámonos varios corredores coñecidos, e xa sabemos que
imos entre os 10 primeiros. Ufff, pois non vou mal. Cara arriba levo eu o
ritmo, pero en llano e cara abaixo, non son quen de seguir a ninguén. Chegamos
á división de distancias, ao que o voluntario nos informa que somos segundo e
terceiro. Ostiaaas. O ritmo non era malo, pero non pensaba estar tan adiante.
Polo camiño ía seguindo a carreira Martín Lestón (Jarnacho por excelencia) que
nos ía informando de cómo transcurría a carreira. Durante un bo treito do
percorrido, íamos intercambiando posición dende o segundo posto ao sexto (con
Iván Brea, Roberto Vázquez, Marcos Trelles "O Jarnacho" mais eu). Caso do paso por San Cibrán, no que íamos todos en menos de 100 metros.

A organización estaba en todo momento pendente dos
corredores, sabedores do esforzo titánico que fixemos.
Ducha, trofeos, conversas cos outros traileros/as e
rodaballo de confraternización. Un día redondo e espléndido nestas fermosas
terras de Carnota.