A ocasión era moi especial,
corría meu fillo.
Despois de durmir unha horiñas e saborear a aventura do #UTCostaDaMorte, chegamos por fin á carreira popular Dolmen de Dombate. Si, digo por fin, porque é a primeira vez que a corro e iso que está aí ao lado, pero nunca houbo ocasión.
E a ocasión era moi especial. Corría meu fillo.
E con esa ilusión arranquei para Borneiro, Cabana de Bergantiños onde sabía que me ía atopar con moita xente coñecida, moita xente que había tempo que lle perdera a pista, xente e xentiña, amigos e amigas de instituto e da movida pontecesán.
E comentando o vivido no ultra trail entre colegas horas antes no Bar Abeiro, case case non chegamos á saída na que corría Marcos. Non pensei que os aparcadoiros quedaban tan lonxe e houbo que ir correndo buscar o dorsal e poñerse na liña de saída. Si, Marcos chegou canso á secretaría, pois creo que había máis distancia dende o aparcadoiro á secretaría que o que tiñan que correr os da categoría alevín.
Unhas pequenas incidencias co dorsal e chip e arrancou (xa viña co quecemento feito). E eu alí seguín de "cháchara" coa xente. E cando escoito que chegan os primeiros corredores da categoría, voume ver cómo chega o rapaz e sacarlle unhas fotos. Eeeeeeehhhh, casi casi casi non lle saco foto. Viña cos primeiros, concretamente no cuarto posto. A ilusión que me fixo non se pode describir. Quedei ilusionado e á vez "flipado", posto que era a segunda carreira popular que facía e tampouco sabía cómo ía responder (é máis, veu á carreira case obrigado). E agora que escribo estas verbas, sigo recordando e sigo flipando cómo rematou.
Claro, que despois da súa chegada e que recuperase un pouco, o papá do cativo non collía en sí, e cada persoa que lle viña saudar, persoa que lle dicía a fazaña do "pequecho" (así, sacando peito ... "meu fillo").
E en nada ía ser hora de correr eu, que ao que viña xa o dixen antes ademáis de vir a recuperar as pernas do esforzo do ultra trail. E así, fixemos unha grupeta para facer o quencemento e sacar algunha dúbida de cómo afrontar estas carreiras. E entre esa xente do grupo, estaba Inma, unha rapaza deste concello que tiña moita ilusión nesta carreira e a cal me pediu consello.
Seguro que ese era un bo ritmo para min. E aló fomos, para a liña de saída.

E fomos no tren de volta para o aparcadoiro e desfrutamos moito da carreira e do ambiente e da xente e, e, e, e ... e con isto quero dicir que o pasei xenial e non será a última vez que vaia, iso si, cando o traballo mo permita e esperemos qeu non pasen outros cinco anos.
Saudos cordiais e ata a próxima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario