E volvemos
a Viveiro
Xa estivera no 2021, nesa edición o calor foi extremo. Este ano íamos co obxectivo de baixar ese tempo, aínda que ía con moi pouco volume e moi pouco de todo.
As 5.00 horas levanteime para ducharnos e almorzar. Logo veu a vestimenta e arrancando para Viveiro.
Este ano traía unha novidade, tería a Iván Domínguez como "asistencia" para 3 avituallamentos. Moitísimas grazas polo gran traballo e pola experiencia. Hai que facemos máis a miudo. É outra historia.
Ao chegar a Viveiro, véxome no aparcadoiro con Moncho, Manu Ramos e Iván.
Recollida urxente de dorsal e xa para a liña de saída. Non deu tempo nin a quentar, pero xa teríamos tempo de quencer nos primeiros quilómetros.
SAÍDA:
Según o establecido, saín moi moi amodo, sen presión. Por certo, con bastóns, xa que non viña eu moi convencido do ritmo e do sufrimento que ía ter durante a carreira.
Ao final do cortalumes, atopo a Jaime Lopez Basanta, xa respirábamos coma se se acabase o mundo, pero saímos desta...
Baixando xa o fun deixando e pouco a pouco ía collendo corredores sen moito esforzo.
E cando me din conta, xa estaba no avituallamento 1 (km10) en 1.09 horas, como tiñamos previsto e onde me agardaba Iván con dous softs de Tailwind preparados. Foi un visto e non visto. O ritmo que levaba era moi cómodo e sentíame ben.
Na baixada do Via Crucis, Diego baixa coma un foguete e Jose, pois non é o seu forte e fun capaz de non perder posición con él, aínda que sabía que era ficticia.
O Naseiro estaba cheo de xente animando, pois comezaba algunha das outras carreiras e era onde se facía o cambio de persoa nos equipos mixtos.
Saín de aí, tranquilo, pois o obxectivo agora era chegar a meta.
A Iván xa lle dicía que estaba moi jodido, pero non son eu de tirar a toalla, sabendo que me quedaban 10 km e que ía en boa posición para puntuar na Copa Galega da Federación de Montaña.
Último tramo, dende este km33 ata meta. O de volver a meternos nas fochancas despois deste avituallamento non o entendín. Dos 3 que íamos no grupo, fun o máis avispado e fun saltando de herba en herba, para non afundirme nese barro. E pouco a pouco fun deixando atrás aos compañeiros de paseo.
Non me daba chegado a hora de verme no Penedo e saber que só quedaba a baixa (jodida ao estar como eu estaba), pero precisaba rematar canto antes.
E nun tramo cunha forte subida antes de chegar aos eólicos, vexo ao lonxe a silueta de Manu Ramos. Esto deume un pouco de vida xa que, si Manu vai aí diante, tampouco debo ir tan mal de ritmo...
E por fin, o km38, só queda subir ás antenas do Penedo e sufrir baixando para a meta de Viveiro.
A satisfacción de chegar a meta veuse apartada polo sufrimento dos meus pes, pero tamén lle botei unha ollada ao relóxio e marcaba, 8 minutos menos que no 2021. Manda carallo, como é esto dos trails e das carreiras. A veces, non hai quen o entenda. Como podía ser que tivese que baixar en puntillas case toda a carreira, cun ritmo desastroso e sen embargo, fun capaz de sacarlle 8 minutos ao crono do 2021?
Que alguén mo explique.
Ducha? Aquí é onde vin a desfeita dos meus talóns e non entender como puiden correr cos pés así máis da metade da carreira
DATOS:
📈 2600+
⏱️ 4.42.49h
💚139
🏆 2º vet. B (22º absoluto)
SENSACIÓNS:
🎯 Cumprido.
Creo que lín moi ben a carreira e o ritmo que tiña que levar en todo momento. Cando chegou o percance, fun quen de mentalizarme do que había que facer. Máis que satisfeito.
ALIMENTACIÓN:
⛽💦 7* 500ml Endurance Fuel Tailwind
km10.5: 1 MelonLime + 1 Limón + guayaba
km 24.7: 1 MelonLime + 1 Colorado Cola + 2 guayaba + No Cramp
km 33.6: 1 Limón + 1 Frambuesa + 1 guayaba
MATERIAL:
🎽 camovi 21
🩳 Decatlón
👟 Tomir 2.02 laranxas
🧦 Lurbel
⌚ Coros Vertix 2S
Cinturón: Abutres
Gorra: Dos chinos
Bastóns: Leki
No hay comentarios:
Publicar un comentario